Páginas

VIDEOFÓRUM XANEIRO 2013


   VIDEOFÓRUM
"LA EDUCACIÓN PROHIBIDA"
http://www.educacionprohibida.com/


COLECTIVO CONVIDADO: 
STEG (Sindicato de traballadoras e traballadores do ensino de Galiza)
http://www.stegsindicato.org/



DATA: XOVES 24 DE XANEIRO e XOVES 21 DE FEBREIRO
HORA: 18:00 h.
LUGAR: CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS
       Biblioteca Pública Central
       Joaquín Yáñez, 6 – 2º andar)

SINOPSE:
A Educación Prohibida é unha película documental que se propón cuestionar as lóxicas da escolarización moderna e a forma de entender a educación, visibilizando experiencias educativas diferentes, non convencionais que expoñen a necesidade dun novo paradigma educativo.


*DURACIÓN: 145 min. Debido á duración do documental realizaremos dous pases en dous días diferentes para poder realizar o debate coas compañeiras do STEG.


HOXE PRESENTAMOS A BOLSA DE TRABALLO WEB 2.0

Sendo conscientes da importancia de participar na nova Web 2.0, a Asociación Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos de Vigo, en colaboración co Concello de Vigo,  está a levar a cabo formación sobre A Procura de Emprego a través da Web 2.0 e a Marca Persoal. A partir dos catro cursos realizados sobre este tema, e aproveitando as enormes posibilidades que se nos presentaban decidimos crear esta Bolsa Virtual de Traballo para difundir entre a comunidade, os perfís profesionais daquelas alumnas que de xeito voluntario, decidiron agregarse a este instrumento.

Os nosos instrumentos: O Blog 



 http://mulleresactivasevisibles.blogspot.com.es/

A nosa tarxeta de presentación