Pederasta que abusa das súas fillas en Redondela non ingresará en prisión
Indignación absoluta: A Audiencia Provincial de Pontevedra suspendeu a execución da pena a cambio da promesa de non volver a delinquir, unha indemnización de 3000 € e a retirada da patria potestade. Inicialmente pedíanse 12 anos de prisión pero reducíronse a 2 anos por que confesou e axudou a aclaralos feitos. A súa muller ten unha orde de búsqueda e captura por que presenciou os feitos. www.farodevigo.es: pai abusa das súas fillas e se libra do cárcere
Que non te enganen! O feminismo non é ideoloxía de xénero
Isto é o que están a repartir á salida dos colexios e institutos para fomentar o odio e confundir ós rapaces e ás rapazas. Estamos totalmente en contra dos que pretenden manipular e terxiversar o movemento feminista con este tipo de publicidade.
Atopan o cadáver dunha muller con cortes no pescozo
Atopan en Sevilla o cadáver espido e con cortes no pescozo dunha muller. A Garda Civil detivo ao vecino que atopou o corpo e acusou a outras dúas persoas.www.farodevigo.es: atopan en Sevilla o cadáver dunha muller
Comeza o xuízo polo asasinato da peregrina estadounidense
Oito mulleres e un home forman o tribunal do xurado no asasinato da peregrina estadounidense. A Fiscalía pide 25 anos para Miguel Ángel Muñoz por asasinato e roubo. galego.farodevigo.es:formación do xurado do asasinato da peregrina Denise
Presunto parricidio en Motril
Detido pola morte da súa nai de 91 anos en Motril, Granada. Un familiar atopouno sentado nunha cadeira contemplándoa. galego.farodevigo.es: detido pola morte da súa nai
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





