Páginas

30 homes, entre eles seu mozo, violaron a unha muller de 16 anos en Brasil

Esta violación en grupo a unha adolescente abre un debate en Brasil sobre a violencia contra as mulleres e a "cultura da violación" tan aceptada na sociedade, tamén na nosa, con fondas raíces machistas.




http://www.eldiario.es/theguardian/violacion-adolescente-debate-Brasil-violencia_0_520748213.html

Concentración contra a violencia de xénero maio 2016

Grazas a todas e todos por participar na concentración que organizamos todos os xoves últimos de mes.

Os xornais seguen discriminando... Cando un home é asasinado pola súa parella ocupa media páxina, e cando é unha muller asasinada unha columna lateral

De novo, no Faro de Vigo, podemos ver o espazo que ocupa unha nova no xornal cando é unha muller a que asasina a súa parella:


http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/05/25/viguesa-mato-novio-canarias-conto/1467089.html


En comparación ao caso no que é un home o que asasina a súa parella: no lateral dereito da páxina de sucesos pódese ler: A autopsia revela a camarera asasinada en Ferrol morreu desangrada. Canto valen as vidas das mulleres?




http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/05/25/autopsia-revela-camarera-asesinada-ferrol/1467092.html


O ciberacoso noso de cada día


O ciberacoso a través de internet é un acoso que sofren moitas mulleres. Unha violencia que semella invisible e que pretende roubarnos a nosa libertade de expresión.

http://www.pikaramagazine.com/2016/05/el-ciberacoso-nuestro-de-cada-dia/

Unha muller maltratada polo seu marido pide auxilio cunha nota de deberes do seu fillo

Unha muller pechada na súa casa e aillada do exterior polo seu marido: un maltrato extremo, no que o seu maltratador evita por todos os medios que a víctima poida pedir auxilio. O círculo da violencia apóiase a miúdo no aillamento das mulleres do seu entorno. Temos que seguir traballando na sensibilización social da violencia de xénero para que o entorno das víctimas poida actuar e apoiar ás mulleres, e non chegar a esta situación de maltrato extremo.

Tres de cada catro mulleres maltratadas en España xamais denunciaron ao seu agresor




O sistema xudicial ten que facer autocrítica desta situación: moitas mulleres inician a denuncia pero non a manteñen: por medo ás consecuencias que poida ter na súa seguridade persoal, e debido tamén á soidade e dureza que enfrontan as mulleres víctimas no sistema xudicial. Realmente o titular debería ser unha autocrítica a nivel social e xudicial de qué estamos a facer mal para que as mulleres non se sintan seguras á hora de poñer e manter unha denuncia. Non queremos que se culpabilice as mulleres de non manter as denuncias, senon que se reflexione a nivel social de qué está fallando para que elas non se sintan protexidas para continuar con ese proceso xudicial.