EXENCIÓN LIXO VIVENDAS 2013
EXENCIÓN TAXA LIXO DE
VIVENDAS 2013
PRAZO DE PRESENTACIÓN:
1 DE OUTUBRO AO 31 DE DECEMBRO / 2012
PRESENTACIÓN: No
negociado de Lixo Vivendas ou nas Oficinas de Benestar Social
Nas oficinas facilítase
información e axuda coas solicitudes
SOLICITUDES:
TEÑEN
QUE ESTAR ASINADAS POR TODOS OS MAIORES DE 18 ANOS
Impresión
dende a PÁXINA WEB DO CONCELLO: www.vigo.org
Pódese imprimir a solicitude en
branco ou ben con todos os datos
EN: Impresos
Tributos / Facenda: taxas, impostos
Exencións e bonificacións / Exención Taxa Lixo
Vivendas
Solicitude de exención (descarga)
INGRESOS POR PERSOA POR DEBAIXO DOS CALES SE TEN
DEREITO: (*)
- Xeral ........................................... 3.752 euros ingreso bruto anual por persona
- Familias monoparentais.............. 5.211 euros “ “ “ “
- Familias numerosas.................... 5.861 euros “ “ “ “
- Persoas que vivan sóas .............. 6.821 euros “ “ “ “
- Persoas maiores de 65 anos........ 7.504 euros “ “ “ “
- Maiores de 65 anos vivindo sós. 10.720 euros “ “ “ “
- CONTACTO:
Teléfonos Lixo Vivendas: 986-810173 / 986-810198Correo electrónico: ofi.lixo@vigo.org
FORMACIÓN PARA A BUSCA DE EMPREGO
OBXECTIVOS:
A FORMACIÓN
LEVARASE A CABO A TRAVÉS DOS SEGUINTES CURSOS:
1.- CURSO BÁSICO
PARA A BUSCA DE EMPREGO
PROGRAMA:
Módulo 1.- Acceso ó emprego.
-
Coñecementos do mercado laboral
-
Métodos de procura de emprego.
-
As ferramentas: A carta de presentación, O curriculum efectivo.
-
Superar os procesos de selección.
Módulo 2.- O que debemos saber cando
iniciamos unha relación laboral.
- Dereitos laborais
- Nóminas
- Traballo en equipo
-
Políticas
de igualdade e medidas de acción positiva.
Módulo
3.-
1.- AUTOESTIMA
2.- XÉNERO
As
mulleres temos especiais dificultades á hora de atopar traballo? ¿A qué se debe
isto?
Contidos:
1.
Sistema
Sexo-xénero, Proceso de Socialización, Roles e estereotipos asignados a homes e
mulleres.
2.
Evidencias
das discriminacións no mercado laboral: segregación vertical, horizontal, teito
de cristal...
CALENDARIO
DATAS: do
8/10/2012 ata o 26/10/2012.
HORARIO: 10.00 –
13.30 de luns a venres.
2.- CURSOS AVANZADOS NA BUSCA DE EMPREGO A
TRAVÉS DA WEB 2.0 (REDES SOCIAIS)
Obxectivos do
curso:
Cada alumna aprenderá
a:
ü Mostrarse como a
candidata ideal para o posto.
ü Manexar as
ferramentas e aplicacións da web 2.0 existentes para a procura de emprego.
ü Deseñar e xestionar
a súa marca persoal en Facebook, Twitter, LinkedIn e outras redes
sociais.
ü Planificar as estratexias
necesarias a desenvolver para ter éxito nelas.
ü Coidar adecuadamente
a súa identidade dixital.
ü Realizar networking efectivo
para a procura de emprego.
ü Monitorizar a
súa reputación online.
ü Prepararse para unha
entrevista de traballo
PROGRAMA:
Modulo 1.
Saber venderse
Fixando
Obxectivos. O noso Proxecto Profesional
O
autocoñecemento. ¿Como son?.
Módulo 2.
A identidade dixital e a
reputación online
A marca persoal
Módulo 3. Un Currículo Vitae 2.0 efectivo. O
videocurriculum
Módulo 4. Portais 2.0 para a
procura de emprego
Módulo 5. Redes sociais
xeneralistas enfocadas á procura de emprego: Twitter, Facebook, Tuenti, Google
+, Multimedia Sharing.
Módulo 6. Redes sociais profesionais para a procura de emprego:Linkedin, Xing, Video, Redes profesionais de sectores específicos.
Módulo 7. Ferramentas para a
xestión integrada de redes sociais e monitorización da identidade dixital
Módulo 8. A entrevista de
traballo.
CALENDARIO
DATAS: do
29/10/2012 ata o 9 /11/2012
HORARIO: 10.00 –
13.30 de Luns a venres.
3.- METODOLOXÍA DOS CURSOS
Activa e
participativa coa utilización de medios audiovisuais e actividades prácticas de
reflexión e debate.
4.- EQUIPO DOCENTE
Persoal técnico con experiencia en xénero e orientación laboral.
Responsable: Eva Ventín Lorenzo – Diplomada en
relacións laborais
Tel. de
inscrición e información 986 22 23 28 –
670 453 431
redemediadorasvigo@hotmail.com
*podedes
solicitar canguro para a realización do curso de forma gratuita
XIX Encontro da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres en España
Os días 4 e 5 de outubro, o Centro de Documentación e Recursos Feministas, dependente da concellería de Igualdade de Vigo, acolle o XIX Encontro da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres en España
O Encontro inclúe un programa interno, dirixido só as integrantes dos 14 centros da Rede que confirmaron a súa asistencia, e un programa público, aberto a todas as persoas interesadas que desexen asistir.
