Páginas

Goteo de casos nunha seman negra

Unha muller de 35 anos resultou ferida o día 29, tras ser apuñalada presuntamente polo seu marido no portal do edificio onde se ubica o despacho de abogados que tramita o divorcio da parella.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/30/andalucia/1369909297_510885.html

Concentración 30 de Maio do 2013


Grazas a todas a persoas que acudichedes a concentración, en especial os Actores de Vigo Reunidos polas vosas palabras.

O Presentador chama “tramposilla” a unha muller maltratada

"Tramposilla...", dille Jorge Javier Vázquez a unha muller que acaba de contar que sufriu malos tratos por parte do seu primeiro marido.

http://www.eldescodificador.com/tag/hay-una-cosa-que-te-quiero-decir/

Podedes ver abaixo o programa completo. O máis sorprendente e denigrante do programa é que a muller ten que xustificar por que non denunciou a súa ex- parella, mentres o público e o presentador a xulgan por dicir que a súa ex- parella é violento.O público chega incluso a abuchear á muller. Cremos que os medios de comunicación e este tipo de programas que teñen moito seguimento deben tratar a violencia de xénero co máximo respeto e dándolle apoio ás mulleres maltratadas.

http://www.mitele.es/programas-tv/hay-una-cosa-que-te-quiero-decir/temporada-2/programa-50/

Actividades do mes de xuño no centro de documentación e recursos feministas

mes de xuño no Centro de Documentación e Recursos Femistas de Vigo

Mércores 5, ás 19 horas
:
Presentación do libro "Dominicanas somos" (banda deseñada) / con Enrique Mauricio e Carlos Taboada


Martes 11, ás 19 horas:
Presentación do libro "Teresa Alvajar López: memorias dunha republicana" / con Aurora Marco

Martes 18, ás 18 horas:
Videofórum: "A Condesa rebelde" / de Zaza Ceballos

Mércores 26, ás 18 horas:
Club de lectura: "Cincuenta sombras de Grey" / con Mercedes Oliveira e Amada Traba


Centro de Documentación
e Recursos Feministas de Vigo
Concellería de Igualdade
Biblioteca pública Central
R/ Joaquín Yañez, 6-2º andar
36202 Vigo
T. 986 22 90 74
www.igualdadevigo.org

Mato deixa en mans de Gallardón a reforma da Lei do Aborto

A ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato, confirmou coas súas palabras o que parecía ser un segredo a voces á vista de quen realizaba as declaracións: só o Ministerio de Xustiza, co seu titular, Alberto Ruiz-Gallardón á cabeza, é o único departamento que está elaborando a nova lei do aborto.

A minista Mato di que a lei “modificará a situación das menores que agora deben enfrontarse a unha situación tan difícil sen o apoio dos seus pais”.

Os datos demostran, sen embargo, que a maioría de rapazas de 16 e 17 años que deciden abortar o fan acompañadas dos seus proxenitores. Segundo un estudo elaborado en 2011 pola Asociación de Clínicas Acreditadas para a Interrupción do Embarazo (ACAI), apenas un 13% (sobre unha mostra de 1.186 xovenes) alegou razóns como risco de sufrir malos tratos, pais abertamente contrarios ao aborto provocado ou que vivían noutros países. Polo tanto, a medida de non estar obrigadas a comunicar esta decisión aos pais é necesaria para determinados casos.


http://www.publico.es/456269/mato-deja-en-manos-de-gallardon-la-reforma-de-la-ley-del-aborto

"Eu quería sexo, pero non asi": reportaxe que obtivo o II premio Colombine, rachando estereotipos sobre as violacións

"As agresións sexuais que non se asimilan a ese imaxinario de violacións de película se normalizan, considérase "outra cousa", ou se culpa á vítima (que lle provocou, que non dixo que non coa suficiente insistencia...)”, alerta a psicóloga especialista en violencia de xénero, Norma Vázquez.

O 'ligoteo' é un dos contextos nos que máis agresións sexuais se dan, apunta, pero ás mulleres lles costa identificarlas como tales, posto que elas querían nun primeiro momento trabar relación ou mantener un intercambio sexual.

