Páginas

A REDE CONVOCA Á CONCENTRACIÓN O VINDEIRO XOVES 25 OUTUBRO ÁS 20,00 HORAS DIANTE DO MARCO


A Rede convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 25 de outubro de 2012 ás 20h. diante do Museo de Arte Comteporánea (MARCO) .
A Rede vai estar unha vez máis na rúa denunciando os maltratos e os asasinatos de mulleres. Mulleres novas, mulleres de calquera idade. Este ano non é diferente, é peor, estamos cada día máis preocupadas pola indiferencia da mayoría da cidadanía que cada día lle da a espalda a esta sin razón, a este problema social que non ve a luz.
Precísase o compromiso de todas e todos, para que avanzemos e rexeitemos estes comportamentos violentos que tanta dor producen a tantas persoas, especialmente ás mulleres e ós fillos e fillas que o padecen.
Dende a Rede pedímosvos que nos acompañedes neste acto de denuncia.
As victimas merecen, cando menos a denuncia pública.





TECENDO REDES. FUNDACIÓN ÉRGUETE-INTEGRACIÓN

Desde la Fundación Érguete-Integración (www.fundacionerguete.org) queremos dar a conocer el nuevo proyecto que pondremos en funcionamiento el próximo mes de noviembre, en colaboración con la ONGD Intervida (www.intervida.org) y enmarcado dentro de su Programa de Acción Social 2012-2013 , continuación del ya iniciado en el año 2011-2012 denominado Proyecto de Cuarto Mundo (http://4mundo.intervida.org/).

TEJIENDO REDES tiene como finalidad proporcionar oportunidades de aprendizaje a jóvenes entre 14 y 16 años con problemas de inadaptación social a través del desarrollo de actividades de tiempo libre, ocio saludable y voluntariado social (impacto sociocomunitario).

Adjuntamos Boletín Informativo de la actividad y señalamos algunos datos importantes a tener en cuenta:


-          Temporalidad: Noviembre 2012 - Julio 2013
-          Horario: Dos días por semana, en horario de 17:00 a 19:00 horas.
-          Lugar: Fundación Érguete-Integración
-          Colabora: ONGD Intervida, Escuela de Tiempo Libre “Pasatempos”, Albergue Casino Mercantil  Pontevedra.
-          Nº palzas: 20
-          Actividad: GRATUITA, incluidos el transporte y manutención de dos salidas de fin de semana al Albergue Casino Mercantil Pontevedra.


Para cualquier aclaración, no duden en ponerse en contacto con nosotros/as, ya sea de manera telefónica, por e-mail o solicitando una visita a sus instalaciones en la que estaremos encantados/as de explicarles las actividades que integran este nuevo proyecto de manera más pormenorizada.


Reciban un cordial saludo.

MARÍA LÓPEZ CORREA
Migración – Inclusión Social – Muller – Xuventude  
Avda. Martínez Garrido, 21, interior  -  36205 Vigo
 986 253 176    986 263 297
www.fundacionerguete.org
            

VIDEOFÓRUM: PINA, 17 OUTUBRO: ÁS 18,00 horas





VIDEOFÓRUM DA REDE DE MULLERES CONTRA OS MALOS TRATOS

DOCUMENTAL PINA
Unha película para Pina Bausch de Wim Wenders.

Día: Mércores 17 de Outubro de 2012
Hora: 18:00h.
No Centro de Documentación Feminista, na rúa Joaquín Yáñez, 6
SINOPSE: Documental en 3D que Wim Wenders realizou como homenaxe á bailarina e coreógrafa alemá Pina Bausch estreado en febreiro de 2011 no Festival Internacional de Cinema de Berlín (Berlinale).
Gravado en 3D coa compañía Tanztheater Wuppertal.

EXENCIÓN LIXO VIVENDAS 2013


EXENCIÓN TAXA LIXO DE VIVENDAS 2013

PRAZO DE PRESENTACIÓN:
1 DE OUTUBRO AO 31 DE DECEMBRO / 2012

PRESENTACIÓN: No negociado de Lixo Vivendas ou nas Oficinas de Benestar Social
Nas oficinas facilítase información e axuda coas solicitudes

SOLICITUDES: TEÑEN QUE ESTAR ASINADAS POR TODOS OS MAIORES DE 18 ANOS

Impresión dende a PÁXINA WEB DO CONCELLO: www.vigo.org
Pódese imprimir a solicitude en branco ou ben con todos os datos

EN: Impresos
Tributos / Facenda: taxas, impostos
Exencións e bonificacións / Exención Taxa Lixo Vivendas
Solicitude de exención (descarga)


