Páginas

Mesa Redonda sobre arte na Casa das Mulleres‏

Mesa redonda "Novas creadoras, novos valores na Arte" que terá lugar este xoves, 6 de marzo ás 19:00h na Casa das Mulleres.

Esta actividade pretende visibilizar e difundir a realidade das mulleres artistas, mulleres que representan os nosos valores na arte e analizar a súa situación cunha mirada de xénero.

Presenta: Isaura Abelairas, concelleira de Igualdade

Relatoras:
Mar Caldas, profesora de Belas Artes da Universidade de Vigo

Paula Cabaleiro, comisaria independente, xestora cultural e artista multidisciplinar. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo

Andrea Costas, artista plástica e mestra na escola viguesa de deseño Aula D

María Arias, artista, deseñadora e investigadora. Graduada en Belas Artes e máster en arte contemporáneo na Universidade de Vigo


Lugar: Casa das Mulleres (R/Romil, 20). Entrada libre. Aforo limitado

VIDEOFÓRUM "LA FUENTE DE LAS MUJERES"


DATA:     XOVES 6 DE MARZO
HORA:     18:00 h.
LUGAR:   CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS
                 Biblioteca Pública Central
                 (Joaquín Yáñez, 6 – 2º andar)

Nun pequeno pobo de Oriente Medio, a tradición esixe que as mulleres vaian buscar auga, baixo un sol ardente, á fonte que nace no alto dunha montaña. Leila, unha nova casada, propón ás demais mulleres unha folga de sexo: non manterán relacións sexuais ata que os homes colaboren con elas no transporte da auga até a aldea.


ORGANIZA: REDE DE MULLERES CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO

COLABORA: CONCELLO DE VIGO