Para ver o artigo:
http://www.eldiario.es/sociedad/queria-sexo_0_72093264.html

Violencia xénero. Jpd (Jueces para la Democracia) acusa a Wert de perxudicar a loita contra o maltrato

A ‘lei Wert’ non contempla “a educación en igualdad de sexos nin a formación para a prevención e resolución de conflictos como está previsto tanto na Lei de Igualdade como na Lei Integral”.

http://noticias.lainformacion.com/policia-y-justicia/justicia-y-derechos/violencia-genero-jpd-acusa-a-wert-de-perjudicar-la-lucha-contra-el-maltrato_S60g5ds5kOWxjMveBy37M4/

A violencia machista sobrevive nas parellas máis novas

Preocupación porque a violencia de xénero segue presente nas parellas adolescentes...

Cada vez máis adolescentes acoden aos centros de atención a mulleres maltratadas. As novas tecnoloxías emerxen como arma de control. Os/as expertos/as urxen a previr coa educación.

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/05/28/actualidad/1369764459_765429.html

Este mes de maio "negro": 7 vítimas de violencia de xénero. Dende a Rede seguiremos saíndo a rúa a denunciar a violencia machista





                      Maio de 2013. En 36 horas 3 mulleres son asasinadas. No que vai de mes 7.

Pero o problema non é o número de horas transcurridas. O problema real é que os desprezos, os ataques, os insultos,  as violacións e asasinatos de mulleres prodúcense todos os días, acotío, cada minuto e segundo, en todos os lugares do mundo.
Detrás deste tipo de novas atopamos o valor que a sociedade lle da á violencia de xénero. Porque morre un militar e se produce unha alarma internacional. Morren 3 mulleres e a única alarma que salta é a das propias mulleres vítimas da violencia, as cales asisten asombradas e confusas á representación social e política das condolencias ás vítimas, dos falsos arrepentimentos ou intentos de suicidio dos asasinos e da súa propia desprotección diaria. Porque son elas as que teñen que contemplar como vale moito menos a morte dunha muller que a morte dun militar. Cómo a súa problemática é menos urxente a nivel internacional. Cómo a angustia que vive todos os días non ten o menor valor.
Porque lembremos, ela é só unha muller vivindo na súa privacidade, onde o asasino só a ameaza a ela, e non ó resto da sociedade. É, por este motivo, polo que seguimos impasivos ante o goteo de vítimas, porque os que maltratan non nolo fan a nós. Non nos amezan, non nos agreden, nin nos atacan directamente. Pero a morte de mulleres fainos cómplices a todas e todos.
Por todo esto non máis condolencias, nin máis compasións, senón máis obrigas por parte de toda a sociedade. Que a morte de mulleres nos faga lembrar a nosa responsabilidade e actuemos en consecuencia, día a día contra calquera agresión social ou política en contra da nosa liberdade, integridade e dignidade.

32.242 mulleres foron rexistradas como vítimas de violencia de xénero en 2011

 Un total de 32.242 mulleres foron identificadas como víctimas de violencia de xénero en 2011 e inscritas no Rexistro Central que o Ministerio de Xustiza ten para estes fins. Unha tasa de 155,7 vítimas por cada 100.000 mulleres maiores de 14 anos en España.

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/27/espana/1369649621.html

As vítimas son culpables. Interesante artigo de Lidia Falcón sobre o proceso de "sospeita" ao que se enfrontan as mulleres maltratadas

Interesante artigo de Lidia Falcón que pon de manifesto as dificultades de moitas mulleres para enfrontarse a todo o proceso xudicial, e a falla de apoio e comprensión que atopan en moitos/as xuíces e fiscais.
"Non hai delito que provoque maior desconfianza contra a víctima que o de maltrato á muller".
"Pero existe un coro unánime e perverso en atribuir á vítima a culpa da súa propia desgracia. Tódolos gobernos, independentemente da súa afiliación política, ante a morte daquela cidadá á que teñen o deber de protexer, remarcan que si non denuncia ou non ratifica a denuncia non poden facer nada por ela"

http://blogs.publico.es/dominiopublico/6987/las-victimas-siempre-son-culpables/

Lola Ferreiro: ''Nos institutos da Galiza está a impartir obradoiros de educación afectivo-sexual a mesmísima Red Madre''

Segundo Lola Ferreiro:

"Eu entendo que a mellor maneira de traballar na educación sexual, afectiva e emocional é que o faga o profesorado, para o cal a administración ten que lle dar o material e a formación necesarias, claro"

"Os centros de planificación familiar, que gosto eu máis de lles chamar así que 'de orientación' por motivos obvios, están a ser agredidos, non só o do Ventorrillo, só que este caso é sangrante porque lle suprimiron a praza de xinecoloxía. Porén, o Sergas vén dando un discurso absolutamente demagóxico dicindo que están obsoletos e que todo o que neles se fai debe asumilo Atención primaria que, polo visto, teñen pouco que facer alí"


http://www.sermosgaliza.com/artigo/social/lola-ferreiro-nos-institutos-da-galiza-esta-a-impartir-obradoiros-de-educacion-afectivo-sexual-a-mesmisima-red-madre/20130525225216015330.html

QUEN SON AS MULLERES QUE ABORTAN?


