CURSO DE INFORMÁTICA BÁSICA
Recordaros que este lunes comenzamos un curso de INFORMÁTICA BÁSICA para personas primerizas.
Es de 10.00 a 12.00 horas, los lunes y los miércoles, durante 5 días, 10 horas totales.
Lunes 21, miércoles 23, lunes 28, miércoles 30 y lunes 4.
El precio es de 15€ y vamos a seguir ofreciendo cursos cortitos de diferentes niveles a lo largo de todo el verano y el siguiente curso escolar.
Últimos días de matrícula este miércoles tarde de 15.30 a 19.30 y este viernes de 9.00 a 15.00. El lunes comenzamos.
Contacto: vigo@radioecca.net
Ciclo de charlas
CICLO DE CHARLAS
"HISTORIA DAS MULLERES EN GALICIA"
Unha obra conxunta de cinco historiadoras galegas sobre o papel da muller desde a prehistoria ata a actualidade
CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS DE VIGO
Martes, 22 de maio
ás 19:00 horas
|
IDADE MODERNA / OFELIA REY CASTELAO
|
Neste libro dáse unha visión sintética da traxectoria histórica das mulleres que viviron na Galicia dos séculos XVI a XVIII. Na primeira parte expóñense as fontes de información nas que se asenta a investigación hoxe en día e o marco legal que afectaba as mulleres, para logo dar a coñecer cal era o seu papel na vida familiar e económica, as diferenzas sociais entre unhas e outras, o seu acceso á educación e á cultura, ou as súas prácticas relixiosas. Remátase a obra con un repaso xeral a como as galegas eran vistas desde fóra de Galicia ou por parte dos propios galegos, e cun conxunto de textos e referencias bibliográficas que poidan ser útiles ao público lector.
|
Coautora / Relatora:
Ofelia Rey Castelao
Catedrática de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela.
|
gustaríanos que dérades a vosa opinión....
creedes que este tipo de actividades estereotipan máis ás mulleres?
http://xuventude.xunta.es/uploads/GAL.pdf
Campamentos Urbanos Deportivos 2012
Presentación libro: Rompendo moldes: áreas de especialización e xénero no xornalismo
Lembramos e xuntamos información sobre a Presentación do libro:
"Rompendo moldes:
áreas de especialización e xénero no xornalismo"
contaremos coa intervención de Luís Álvarez Pousa e Belén Puñal Rama (coord.e ed.)
Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo
Martes 15 de maio
ás 19:00 horas
Conferencia sobre Valentín Paz Andrade
Ola
amig@s, o vindeiro Martes, 15 de Maio as 20 horas a profesora da
Universidade de Vigo Rita Paredes vai impartir unha conferencia sobre o
homenaxeado deste ano nas Letras Galegas: Valentín Paz Andrade.
O acto será no Salón de actos da parroquia Cristo da Vitoria de Coia .
--Organizado pola Asociación de Mulleres Dorna , a Asociación Cultural Rueiro e o Movemento Cidadán O Noso Barrio--
Esperamos a vosa asistencia.
V Xornadas sobre Violencia de Xénero do Concello de Ares e comprácenos enviarlle en adxunto o programa, por se é do seu interese ou se quere difundilo entre os seus contactos. As Xornadas terán lugar os días 7 e 8 de xuño de 2012 no Mosteiro de Santa Catalina de Monte Faro, de Ares.
Este ano nas xornadas abordaranse, entre outras cuestións, o traballo con mulleres vítimas e os seus fillos. Contaremos, ademais, co testimonio de mulleres que sufriron maltrato e que lograron superalo.
En canto ao prazo de inscrición (gratuita), abrirase o luns 21 de maio e pode facerse mediante mail á dirección: xornadas.ares@
En canto á localización das Xornadas, recomendamos acudir ao lugar pasando polo Concello de Ares, xa que estará correctamente sinalizado e membros de Protección Civil situaránse nos cruces para indicar o camiño se alguén ten problemas para chegar. Enviamos a continuación o enlace de situación do google earth:
http://maps.google.es/maps?f=
Para calquera cuestión ou dúbida quedamos a súa disposición.
Esperamos que o programa resulte do seu interese, e será para nós un verdadeiro pracer poder contar coa súa presenza.
Moitas grazas e un sáudo.
Raquel Rodríguez e Raquel Albela,
Coordinadoras das V Xornadas sobre a Violencia de Xénero do Concello de Ares
Empresa de Estudos Sociais de Galicia S.L. (EDESGA)
R/ Monte das Moas. Nº15; Elo. 4-5
CP: 15009. A Coruña
Teléfono fixo / Fax: 881.927.90
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


