Páginas

PROGRAMA ABERTO: OBRADOIRO DE RADIO EN IGUALDADE

Aberto o prazo de inscrición para: PROGRAMA ABERTO: OBRADOIRO DE RADIO EN IGUALDADE!

Facemos conxuntamente este obradoiro en colaboración co proxecto CIDEC, impulsado pola Facultade de Xornalismo, de Santiago de  Compostela.

É gratuito, pero tedes que inscribirvos con antelación!


Saída Cultural


Saída cultural: Fervenzas do Parque Natural de Barosa (barro). Visita á antiga azucreira e miradoiro do Umía. 


Participade na X Carreira Feminina a favor da Rede

A Rede de Mulleres participa como grupo na X Carreira Feminina-El Corte Inglés, co lema "Polo dereito a vivir en paz". Agradecemos a vosa participación no noso grupo, levaremos como símbolo identificativo unha camiseta branca e un lazo lila.
A carreria terá lugar o domingo 28 de xuño ás 11:00h participaran todas as mulleres e nenas sen límite de idades para fomentar o deporte feminino e cun fin benefico dirixido este ano a Rede de Mulleres.
O percorrido vai dende o Corte Inglés, baixa por Urzaiz, Colón, Policarpo Sanz, García Barbón, Isaac Peral, Areal, Plaza de Compostela, García Olloqui, Montero Rios, Concepción Areal/Edfificio da Xunta, As Avenidas, Meta en plaza do Nadador. Adxuntamos plano.
A inscrición formalizarase na planta de Deportes do Corte Inglés ata o 24 de xuño ás 20h. Recollerase o dorsal o día 27 de xuño na planta de Deportes dende as 11:00h ás 14:00h e dende 16:00h ás 21:00h ou o día da carreira na zona de saída dende 9:00h ás 10:30h.




Un enfermo mental mata a súa tía asestándolle decenas de puñaladas

http://www.diariodesevilla.es/article/sevilla/2023839/enfermo/mental/mata/su/tia/asestandole/decenas/punaladas.html

O agresor, diagnosticado de esquizofrenia, culpaba ao seu familiar da morte dun can que lle deixou ao seu coidado e iso levouno a cometer o crime no taller de cerámica da vítima.

Un home mata á súa nai septugenaria en Barcelona e entrégase á Policía

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/06/08/hombre-mata-madre-septugenaria-barcelona/1255568.html

Un home matou onte a puñaladas á súa nai, de 70 anos de idade, no seu domicilio en Barcelona e despois baixou á rúa e entregouse á Garda Urbana. Visiblemente alterado foi detido e tras unha primeira valoración ingresado nun centro psiquiátrico custodiado polos axentes.

Unha muller turca, condeada por ser maltratada.

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/06/07/mujer-turca-condenada-maltratada/1255466.html

Un xulgado turco ha sentenciado a unha muller a pagar unha compensación económica ao seu marido porque o home danouse unha man cando a pegaba

A reforma da lei do aborto aprobarase en dous meses

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2015/06/07/reforma-ley-aborto-aprobara-2/1255084.html

Esta reforma persegue fortalecer o procedemento do consentimento de menores de 18 anos "de tal xeito que poidan contar co apoio do entorno familiar se ter que exporse a unha decisión tan difícil como a de practicar o aborto".

Un garda civil enfróntase a 20 anos por matar á súa muller

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/06/06/guardia-civil-enfrenta-20-anos/1254499.html

O fiscal pide 20 anos de prisión para un garda civil que será xulgado con xurado a partir do luns na Audiencia de Madrid por matar o 10 de marzo de 2013 á súa esposa, á que disparou na tempa cando estaba a durmir no domicilio familiar tras chegar de traballar e coa súa filla na casa.

O pai dunha nena tutelada en Vigo, condenado por denunciar falsos abusos.

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/06/06/padre-nina-tutelada-vigo-condenado/1254502.html

Chamou ao 112 e á Garda Civil alertando de delitos flagrantes para frustrar as visitas da menor á súa nai e a súa nova parella