A Plataforma en Defensa de los Derechos Sexuales y Reproductivos “Decidir fainos Libres” celebrou no Ateneo de Madrid un acto de presentación da súa nova campaña “¿Quen son as mulleres que abortan?”.
Con motivo desta campaña creouse un sitio web http://www.quienessonlasmujeresqueabortan.com/ onde xa está dispoñible o video de presentación para velo na túa páxina web sen publicidade, así como unha galería fotográfica na que aparece cada unha das persoas que participaron.

Gústanos este video porque racha a estigmatización das mulleres que abortan, e se pode comprobar que non hai un perfil de mulleres que abortan: son moitas as circunstancias personais polas que unha muller toma esta decisión. Porque tal e como comeza esta video: as mulleres que abortan son adolescentes, adultas, usaron ou non anticonceptivos, son solteiras, divorciadas, católicas, musulmanas, ateas, están traballando, no paro, ou temen que as despidan, etc.

O mellor xeito de previr abortos é con verdadeira educación sexual e información sobre métodos antinconceptivos.

Unha cruzada contra a libertade reproductiva



"Debemos respetar os valores sobre o aborto do ministro Gallardón mentres se limite a aplicalos na súa vida privada; pero non é de recibo que poña o aparato coercitivo do Estado ao servizo da moral católica". Artigo interesante de Jesús Mosterín


http://elpais.com/elpais/2013/05/16/opinion/1368723975_483486.html

Morre unha muller en Córdoba agredida pola súa parella que xa foi detido

Muller de 50 anos asasinada pola súa parella... os xornais seguen a dicir que as vítimas de violencia "morren", cando en realidade, as palabras exactas é que son asasinadas. 

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/22/andalucia/1369210147.html

24 maio 2013. Día Internacional das mulleres Antimilitaristas

24 de MAIO 2013

Día Internacional das mulleres Antimilitaristas

"Nin guerra que nos mate, nin paz que nos oprima"

A Cordenadora  Local de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres organiza unha

acción no Calvario-Vigo (Mercado), para conmemorar a data na que as mulleres
visibilizamos o significado das palabras militarización – guerra – explotación dos
territorios e paz, dende a perspectiva de xénero.
Música, colocación de cartaces, leitura de textos e poesías a partir das 18:30.
Lembra traer algo violeta. ESPERÁMOSTE¡¡



O aborto como pretexto


 "Fai 30 anos resolvimos que debería existir esa solución para as mulleres que decidiran interrumpir o seu embarazo. Moito máis recentemente aprobamos que esa decisión fora absolutamente persoal e intransferible e que o Estado só debera garantir uns plazos máximos para o seu exercicio. Punto e final.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/17/andalucia/1368800375_461542.html

Wikipedia e mulleres, o reto dunha ollada plural

http://www.mujeresenred.net/spip.php?article2128

Montserrat Boix analiza neste artigo algunhas das causas polas que só ao redor dun 13% das redactoras de wikpedia son mulleres.

A violencia contra as mulleres. O amor como coartada

http://www.mujeresenred.net/spip.php?article2129

As autoras sosteñen que os mitos adheridos ao concepto de amor romántico están moi a miúdo na base da violencia contra as mulleres na parella, e que ditos mitos seguen vixentes na nosa sociedade e son transmitidos polos distintos canais e axentes de socialización.

O Telexornal de TVE emite unha reportaxe sobre a roupa "provocativa" das mozas

http://cultura.elpais.com/cultura/2013/05/14/television/1368547125_322626.html

As mullleres, vistamos como vistamos, non imos provocando. Isto se trata de culpabilizar os nosos corpos, e tentar controlarnos, facéndonos sentir incómodas cos nosos corpos.

O respecto a unha mesma non ten nada que ver con como vestimos. Respectarse a unha mesma é tratarse ben e quererse; rodearnos de xente que nos trata ben e que non nos xulga por motivos tan superficiais, como o xeito de vestir.

Aos pais non lles ten que preocupar se a súa filla vai "provocando"; senon se os seus fillos faltan ao respecto ás mulleres, algo por certo, bastante habitual. 


