Na actualidade mantéñense activos vinte sistemas de seguimento de agresores por medios telemáticos. O teléfono de información á muller rexistrou case 5.000 consultas. Os xulgados galegos comunicaron o pasado ano 1.323 medidas de protección sobre mulleres.
Máis de 1.300 galegas recibiron protección xudicial por violencia machista en 2011
VISITA CULTURAL ALLARIZ-RIBADAVIA
|
UN MAR DE MULLERES
UN PROXECTO DE VALORIZACIÓN DA MULLER NO MAR
Participación:
Grupo de acción Costeira 7, Ría de Vigo - A Guarda.
Rosana Villar, Eva Cordeiro, Rosana Bastón, Elisa Poceiro, Begoña González, Mª ALicia Álvarez, Cosuelo Diz, Carmen Chamorro, Mercedes Lema, Ana Belén Rodríguez, Guillermina Sesto, Silvia Domínguez,Carmen Barbosa e Concepción Ortega.
Xinose:
Sen elas non existiría o mar. Son ás mulleres de hoxe, ás que non se resisten a agardar sen máis e que, mentres o mariñeiro non regresa, deseñan as súas propias cartas de navegación, dispostas a levar o leme do futuro.
O salitre curtiu esa sabiduría súa, saben que poden e por tanto queren. Queren manter os seus oficios, loitar porque melloren as condicións en que os desenvolven, loitar por un medio que siga alimentando a productividade do mar. Saben que poden e por tanto reclaman o lugar que lles corresponde, no traballo e na organización.
Porque poden e o saben.
XOVES 15 DE DECEMBRO
18:30 h.
Organiza: Rede de Mulleres contra os Malos Tratos e Punto Xove.
Lugar: Punto Xove, Calle López Neira 27, 36202-Vigo (cerca de la calle Príncipe)
VIDEO MANIFESTACIÓN
COMUNICADO POLO 25 DE NOVEMBRO
MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
Día Internacional contra a Violencia Machista
25 de novembro de 2011
“PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA”
Dise do Feminismo que é a revolución silenciosa do século XX. Mais non podemos dar a razón a quen afirma que esta é unha revolución sen sangue. Neste novo século, como no anterior, esta revolución segue a engrosar a súa listaxe de mártires.
Desde a dereita política, mediática e relixiosa, fálase dunha perda dos valores da familia. E así é. O seu modelo de familia está en crise. Cada dia mais persoas aspiran a modelos de convivencia e afecto, máis democráticos que o seu modelo patriarcal. Cada dia mais mulleres e mais homes aceptan outros valores de convivencia: a igualdade, a corresponsabilidade, a cultura do diálogo, dos acordos...
Mais tamén quedan moitos homes, organizacións políticas, relixiosas e sociais, que se resisten ao cambio. A pandemia da resistencia machista mostra repuntes no poder xudicial ( actuacións en Sevilla e Murcia), no poder político (Lei da Familia do Parlamento Galego), nas institucións académicas (teoría do Síndrome da Alienación Parental), nas educativas (louvanzas á segregación por sexos), nas relixiosas (carta pastoral do bispo de Granada)... mentres se vai conformando un cambio político e económico que está levando aparellado unha perda importante de dereitos fundamentais, e un ataque sen precedentes aos servizos públicos, que en moitas ocasións aseguraban o exercicio deses dereitos. Un cambio político cuxos protagonistas aspiran a abolir leis que supuxeron logros importantes na vida de moitas mulleres e homes, a Lei de Igualdade, a Lei Integral contra a Violencia Machista, a Lei do Aborto, as reformas no Código Civil que igualan en dereitos ás persoas sen distinción da súa opción sexual.
O sistema económico, que nestes dous últimos anos acelerou a súa voracidade engulindo recursos públicos e impoñendo un modelo social de competitividade, acumulación e usura, impón ao poder político, recortar e abolir todas aquelas políticas de igualdade encamiñadas a previr a violencia machista, á atención ás vítimas e á concienciación da sociedade. Políticas que desde o Feminismo avaliabamos como insuficientes, pero que marcaban o camiño que había que encetar para conseguir arrincar o machismo das nosas vidas.
Cada día, diante do asasinato dunha muller a mans do seu ex marido, ou do seu compañeiro, as autoridades condenan os feitos, a veciñanza manifestase rexeitando a agresión e pedindo xustiza, preguntándose por que continua engrosándose esta tráxica lista de mulleres vítimas da violencia machista. Un feminicidio que vai marcando cada dia mais aldeas, vilas e cidades, no mapa dos asasinatos machistas.
As mortes por violencia machista, por moi inexplicables que parezan, non son actos illados, fortuítos, senón que obedecen a unha cultura patriarcal no que as mulleres non teñen dereito a decidir sobre a súa vida. Son a reacción violenta de quen se cree posuidor dun ben, dunha propiedade, ou dunha escrava.
A solución non é doada e necesita do compromiso de todos e de todas, porque precisa de cambios profundos dado que o machismo está enraizado na nosa sociedade e non estamos facendo o preciso para desbotalo.
Ao feminismo non nos asusta continuar coa nosa responsabilidade e activismo na loita contra a violencia machista...non queremos que se volva ao pensamento de que a violencia machista son “os trapos sucios que hai que lavar na casa”.
Queremos concienciar sobre as estruturas sociais que alimentan e reproducen o machismo.
Queremos deixar claros os vínculos que existen entre a desigualdade e a violencia machista.
Queremos facer reaxir á sociedade ante a perda de dereitos e ante o desmantelamento de servizos públicos.
EN NOME DE TODAS AS MULLERES ASASINADAS CANDO PRETENDIAN RECONQUISTAR A SÚA PROPIA VIDA E POR TODAS ÁS QUE ESTAMOS A SUFRIR VIOLENCIA NON PODEMOS CONSENTIR NINGÚN PASO ATRAS.
25 DE NOVEMBRO DE 2011
A Marcha Mundial das Mulleres convida a participar nos actos programados en Vigo, polo Día Internacional contra a Violencia Machista baixo o lema:
“PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA”
Vigo
Xoves 24 e venres 25 de novembro "Museo interactivo contra a violencia machista". Diante do Marco.
25 de novembro de 2011, venres às 20:00 h. Manifestación desde a Farola de Urzáiz
Agradecemos de antemán a difusión da convocatoria.
Saúdos feministas!!
CONCENTRACIÓN MENSUAL
boa tarde,
con motivo do día 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, a Rede non realizará a concentración mensual do último xoves de mes diante do museo MARCO.
estaremos o venres, día 25, na manifestación contra a violencia de xénero que sae dende a farola de Príncipe ás 20.00.
agardamos contar con todas e todos vós.
unha aperta.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







