Páginas

A igualdade cotiza á baixa no Ibex


As mulleres que forman parte dos Consellos de Administración das empresas que forman o Ibex35 representan o 15%. 75 conselleiras fronte a 424 conselleiros.

http://www.publico.es/466661/la-igualdad-cotiza-a-la-baja-en-el-ibex

"Todas as noites saio a retirar os carteis que pon o meu acosador"


O seu calvario comezou o día que recibiu unha chamada dun descoñecido que lle propón sexo a cambio de comida. Cortou e pensou que era unha broma. Pero non o era. Esa chamada foi o inicio da vinganza que a súa ex parella preparou na súa contra por ter cortado a relación con él. Aos poucos días sae á rúa e nela se atopa os cartaces nos que aparece a súa foto, o seu número de teléfono e unha frase humillante: "Busco chulo que me manteña a mí e ao meu fillo a cambio de sexo"

Xa está ben de que as ex-parellas non acepten o rexeitamento das mulleres. E que tenten, dun modo tan despectivo, facer dano a unha muller. Dende aquí enviamos a nosa solidariedade a Martha. 

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/09/07/espana/1378554551.html