VIDEOFÓRUM 28 DE FEBREIRO


        Colectivo convidado: SOMOS DEGENERANDO
    Proxección:    “FÓLLAME” de VIRGINIE DESPENTES

Lugar: CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS.
                  Biblioteca Central (joaquín yáñez, 6 – 2º andar)

HORA: 18.00 
para maiores de 18 anos

Unha moza dun barrio marxinal é violada e, despois, durante unha discusión, mata ao seu propio irmán. O seu destino crúzase co doutra muller, tamén marcada por un violento destino: é unha prostituta que matou á súa compañeira de piso. As dúas mozas atópanse por azar na súa fuxida, e deciden aliarse nunha salvaxe viaxe marcada polo sexo e a violencia. A parella asasina sen piedade a todos os homes que se cruzan no seu camiño.
"Escribo dende a fealdade, e para as feas, as vellas, as camioneiras, as fríxidas, as histéricas, as taradas, todas as excluídas do o gran mercado da boa moza. E empezo por aquí para que as cousas queden claras: non me desculpo de nada, nin veño queixarme..."

VIDEOFÓRUMS 2012



bo día

a partires deste ano os videofórums convidarán cada mes a unha persoa ou colectivo para que proxecten unha película/documental que escollan.

agardo veros e que aproveitedes a oportunidade para debater e entrar en contacto cos colectivos que están a traballar dende os feminismos na Galiza.

tamén podedes participar propoñendo a través do correo redemediadorasvigo@hotmail.com unha película con perspectiva de xénero para proxectar en vindeiras ocasións e así dar a coñecer os vosos colectivos.

unha aperta




VIDEOFÓRUMS 2012

FEBREIRO
MARTES 28     Colectivo convidado: SOMOS DEGENERANDO
                           Proxección:   “FÓLLAME” de VIRGINIE DESPENTES
Lugar: CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS.
                  Biblioteca Central (joaquín yáñez, 6 – 2º andar)
+18
Unha moza dun barrio marxinal é violada e, despois, durante unha discusión, mata ao seu propio irmán. O seu destino crúzase co doutra muller, tamén marcada por un violento destino: é unha prostituta que matou á súa compañeira de piso. As dúas mozas atópanse por azar na súa fuxida, e deciden aliarse nunha salvaxe viaxe marcada polo sexo e a violencia. A parella asasina sen piedade a todos os homes que se cruzan no seu camiño.
"Escribo dende a fealdade, e para as feas, as vellas, as camioneiras, as fríxidas, as histéricas, as taradas, todas as excluídas do o gran mercado da boa moza. E empezo por aquí para que as cousas queden claras: non me desculpo de nada, nin veño queixarme..."
 MARZO

MARTES 6            Convidada: MINA SHAYAN
                             Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Azad de Teherán e
                             Estudante do Posgrao de Estudos de Xénero da Universidade de Vigo.
                                  Proxección: «MULLERES SEN HOMES»
Lugar: CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS.
                  Biblioteca Central (joaquín yáñez, 6 – 2º andar)
«León de prata» á mellor dirección en Venecia. As vidas de catro mulleres crúzanse durante os días do golpe de estado de 1953 en Irán, e atopan refuxio no xardín dunha casa de campo. Dese encontro, xorde unha historia de compañeirismo, consolo e amizade. Neshat retrata o papel da muller na sociedade iraniana daquela época. Trátase dunha adaptación da novela homónima da escritora iraniana Shahrnush Parsipur e a película supón o debut na dirección cinematográfica da artista Shirin Neshat.

          
XOVES 15
Proxección: “DIGNA RABIA”
Lugar: Centro Cívico Casco Vello (rúa Oliva, 12)
Hora: 18.00h
A Universidade de Vigo e a Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas (Pontevedra)
promoveron, rodado e editado o documental “Digna Rabia”, que recolle o testemuño de máis dunha vintena de mulleres durante o franquismo.
Este traballo cinematográfico reflicte a represión da postguerra e da ditadura a través do testemuño de 27 mulleres de tres xeracións.



ABRIL

 MÉRCORES 25
                                                     PROXECCIÓN: “UN MAR DE MULLERES”
UN PROXECTO DE VALORIZACIÓN DA MULLER NO MAR

Lugar: centro cívico casco vello (rúa Oliva, 12)
Hora: 18:00
 
Participación:

Grupo de acción Costeira 7, Ría de Vigo - A Guarda.

Rosana Villar, Eva Cordeiro, Rosana Bastón, Elisa Poceiro, Begoña González, Mª ALicia Álvarez, Cosuelo Diz, Carmen Chamorro, Mercedes Lema, Ana Belén Rodríguez, Guillermina Sesto, Silvia Domínguez,Carmen Barbosa e Concepción Ortega.

 

Sen elas non existiría o mar. Son ás mulleres de hoxe, ás que non se resisten a agardar sen máis e que, mentres o mariñeiro non regresa, deseñan as súas propias cartas de navegación, dispostas a levar o leme do futuro.