Nace unha plataforma en defensa do aborto en Galicia co apoio da oposición


 Fronte aos ataques sen precedentes aos dereitos das mulleres: non quedaremos caladas! A rede forma parte desta plataforma, que estamos traballando para frear a "contrarreforma" de Gallardón.

http://www.europapress.es/epsocial/igualdad-00328/noticia-aborto-nace-plataforma-defensa-derecho-aborto-galicia-apoyo-oposicion-20130513150700.html

Resposta a carta publicada no Faro de Vigo, o 6/05/2013





AGRADÉCELLO A UNHA FEMINISTA

Cremos necesaria a aclaración de termos debido á incorrecta, inexacta e errónea “carta ó director” do faro de Vigo con data 6/05/2013:
http://www.farodevigo.es/cartas/2013/05/06/feminismo-radical/804139.html

O feminismo é un “Movemento que exixe para as mulleres iguais dereitos que para os homes“(Real Academia Española). Non significa nin superioridade, nin resentimento, nin envexa. Non é sentirnos con complexo de inferioridade. É loitar contra a desigualdade ou contra a violencia de xénero. 

O feminismo é parte da nosa historia como mulleres, porque grazas a mulleres como Kate Millet, precursora do feminismo radical, afianzouse o lema “o persoal é político” base ideolóxica para que a sociedade asumira como propia a eliminación da violencia de xénero.  

Chamar ó “feminismo radical” patolóxico, demostra un total descoñecemento e desprezo ás loitas das mulleres durante séculos e que grazas as cales, poidemos ter a posibilidade de aprender a escribir ou a ler. Os feminismos non desprecian ós homes, non pretende que as mulleres dominen, os feminismos promoven unha sociedade máis libre e igualitaria, onde as mulleres non sexamos violadas, discriminadas, nin esquecidas pola historia. 

Grazas ás feministas fuches á universidade, podes solicitar calquera emprego, podes recibir e brindar información sobre control da fertilidade sen ir ao cárcere, practicas un deporte profesional, podes usar pantalóns, podes casar sen perder o teu apelido e sen que os teus dereitos civís sexan asimilados polo teu esposo. Tes dereito a rexeitar ter relacións sexuais. Tes dereito a que os teus rexistros médicos confidenciais non sexan divulgados aos homes da túa familia. Tes dereito a ler os libros que desexes sen supervisión do teu irmán ou titor. Podes obter un préstamo, sen aval de marido ou titor. Permíteseche testificar na túa propia defensa. Posúes propiedades que son unicamente túas. Tes dereito ao teu propio salario aínda se estás casada ou hai un home na túa familia. Sabes que se o teu marido che pega poderás denuncialo en comisaría. Outórgaseche un título despois de ir á universidade. E podes aleitar ao teu bebé nun lugar público e non ser arrestada por iso. 

“Sen a loita de moitas feministas que reclamaron estes dereitos para ti, non poderías gozar do que hoxe consideras normal.” (Lucía Etxebarría, "Xa non sufro por amor")



Reflexión a partir dunha carta ao director do Faro de Vigo sobre o "feminismo radical"


 Vemos bastante desafortunada esta carta ao director publicada polo Faro de Vigo o 6 de maio. Nesta carta se fai unha caricatura do feminismo radical e en cambio se ensalzan algunhas características "femininas", como a dozura ou o pudor. Cara onde estamos indo? cantos anos para atrás? O noso máximo respecto ao feminismo radical que loitou para que as mulleres se organizaran dun xeito autónomo e cuxo lema "o persoal é político" de Kate Millett, reivindicamos hoxe en día.

Un catedrático da Universidade católica de Murcia asegura que ter a esposa en casa prevén o infarto

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/06/paisvasco/1367840035.html

O catedrático deixa perlas como estas: "O que máis protexe ao home de riscos cardiovasculares é estar casado cunha muller que teña diñeiro, certo nivel de estudos e que non traballe fora de casa"

O seguinte artigo de Marisa Sotelo titulado "O aborto segundo Beatriz Escudero", da algunhas respostas ao catedrático e de paso á deputada do PP. Dun xeito irónico, Marisa Sotelo propón o seguinte:

