A Garda Civil deten a un home por agredir a súa muller e ós seus sogros, e incendiala vivenda en Sada

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/03/31/guardia-civil-detiene-hombre-agredir/996152.html

Prestacións periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero

Normativa:

Resolución do 27 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.(DOG nº 61 do 28/03/2014)

Obxecto:

Proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero, mediante prestacións económicas individuais e de carácter periódico, que lles garantan unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor e lles posibiliten dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.

Beneficiarias:

Mulleres que, acreditando unha situación de convivencia que as poña en risco de sufrir violencia de xénero, se atopen nunha situación que lles impida afrontar o seu futuro dun xeito autónomo e independente do seu agresor e que dispoñan dalgún dos documentos acreditativos desta situación de violencia adoptado ou emitido no período dos doce meses anteriores á data da solicitude sempre que nese momento se producise o cesamento da convivencia.

Requisitos:

  • Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia.
  • Ter cesado a convivencia co agresor dentro dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Estar empadroada e residir en Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
  • Percibir uns ingresos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente.
  • Non ter percibido esta axuda ou a axuda establecida no artigo 27º da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero con anterioridade.

    Natureza e contía das prestacións:

    A contía da axuda establécese en función das rendas e ingresos da  solicitante en relación co IPREM para o ano 2013, de acordo coas seguintes especificacións:


    Ingresos   ≤  ao IPREMIngresos  > ao IPREM e ≤  a 1,5 veces o IPREM
    a) Con carácter xeral600 euros/mes300 euros/mes
    b) Con unha/un filla/o menor a cargo ou cando a vítima teña unha discapacidade ≥ 33%:650 euros/mes.350 euros/mes.
    c) Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33%700 euros/mes400 euros/mes.
    d) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo700 euros/mes.400 euros/mes.
    e) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33%800 euros/mes.500 euros/mes.
    f) Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia800 euros/mes.500 euros/mes.
    As beneficiarias quedarán incorporadas aos programas de formación, busca activa e mellora do emprego que determine a Secretaría Xeral da Igualdade en colaboración con outras administracións ou entidades.

      Incompatibilidades:

      Coa percepción de calquera outra establecida tanto polas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, como por calquera entidade privada destinadas ao mesmo fin.
      Cando as solicitantes teñan solicitada ou perciban a RAI por vítima de violencia, farán constar expresamente esta circunstancia na declaración de axudas xunto coa solicitude, e nos casos que a soliciten con posterioridade deberán comunicalo de xeito inmediato. O órgano xestor daralles opción para que no prazo de 5 días manifeste a súa opción, indicándolles que as mensualidades coincidentes no período de percepción de ambas as dúas axudas minoran no mesmo número de meses a axuda regulada nesta disposición.
      Así mesmo, deberase ter en conta que as normas reguladoras das axudas como a RISGA, PNCs e aqueloutros subsidios percibidos por carencia de recursos teñen límites distintos aos establecidos para esta axuda polo que a concesión da mesma deberase comunicar aos organismos responsables da xestión das axudas que estiveran a percibir.

      Documentación:

      • Solicitude e anexos
      • Documentación que xustifique os ingresos declarados no punto 1 do anexo I, de ser o caso (nómina, recibo ou resolución de calquera tipo de prestación ou subsidio...)
      • Certificación da conta bancaria da que a solicitante é titular única ou compartida con persoa distinta do agresor.
      • Acreditación da situación de violencia derivada de convivencia con algún dos documentos seguintes:
        • Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada polo/a secretario/a xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
        • Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero.
        • Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública, autonómica ou local no cal se recolla a dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.
        • Informe dos servizos de acollida no cal se recolla a dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.
        • Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos ditos indicios.
      • Acreditación da discapacidade co certificado correspondente, de ser o caso.
      • Acreditación de fillas/os a cargo a través do libro de familia e o informe de servizos sociais ou sentenza xudicial de custodia, de ser o caso.
      • No caso de solicitantes estranxeiras, copia cotexada da tarxeta de residencia.
      • Declaración de axudas públicas solicitadas ou concedidas (anexo III)

      Lugar de presentación:

      Prazo de presentación:

      O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación DOG e rematará o 31 de outubro de 2014.

      Por qué é necesaria a cota de mulleres nos órganos de dirección

      http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/03/25/actualidad/1395782548_941625.html



      Detido en Ourense por suposto maltrato ó cativo da súa parella sentimental

      http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/03/26/detenido-ourense-supuesto-maltrato-bebe/992926.html

      Prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán-2014

      Normativa

      Orde do 17 de marzo de 2014 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán-2014 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 59 do 26/03/2014)
      http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140326/AnuncioCA05-190314-0001_gl.pdf
      Obxecto:

      Facilitarlle á mocidade galega a participación en actividades de tempo libre a través da oferta dun plan xeral de actividades que se desenvolverán tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración, durante os meses de xullo e agosto.
      Participantes:

      Mozos e mozas nados no ano sinalado no anexo I para cada actividade. En canto á idade mínima e máxima para participar deberase ter en conta o seguinte:
      Os/as nacidos/as no ano 1996 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento.
      Os/as nacidos/as no ano 2005 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.
      Persoas con discapacidade.
      As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % e inferior ao 65 % poderán participar nesta convocatoria sempre que:
      Teñan capacidade de integración nun grupo.
      As súas limitacións e/ou necesidades especiais deben permitirlles manexarse nas instalacións do campamento que elixan e participar e beneficiarse das actividades que nel se van desenvolver (as características das instalacións de cada destino e as actividades dos distintos campamentos e quendas poderanse consultar tamén na páxina web de xuventude (www.xuventude.net).
      Servizos ofertados

      Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
      Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
      Manutención en réxime de pensión completa.
      O material necesario para a actividade.
      Persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
      Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
      Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
      Documentación:

      A solicitude pode ser individual ou múltiple (no suposto de grupos de ata catro irmáns). A solicitude múltiple só se poderá empregar para o suposto de solicitude de irmáns que vaian á mesma instalación e quenda. No momento da adxudicación da praza desde a lista de agarda xa se teñen en conta como individuais.
      Cada persoa interesada só poderá cubrir unha solicitude e un máximo de cinco quendas ou actividades por solicitude (cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I da orde de convocatoria).
      Procedemento xeral:Solicitude individual (anexo II) / Solicitude múltiple (anexo III)
      Procedemento das prazas reservadas para inclusión (exclusivamente para os campamentos e quendas que se inclúen no anexo I B): Solicitude individual (anexo IV) / Solicitude múltiple (anexo V)
      As persoas solicitantes con discapacidade deben optar por unha destas dúas vías, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os procedementos.

      Lugar de presentación:

      Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
      Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
      Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.
      Vía telemática: http://www.xunta.es/presentacion-electronica-da-xunta-de-galicia
      Prazo de solicitude:

      15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da Orde: ata o 10 de abril de 2014.
      Os/as participantes seleccionados/as deberán presentar no prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ao da realización do sorteo:
      Xustificación de pagamento
      Fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.
      Fotocopia de documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.
      Cuestionario médico-sanitario (anexo IV)
      Declaración responsable de que sabe nadar.
      De ser o caso, fotocopia compulsada do Título de Familia Numerosa, e do Carné Xove . Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa terán un desconto do 50% sobre os prezos, e os do Carné Xove terán un desconto do 25%.
      Máis información:

      Rede galega de información xuvenil

      Xuventude.net