 

O salitre curtiu esa sabiduría súa, saben que poden e por tanto queren. Queren manter os seus oficios, loitar porque melloren as condicións en que os desenvolven, loitar por un medio que siga alimentando a productividade do mar. Saben que poden e por tanto reclaman o lugar que lles corresponde, no traballo e na organización.

 

Porque poden e o saben.
 
MAIO

XOVES 10:
                         Proxección: “EL CELULOIDE OCULTO” 

            Colectivo convidado: “NÓS MESMAS”

Con motivo do 17 de maio día internacional contra a homofobia.
Lugar: Centro de Documentación e Recursos Feministas.
             Biblioteca Central (Joaquín Yáñez, 6 – 2º andar)
Hora: 18.00h
102 min.
Documental sobre a homosexualidade no cinema, dirixido polo experto documentalista Rob Epstein (posuidor de 2 Óscar) e Jeffrey Friedman (cineasta, produtor e axudante de montaxe de, entre outras, "Toro Salvaxe").

AXENDA FEMINISTA




e aínda non tedes a Axenda Feminista 2012 DAQUELAS QUE CANTAN, na que participan Uxía, Guadi Galego, Silvia Penide, María Xosé Silvar, Mercedes Peón, Ugia Pedreira, Susana Seivane, Rosa Cedrón, Leilía, Carmen, Maruxa e Tereixa de Fuxan os Ventos, Sonia Lebedynski e as Batuko Tabanka, podedes conseguila nos seguintes puntos de venta por 10 euros:


Ribadeo: “Libraría Casa das Letras”, “Libraría Bis a Bis”e “Guidán, tenda de calidade”.
Foz: “Libraría Bahía”e “Ferretería Fuentes”
Burela: “Libraría Atril”,“Comercial Auma”(libraría da Igrexa) e “Libraría Gonfer”
Viveiro: “Libraría Porta da Vila”
Santiago de Compostela: “Libraría Lila de Lilith”
E se ningún destes puntos de venta vos queda moi a man, podedes contactar con nós a través do noso facebook ou do mail observatorioigualdade@gmail.com  e vola enviamos a onde digades!!


http://www.observatorioigualdade.org/inicio/
MARÍA MOLINER

http://blogs.elpais.com/mujeres/2012/01/los-bibliotecarios-no-olvidan-a-mar%C3%ADa-moliner.html#more


Máis de 1.300 galegas recibiron protección xudicial por violencia machista en 2011
Na actualidade mantéñense activos vinte sistemas de seguimento de agresores por medios telemáticos. O teléfono de información á muller rexistrou case 5.000 consultas. Os xulgados galegos comunicaron o pasado ano 1.323 medidas de protección sobre mulleres.

VISITA CULTURAL ALLARIZ-RIBADAVIA


VISITA ALLARIZ - RIBADAVIA

SÁBADO 14 DE XANEIRO

Saída ás 10.00 dende o Paseo de Alfonso XII

De volta a Vigo ás 20.30h

Aberta á participación de nenas/os, familiares, amizades….

INSCRICIÓN:
REDE DE MULLERES
TEL. 986 22 23 28 / 670 45 34 31

COSTE TOTAL: 6 EUROS
(xantar incluido)

RUTA:
ALLARIZ (Xunqueira de Ambia, Santa Mariña de augas santas)
RIBADAVIA (barrio xudeo e as súas numerosas igrexas, francelos…)

Predición do tempo para o sábado en: IMOS TER BO TEMPO!!!!!!!

 http://www.meteogalicia.es/web/predicion/localidades/locMPIndex.action;jsessionid=A93130AC97933B3D4E1962B837A2BE3F.EUME-01F#




UN MAR DE MULLERES

UN PROXECTO DE VALORIZACIÓN DA MULLER NO MAR Participación: Grupo de acción Costeira 7, Ría de Vigo - A Guarda. Rosana Villar, Eva Cordeiro, Rosana Bastón, Elisa Poceiro, Begoña González, Mª ALicia Álvarez, Cosuelo Diz, Carmen Chamorro, Mercedes Lema, Ana Belén Rodríguez, Guillermina Sesto, Silvia Domínguez,Carmen Barbosa e Concepción Ortega. Xinose: Sen elas non existiría o mar. Son ás mulleres de hoxe, ás que non se resisten a agardar sen máis e que, mentres o mariñeiro non regresa, deseñan as súas propias cartas de navegación, dispostas a levar o leme do futuro. O salitre curtiu esa sabiduría súa, saben que poden e por tanto queren. Queren manter os seus oficios, loitar porque melloren as condicións en que os desenvolven, loitar por un medio que siga alimentando a productividade do mar. Saben que poden e por tanto reclaman o lugar que lles corresponde, no traballo e na organización. Porque poden e o saben. XOVES 15 DE DECEMBRO 18:30 h. Organiza: Rede de Mulleres contra os Malos Tratos e Punto Xove. Lugar: Punto Xove, Calle López Neira 27, 36202-Vigo (cerca de la calle Príncipe)