"O que máis nos protexería do aborto sería que as mulleres tivéramos prohibido ter parella estable, (sintoo polo dos riscos cardiovasculares), vivíramos exclusivamente en zonas rurais ou en grandes capitais, nos dedicáramos a estudar durante toda a nosa vida, e se nos aplicara preventivamente e "non demasiado" a lei antiterrorista, por recoller a efímera proposta do Ministro de Interior"


http://www.elmundo.es/blogs/elmundo/ellas/2013/05/09/el-aborto-segun-beatriz-escudero.html

Unha deputada do PP: "As mulleres que abortan son as que menos formación teñen"

 http://www.publico.es/espana/454926/una-diputada-del-pp-las-mujeres-que-abortan-son-las-que-menos-formacion-tienen


Os datos do Ministerio de Sanidade,Servizos Sociais e Igualdade mostran que en 2011, as mulleres sen estudos que abortaron alcanzaron tan só o 2,30%, fronte a 35% de mulleres que cursaron Bacharelato ou o 25% de universitarias. Aquí podedes consultar os datos.




Os dereito ao aborto é unha dereito que nos afecta a tódalas mulleres. Ben sabemos que tentan agora estigmatizar a aquelas mulleres que abortaron, pero todas estaremos unidas para defender os nosos dereitos sexuais e reproductivos!


O ministro do Interior compara o aborto con ETA: ´Ten algo que ver, pero non demasiado´

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2013/05/08/ministro-interior-compara-aborto-eta-ver/806034.html

Fronte a este tipo de discursos, non podemos ficar caladas:

" Coherente coa súa afirmación, o ministro nacional católico, e caótico, debería proceder á inmediata detención dos miles de comandos individuais formados por mulleres que un doloroso día da súa vida decidiron abortar". Aquí tedes un artigo sobre o tema,


 http://www.eldiario.es/zonacritica/ETA-aborto-ministro_6_129897024.html

A muller volve perder


http://elpais.com/elpais/2013/05/03/opinion/1367591045_861057.html

"Unhas moi respetables crenzas dunha minoría (así o pon de manifesto a demoscopia) se impoñan á maioría pola vía da lei penal: se poderá ir á cárcere por discrepar, no fondo, dunha tese relixiosa que oficialmente rixe fai apenas 200 años e se presenta como eterna. Moi democrático non parece"

Prefiro chorar un día que toda a vida. Unha muller conta a súa experiencia sobre o aborto dun feto con graves anomalías


 "Eu respecto absolutamente e incluso admiro a quen asume seguir adiante cun neno/a con graves problemas. Pero eu tamén teño que ter dereito a poder decidir"

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/05/04/actualidad/1367697547_460116.html

A Xunta deixa a atención á saúde sexual e reprodutiva das mulleres en mans da Igrexa

O PP volve votar en contra de que se manteña o COF de Ventorrillo na Coruña. Mentres a guía para mulleres embarazadas da Secretaría Xeral de Igualdade está composta de moitas organizacións católicas.

http://www.sermosgaliza.com/artigo/social/a-xunta-deixa-a-atencion-a-saude-sexual-e-reprodutiva-das-mulleres-na-man-da-igrexa/20130503161522014476.html

Charla de Lola Ferreiro: "Republicanas de corazón, de cabeza e de corpo enteiro"



O martes 7 de maio  Lola Ferreiro, republicana e activista do movemento feminista, falará de  “Republicanas de corazón, de cabeza e de corpo enteiro”

O acto dará  comezo ás 20.00 horas e terá lugar na Galería Sargadelos (Urzáiz 17)

Organiza a Asemblea Republicana e Vigo

"Eu o que quero é vivir"


Para tódalas mulleres do mundo: dereitos reproductivos xa! No Slavador unha muller corre risco de morte ao proseguir co embarazo. O aborto está penado con ata 50 anos de prisión. 

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/05/02/actualidad/1367521175_478080.html

Aínda estades a tempo de apuntarvos no curso de formación para a busca de emprego a través das redes sociais

Non perdades esta oportunidade de facer un curso avanzado de busca de emprego a través das redes sociais. Chamade para apuntarvos. Comeza xa!


"Un país para soñar" ou cando a Xunta premia (literalmente) o sexismo

 A delegada do goberno en Vigo premiou á empresa Princelandia co galardón "concepto nacional novidoso": Que ten de novo? fomenta entre as nenas a sesión de maquillaxe, manicura, perruquería e desfile de modelos. Xa son tempos de comezar a xogar en igualdade.

http://www.sermosgaliza.com/artigo/social/-princelandia-un-pais-para-sonar-ou-cando-a-xunta-premia-literalmente-o-sexismo/20130426222640014209.html