INGRESOS POR PERSOA POR DEBAIXO DOS CALES SE TEN DEREITO: (*)
  • Xeral ........................................... 3.752 euros ingreso bruto anual por persona
  • Familias monoparentais.............. 5.211 euros “ “ “ “
  • Familias numerosas.................... 5.861 euros “ “ “ “
  • Persoas que vivan sóas .............. 6.821 euros “ “ “ “
  • Persoas maiores de 65 anos........ 7.504 euros “ “ “ “
  • Maiores de 65 anos vivindo sós. 10.720 euros “ “ “ “
  • CONTACTO:

    Teléfonos Lixo Vivendas: 986-810173 / 986-810198
    Correo electrónico: ofi.lixo@vigo.org

FORMACIÓN PARA A BUSCA DE EMPREGO


















FORMACIÓN GRATUITA PARA A BUSCA DE EMPREGO
E ORIENTACIÓN LABORAL
PARA MULLERES

OBXECTIVOS:

*   Descubrir os nosos recursos persoais de cara á procura de emprego.
*   Descubrir que as nosas experiencias vitais póñennos en funcionamento moitas habilidades que son útiles para desempeñar moitos postos de traballo.
*   Aportar ferramentas que nos sirvan para o proceso de procura de emprego a corto prazo e sobre todo a longo prazo.
*   Definir o noso perfil profesional.


A FORMACIÓN LEVARASE A CABO A TRAVÉS DOS SEGUINTES CURSOS:


1.- CURSO BÁSICO PARA A BUSCA DE EMPREGO

PROGRAMA:

Módulo 1.-
Acceso ó emprego.
- Coñecementos do mercado laboral
- Métodos de procura de emprego.
- As ferramentas: A carta de presentación, O curriculum efectivo.
- Superar os procesos de selección.

Módulo 2.- O que debemos saber cando iniciamos unha relación laboral.
-       Dereitos laborais
-       Nóminas
-       Traballo en equipo
-       Políticas de igualdade e medidas de acción positiva.

Módulo 3.-
1.- AUTOESTIMA

 2.- XÉNERO
As mulleres temos especiais dificultades á hora de atopar traballo? ¿A qué se debe isto?

Contidos:
1.    Sistema Sexo-xénero, Proceso de Socialización, Roles e estereotipos asignados a homes e mulleres.

2.    Evidencias das discriminacións no mercado laboral: segregación vertical, horizontal, teito de cristal...
CALENDARIO

DATAS: do 8/10/2012 ata o 26/10/2012.
HORARIO: 10.00 – 13.30 de luns a venres.



2.- CURSOS AVANZADOS NA BUSCA DE EMPREGO A TRAVÉS DA WEB 2.0 (REDES SOCIAIS)

Obxectivos do curso:

Cada alumna aprenderá a:

ü  Mostrarse como a candidata ideal para o posto.
ü  Manexar as ferramentas e aplicacións da web 2.0 existentes para a procura de emprego.
ü  Deseñar e xestionar a súa marca persoal en Facebook, Twitter, LinkedIn e outras redes sociais.
ü  Planificar as estratexias necesarias a desenvolver para ter éxito nelas.
ü  Coidar adecuadamente a súa identidade dixital.
ü  Realizar networking efectivo para a procura de emprego.
ü  Monitorizar a súa reputación online.
ü  Prepararse para unha entrevista de traballo 


PROGRAMA:

Modulo 1.
        Saber venderse
       Fixando Obxectivos. O noso Proxecto Profesional
       O autocoñecemento. ¿Como son?.

Módulo 2.
       A identidade dixital e a reputación online
       A marca persoal

Módulo 3.  Un Currículo Vitae 2.0 efectivo. O videocurriculum

Módulo 4. Portais 2.0 para a procura de emprego

Módulo 5. Redes sociais xeneralistas enfocadas á procura de emprego: Twitter, Facebook, Tuenti, Google +, Multimedia Sharing.

Módulo 6.
Redes sociais profesionais para a procura de emprego:Linkedin, Xing, Video, Redes profesionais de sectores específicos.

Módulo 7. Ferramentas para a xestión integrada de redes sociais e monitorización da identidade dixital

Módulo 8. A entrevista de traballo

CALENDARIO

DATAS: do 29/10/2012 ata o 9 /11/2012
HORARIO: 10.00 – 13.30 de Luns a venres.


3.- METODOLOXÍA DOS CURSOS

Activa e participativa coa utilización de medios audiovisuais e actividades prácticas de reflexión e debate.


4.- EQUIPO DOCENTE

Persoal técnico con experiencia en xénero e orientación laboral.

Responsable: Eva Ventín Lorenzo – Diplomada en relacións laborais






Tel. de inscrición e información 986 22 23 28 – 670 453 431

redemediadorasvigo@hotmail.com

*podedes solicitar canguro para a realización do curso de forma gratuita