Páginas

Unha guía da Fundación de mulleres do PP di que ser promiscua aumenta o risco de sufrir maltrato


http://www.eldiario.es/sociedad/fundacion-PP-promiscuidad-relaciones-probabilidades_0_418908157.htm

O risco de ser unha muller maltratada depende da sociedade machista na que vivimos, e non de ter moitas ou poucas relacións. Hai expertas de xénero de sobra no estado español para que teñan que facer esta guía persoas que non son expertas no tema.

A violencia non depende delas, senon deles. A violencia non depende do comportamento das mulleres, senon dos homes.

Cando as crianzas son instrumentos e vítimas da violencia machista




http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/cando-crianzas-son-vitimas-instrumentos-da-violencia-machista/20150803192352039715.html

Non deberían ver aos fillos/as, mais cando as denuncias por violencia machista chegan aos xulgados é moi habitual que se lle concedan visitas, quer vixiadas, quer sen vixianza, explica Rosa Fontaíña

O asasino dentro de min, artigo de Daniel D. García sobre a violencia machista

Os homes non deben ser indiferentes ante a violencia de xénero. Recomendamos este artigo de Daniel D. García sobre a violencia machista, sobre a banalización deste tipo de violencia.

"Empecemos por aceptar a evidencia. Vivimos unha ofensiva terrorista da sociedade patriarcal contra a emancipación das mulleres. Estamos en guerra"

http://praza.gal/opinion/2729/o-asasino-dentro-de-min/

Xa vos podedes apuntar ao Obradoiro: Igualdade e Novos Feminismos para mulleres e homes


Traballaremos contidos como: A perspectiva da igualdade entre mulleres e homes; O concepto de xénero desde a antropoloxía; Achegamento aos novos feminismos: feminismo poscolonial; ecofeminismo e feminismo queer.


As fillas e fillos de mulleres maltratadas, recoñecidos como vítimas

http://www.farodevigo.es/espana/2015/08/18/hijos-maltratadas-reconocidos-victimas/1298376.html

Nesta lei o que se tiña que aprobar é que existindo unha senteza de maltrato estes nenos e nenas non poidan ter a obriga, nin no fin de semana, de estar co seu pai. Qué educación lle vai a dar aos seus fillos/as?. Isto é o que demandamos dende a Rede.


Máis da metade dos homicidos de mulleres son a mans da súa parella ou ex parella

Entre 2003 e 2013, o 53% das mulleres asasinadas cada ano en Epaña foron vítimas mortais por violencia de xénero, segundo datos do INE. Esta estatística oficial non inclúe a vítimas como prostitutas asasinadas por clientes ou mulleres acompañantes doutras mulleres agredidas.

É dicir, que os datos reais son aínda máis elevados.

Podes ler máis en:

http://www.eldiario.es/sociedad/mujeres-asesinadas-Espana-parejas-exparejas_0_419958564.html?utm_source=USUARIOS&utm_campaign=351f084ccf-Adelanto_socios_17_3_2013&utm_medium=email&utm_term=0_32cf759f56-351f084ccf-55760609


Detido en Huesca por tratar de matar á súa esposa e por abusos aos seus fillos

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/18/detenido-huesca-tratar-matar-esposa/1297985.html

A Garda Civil de Barbastro (Huesca) detivo a un home, de 54 anos de idade, como presunto autor de delitos de agresión sexual ás súas fillas menores de idade, de homicidio en grao de tentativa cara á súa muller e de tenencia ilícita de explosivos.

Arrestado nun pobo granadino despois de matar dun machadazo á súa muller

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/18/arrestado-pueblo-granadino-despues-matar/1297988.html

A Garda Civil detivo onte a un home de 72 anos de idade en Armilla tras confesar aos axentes que matara á súa esposa, de 68 anos, cuxo cadáver foi atopado polos axentes no domicilio familiar cun machadazo. O suceso ocorreu minutos antes do sete da mañá cando, segundo fontes do corpo de seguridade, o arrestado chamou por teléfono ao cuartel e informou de que matara á súa muller e que tiña intención de suicidarse, aínda que foi detido antes.

Comunicado da Rede de mulleres sobre o caso do asesinato de Marina Okarynska e Laura del Hoyo


Ante este novo caso de violencia de xénero, queremos facer unha reflexión acerca dos mecanismos e protocolos aplicados.
Parte desta tráxica historia é coñecida: Marina Okarynska tivo unha relación de parella con Sergio M.G. e o pasado 6 de agosto desapareceu xunto cunha amiga, tras ir buscar os seus obxectos personais que quedaran na casa onde ambos conviviran.  As familias das desaparecidas, segundo fontes de El confidencial, denunciaron desde un primeiro momento que a desaparición era contra a súa vontade, segundo apuntaban todas as circunstancias. Así, ese mesmo xoves 6 agosto pola noite, ambas familias presentaron unha denuncia por desaparición. O xuiz decretou o secreto de sumario despois de que o domingo pola noite se cumplirán 72 horas sen novas das dúas amigas.
Como xa sabemos, Segio M.G. ingresou en prisión en 2008, tras ter secuestrado a súa parella de entón. 
Coñecidas estas informacións, cremos que non era necesario ter esperado 72 horas para a activación do protocolo de persoas desaparecidas; cando hai antecedentes de violencia de xénero, e dadas as circunstancias da desaparición, debería poder aplicarse un protocolo máis rápido e axil, dada a sospeita dun claro caso de violencia de xénero.

