Os feitos ocorreron fai máis dun mes durante unha viaxe da
muller a Nixeria, onde un xove rocioulle cun líquido abrasivo que lle
provocou graves queimaduras na cara e no corpo. Volveu á illa nun voo e dende entón permanece ingresada. Atópase en proceso de separación do seu marido.
http://www.vigoalminuto.com/2013/06/11/prision-sin-fianza-para-el-individuo-que-ordeno-rociar-con-acido-a-su-mujer/#.UbdohtRcxsw.facebook
Páginas
▼
Unha vítima de malos tratos burelá, desprotexida pola xustiza
Non sae á rúa por medo a que a agreda a súa ex-parella. Tras denuncialo por lesións e por ameazala de morte, a xuíza deixou o
presunto maltratador en liberdade e sen orde de afastamento.
http://www.crtvg.es/informativos/unha-vitima-de-malos-tratos-burela-di-estar-desprotexida-pola-xustiza-605471
http://www.crtvg.es/informativos/unha-vitima-de-malos-tratos-burela-di-estar-desprotexida-pola-xustiza-605471
"O desmantelamento do Estado do benestar pagámolo as mulleres"
Para a economista, esta crise é multidimensional: medioambiental, social e de coidados” e as mulleres estamos soportando o peso do desmantelamento sofisticado do Estado do Benestar. Dito estado de benestar sempre tivo en España a característica de ser excesivamente "familista", unha característica que en crise se volve moi negativa para as mulleres. Cando os servizos públicos comezan a escasear, unha das consecuencias perversas é que se intensifica o traballo non remunerado das mulleres
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/06/10/valencia/1370891533_785418.html
Xornadas Autoxestionadas Economía Feminista
Convidámosvos a todas ás I Xornadas Autoxestionadas de Economia Feminista que terán lugar do 21 ao 23 de xuño no Berce do Celme, en Arteixo.
Berce do Celme, Espazo de Transformación Co-Creativa, abre as súas portas ás primeiras Xornadas de Economía Feminista.
Que alternativas podemos construir para sairmos deste fraudolento sistema neoliberal e patriarcal para sempre?
Para comezar a darlle resposta a estas preguntas compartiremos nestas xornadas espazos teóricos e práticos onde o "que" e o "como" estarán irremediabelmente unidos.