O programa público será a tarde do xoves, 5 de outubro, de 17.00 a 20,30 h na Casa Galega da Cultura. Durante esta xornada contaremos cos seguintes relatorios: (o programa tamén se pode consultar no arquivo adxunto)
O Encontro inclúe un programa interno, dirixido só as integrantes dos 14 centros da Rede que confirmaron a súa asistencia, e un programa público, aberto a todas as persoas interesadas que desexen asistir.
O programa público será a tarde do xoves, 5 de outubro, de 17.00 a 20,30 h na Casa Galega da Cultura. Durante esta xornada contaremos cos seguintes relatorios: (o programa tamén se pode consultar no arquivo adxunto)
XOVES 4 DE OUTUBRO17:00 h. Presentación da "Red de Centros de Documentación en Derechos de las Mujeres de Centroamérica".Eida Martínez Rocha. Centro de Investigación e Estudos das Mulleres da Universidade de Costa Rica e representante da Rede Centroamericana.Silvia Fernández Viguera. Centro de Documentación e Biblioteca de Mulleres de IPES Elkartea (Pamplona) e promotora da Rede Centroamericana.18:00 h. Presentación da Biblioteca da "Comissão para a Cidadania e Igualdade de Género" (Portugal).Maria José Geraldes. Técnica e representante da Comissão para a Cidadania e Igualdade de Género19:30 h. Recuperación da documentación e memoria do movemento feminista organizado en Galicia.Carmen Pérez Pais. Integrante da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. Universidade da Coruña.Mariam Mariño Costales. Técnica da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega.
BREVE RESEÑA SOBRE A REDE DE CENTROS DE DOCUMENTACIÓN E BIBLIOTECAS DE MULLERES:
A "RED DE CENTROS DE DOCUMENTACIÓN Y BIBLIOTECAS DE MUJERES" foi creada en 1994 e na actualidade esta formada por máis de 40 centros que teñen en común a temática dos seus fondos e o feito de estar ubicados en territorio español. Polo demais, a "Rede" é un conxunto moi heteroxeneo que non depende de ningún organismo administrativo concreto e que está baseado no desexo de cooperar e aunar esforzos dentro do marco informativo para o que foron creados. A dependencia dos Centros que integran a Rede é moi variada:1. Centros que dependen de Organismos para a igualdade dos poderes públicos ( Instituto de la Mujer, Emakunde/Instituto Vasco de la Mujer, Institut Catalá de les Dones ...)2. Centros dependentes da Administración local, (Concello de Vigo, Barcelona, Telde...).3. Centros dependentes de Universidades (Universidade de Barcelona, de Granada, de Madrid...).4. Centros dependentes de asociacións de mulleres vinculadas ao movemento feminista, (Centro de Documentación y Estudios de la Mujer de Bilbao, Rosa Chacel de Valladolid, IPES Elkartea de Pamplona).
O encontro anual que a Rede ven celebrando dende a súa creación reúne a profesionais de todos estes centros e contribúe a definir as liñas de actuación da Rede.
Dende 1994 son 18 Encontros os que se levan celebrando.
CONCENTRACIÓN
A Rede convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 27
de setembro de 2012 ás 20h. diante do Museo de Arte Comteporánea (MARCO) .
A Rede vai estar unha vez máis na rúa denunciando os maltratos e os
asasinatos de mulleres. Mulleres novas, mulleres de calquera idade. Este ano
non é diferente, é peor, estamos cada día máis preocupadas pola indiferencia da
mayoría da cidadanía que cada día lle da a espalda a esta sin razón, a este
problema social que non ve a luz.
Precísase o compromiso de todas e todos, para que avanzemos e rexeitemos
estes comportamentos violentos que tanta dor producen a tantas persoas,
especialmente ás mulleres e ós fillos e fillas que o padecen.
Dende a Rede pedímosvos que nos acompañedes neste acto de denuncia, xoves
día 27.
As victimas merecen, cando menos a denuncia pública.
RISOTERAPIA PARA MULLERES
CURSO DE RISOTERAPIA
LUGAR: OPORTO, 1
HORARIO: 17.30 - 20.30
DATAS: OS VENRES DENDE O 28 DE SETEMBRO Ó 7 DE DECEMBRO
MÁIS INFO: 670 453 431 // 986 22 23 28
FUNDACIÓN EOMAIA
http://www.fundacioneomaia.org/gz/
Mellora o teu benestar no Centro Eomaia en Vigo
Fai unha consulta de homeopatía, osteopatía biodinámica, acupuntura ou fisioterapia ou participa nunha actividade de arteterapia, meditación ou pilates no Centro Eomaia en Vigo.
Necesitas máis apoio durante e/ou despois do embarazo?
As nosas doulas e comadroas ofrécenche unha experiencia personalizada, que che permita ter un parto ao teu gusto e con moito mais coidado durante os meses seguintes. Ademais, descobre actividades como o canto prenatal ou participa nos nosos grupos de postparto e masaxe infantil.
Mellora o teu benestar no Centro Eomaia en Vigo
Fai unha consulta de homeopatía, osteopatía biodinámica, acupuntura ou fisioterapia ou participa nunha actividade de arteterapia, meditación ou pilates no Centro Eomaia en Vigo.
Necesitas máis apoio durante e/ou despois do embarazo?
As nosas doulas e comadroas ofrécenche unha experiencia personalizada, que che permita ter un parto ao teu gusto e con moito mais coidado durante os meses seguintes. Ademais, descobre actividades como o canto prenatal ou participa nos nosos grupos de postparto e masaxe infantil.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