Desde a Rede de mulleres sabemos as dificultades coas que contan moitas mulleres para rachar por completo unha relación e o perigo que ás veces corren ao ir buscar os seus obxectos personais á casa do agresor. Como sociedade, debemos reflexionar sobre qué tipo de mecanismos podemos poñer en marcha para protexer ás mulleres que queren iniciar unha nova vida lonxe da violencia de xénero. Hai que avaliar qué cousas podemos mellorar, cómo previr este tipo de situacións e cómo podemos protexer a todas as mulleres que se están separando das súas parellas violentas.

A violencia machista non é inevitable: 7 medidas que poden poñerse en marcha



Voces expertas suliñan que o sistema de prevención non funciona e apuntan medidas concretas para combater a violencia de xénero

1. Que non se dependa da denuncia
2. Detectar mellor, facer caso a quen sabe previlo
3. Máis formación a todas as persoas profesionais que interveñen
4. Cambios legais
5. Maior contundencia social na vida diaria
6. Concienciación para homes
7. Que se abran as portas do colexio

http://www.eldiario.es/sociedad/violencia-machista-inevitable-medidas-tomarse_0_419608401.html

789 homes asasinaron as súas parellas ou ex parellas nos últimos 12 anos

Os homes quedan moi ocultos detrás das circunstancias, é unha forma de agochar a incomodidade que supón ser responsables desta situación.

Non se identifica como un problema de identidade masculina, senon que semella que é un asunto de determinados homes, que quizá beben ou perden a cabeza, e non é así. A violencia de xénero non é unha violencia espontánea, senon que nace dos machismos.

http://www.eldiario.es/sociedad/hombres-asesinado-parejas-exparejas-ultimos_0_419608193.html


Achan os corpos das dúas mozas de Cuenca desaparecidas ao ir a casa dun exmozo

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/13/hallan-cuerpos-chicas-cuenca-desaparecidas/1295322.html

Os cadáveres das novas, de 26 e 24 anos, aparecen queimados e con restos de cal nunha zona de pozas do río Huécar -O principal sospeitoso continúa desaparecido

Mata a súa exparella en Castelldefels en plena rúa.

http://www.elmundo.es/cataluna/2015/08/12/55caf3cb46163f29698b456f.html

Unha muller foi apuñalada cun machete de grandes dimensións en plena rúa de Castelldefels esta mañá. A policía detivo á ex parella da vítima como presunto autor dos feitos, e foron os propios veciños da zona os que lle retiveron ata que chegaron as autoridades.

Un home tírase por un balcón tras agredir á súa muller en Granada

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/11/hombre-tira-balcon-agredir-mujer/1294128.html

Un home de 74 anos faleceu ao saltar dun quinto piso en Granada despois de golpear á súa muller, a quen provocou fracturas nun brazo e lesións na cabeza polas que está pendente dunha operación. O suceso produciuse na madrugada do domingo.

Detido un mozo de 17 anos acusado de degolar á súa nai en Barcelona

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/06/detenido-joven-17-anos-acusado/1291344.html

O presunto autor do crime utilizou unha arma branca. Nun comunicado, a policía catalá informou de que sobre as 16.30 horas de onte recibiron un aviso dun incidente nun piso onde os axentes atoparon á vítima tombada no chan, con signos de violencia. Ante os indicios que lle situaban como suposto autor do crime, foi detido o seu fillo, que pasará a disposición da Fiscalía de Menores

Un episodio violento cunha médica

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/04/episodio-violento-medica/1290036.html

David Oubel estaba pendente dun xuízo por unha presunta agresión a unha facultativa, ao que se engade outro posible caso de violencia contra a súa exmujer

"A dor desa nai é insoportable, usaron ás súas fillas contra ela"

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/03/dolor-madre-insoportable-usaron-hijas/1289536.html



Concentracións, citas deportivas e alfombras florais despiden ás pequenas .Centos de persoas mostran a súa repulsa en toda Galicia

O parricida enviou unha carta á súa exmujer para anunciarlle a morte das nenas

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/08/01/parricida-envio-carta-exmujer-anunciarle-muerte-ninas/0003_201508G1P2991.htm

Ela alertou á Garda Civil ao instante, pero non chegou a tempo de evitar que o asasino degolase ás nenas cunha serra radial para vingarse da que foi a súa esposa

Detido un home tras degolar á súa expareja en Mallorca

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/01/detenido-varon-degollar-expareja-mallorca/1288518.html

Un home de 38 anos de idade degolou a pasada madrugada á súa expareja, de 33. Ao parecer, o home, presentouse no domicilio da vítima, armado cun coitelo de grandes dimensións.