OBRADOIROS DE FORMACIÓN PERMANENTE


OBRADOIROS DE FORMACIÓN PERMANENTE

PARA MEDIADORAS/ES

                      DÍA: Mércores 20 de xuño de 2012
                      HORA: 18:00 A 21:00
                      LUGAR: Centro Cívico do Casco Vello, r/ Oliva 12.
                      IMPARTIDO POR: Carmen Clavería Prada, psicóloga clínica, experta en violencia de xénero.

INSCRICIÓN:  
No 986 222 328, 670 453 431 ou no local da Rede; rúa oliva nº 12, 2º andar.

OBXECTIVOS:
Conquerir  que as mediadoras/es posúan os coñecementos necesarios para seguir desenvolvendo habilidades que lles permitan un desempeño máis operativo das  súas actividades e  mellorar o proceso de  contención  e  de comunicación psico-social coas mulleres maltratadas e co contorno.

TEMÁTICAS:
-   O compromiso das mediadoras/es na Asociación.
-   O protocolo de funcionamento.
-   A confidencialidade na intervención.
-   A Identidade persoal, de xénero e como Mediadoras.
-   A saúde emocional e social.
-   Mobilización de recursos internos e externos.
-   Aprendizaxe e concienciación das crenzas persoais.
-   Promoción de condutas saudables nas relacións grupais .

Р  No obradoiro implementaranse técnicas altamente mobilizantes que permitan unha aprendizaxe máis eficaz e que promovan actitudes de reflexión e de concienciación. Se se detectan procesos emerxentes,  poderán ser considerados como  temáticas a desenvolver noutro obradoiro, dentro do proceso de formación permanente.

AGARDÁMOSVOS.

OBRADOIRO CONSUMO RESPONSABLE E CONSTRUCCIÓN DE ALTERNATIVAS AO MODELO DE CONSUMO ACTUAL

http://www.amarantesetem.org/

A organización Amarante Setem convídavos a participar na seguinte actividade que se integra no programa de educación e sensibilización para o ecodesenvolvemento “Voces do Sur”, financiado pola Xunta de Galicia:


OBRADOIRO: CONSUMO RESPONSABLE E CONSTRUCCIÓN DE ALTERNATIVAS AO MODELO DE CONSUMO ACTUAL

Lugar: Centro Cívico Teis. Rúa Camiño Maceiras s/n. Vigo
Data: Luns 18 de xuño.
Horario: 16:30h-20:00h


Máis información e inscricións:

      O obradoiro é de balde pero é necesaria inscrición previa. Para máis información e inscricións podedes poñervos en contacto coa organización no teléfono 687980300 de luns a sábado a partires das 11:00h ou no correo electrónico vigo@amarantesetem.org indicando nome, teléfono de contacto e correo electrónico (recibiredes un correo de confirmación da inscrición).

Adxuntamos programa do obradoiro.

Animádevos a participar!

Un saúdo 

Marga Recondo
Consello Comarcal de Vigo
Amarante Setem

Información sobre cursos INEM (ADF) 2012

http://traballo.xunta.es/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/afd/afd2012-Pontevedra.pdf

Sanidade cancela o aborto libre e gratuíto para as estranxeiras "sen papeis"

http://nosotrasdecidimos.org/sanidad-cancela-el-aborto-libre-y-gratuito-para-extranjeras-sin-papeles/

ACTIVIDADES CASA DAS MULLERES

Desde a concellería de Igualdade lembramos que a
Casa das Mulleres(r/ Romil, 20) acollerá durante 
esta semana as seguintes actividades: 
 
.-Relatorio "Prevención do cancro de pel"
a cargo da médica Dª Marián Pereira.
Colabora Asociación ESpañola contra o cancro (AECC). 
Xoves, 14 de xuño, ás 19:00 h.
Xúntase cartel informativo. 
 
.-Exposición "Natureza Viva"
de Maribel Mouriño e Mila Estévez.
Pódese visitar ata o venres 15 de xuño,
en horario de 17:30 h a 21:30 h. 
 
A participación nestas actividades
é gratuíta e non require inscrición previa.
Aforo limitado. 

O debate sobre a custodia compartida volve planear sobre Galicia

http://praza.com/movementos-sociais/1149/o-debate-sobre-a-custodia-compartida-volve-planear-sobre-galicia/

Víctimas de violencia sexista queixanse do trato o presentar as denuncias

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2012/06/12/victimas-violencia-sexista-quejan-trato-presentar-denuncias/0003_201206G12P27991.htm

MEDIADORAS EN VIOLENCIA DE XÉNERO

Queremos animar ás nosas compañeiras de Euskadi, pola súa iniciativa, recoñecendo tamén a todas as persoas que fixeron e fan posible que a rede de mulleres de vigo leve realizando esa función dende fai máis de 15 anos. Dende aquí queremos agradecer a todas as mulleres e homes que quixeron e queren formar parte da asociación.

http://igualdad.facilisimo.com/foros/violencia-de-genero/mediadoras-para-mujeres-maltratadas_744889.html

XORNADAS: IDENTIDADES E TRÁNSITOS


XORNADAS: IDENTIDADES E TRÁNSITOS [Fracturas e subversións do sistema sexo-xénero]

«A identidade é un punto de chegada, non un punto de partida. É algo ao que chegamos e algo que construímos. A identidade é unha ficción».- Silvia Tubert.

Mércores 13 de xuño (Casa das Mulleres rúa Romil núm. 20 Vigo)
18.00 h:  «Venus fo Mars» (2003)  de Emily Goldberg.
19.45 h: «Vindicacións e potencia da revolta trans» por Laura Bugalho.
Laura Bugalho é sindicalista e activista transfeminista, fundadora e integrante do grupo activista Transgaliza.
  
Xoves 14 de xuño (Casa das Mulleres rúa Romil núm. 20 Vigo).
18.00 h: Obradoiro «Feminismos, lesbianismos e identidades» a cargo de Mai Cambeiro e María Martos.

Luns 18 de xuño (Casa das Mulleres rúa Romil núm. 20 Vigo)
18.00 h:«Mi aventura intersexual (Orchids. My intersex adventure)» (2010) de Phoebe Hart.
19.15 h:«Fisuras do heteropatriarcado» por Emma Casal e Mar F. Cendón. 

 Organiza: Mar F. Cendón co apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

Detido un home en Nigrán por ameazar a súa exparella tras colarse na súa casa pola ventá

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2012/06/11/detenido-hombre-nigran-amenazar-expareja-tras-colarse-casa-ventana/00031339403305903301387.htm