Páginas

Día Internacional da Muller Antimilitarista

Con motivo do 24 de maio, Día Internacional da Muller Antimilitarista, a Cordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres convidámosvos a participar nunha charla que tratará de visibilizar as repercusións das guerras e dos imparables gastos militares nas vidas das mulleres. Tamén presentaremos as diferentes accións internacionais que se están a organizar neste campo.
Esperámosvos no Bou Eva, o 24 de maio a partir das 20:00 horas.  
¡¡ Mulleres en Marcha ata que todas sexamos libres!!


Orgullo lgtb Vigo 2012 Asociación Nos Mesmas

ORGULLO LGTB VIGO 2012
ASOCIACIÓN NÓS MESMAS
Boas compañeiras,
Somos a Asociación Nós Mesmas, entidade feminista de loita polos dereitos das lésbicas e mulleres bisexuais. Neste mes de xuño e como cuarto ano consecutivo en Vigo, estamos a argallar actos para o ORGULLO LGTB, que terán lugar entre os días 18 ao 28 de xuño.
Este ano as accións acolleranse baixo o lema "Matrimonio Igualitario, Igualdade sen recortes" destacando que, despois de 7 anos, o matrimonio entre persoas do mesmo sexo segue a estando ameazado baixo o recurso de anticonstitucionalidade do PP, pero poñendo o acento ademáis na terrible situación que estamos vivindo cós recortes deste goberno e que afectan ao colectivo LGTB en aspectos como, por exemplo, os recortes sufridos no Plan Nacional do VIH-SIDA.
Con este correo queremos pedir o voso apoio, difusión e asistencia especialmente amanifestación que terá lugar o SÁBADO 23 DE XUÑO E SAIRA DENDE O CRUCE DE URZAIZ CON COLÓN. (hora de saída e percorrido por confirmar)