Dous novos episodios de violencia machista o pasado fin de semana en Sevilla e en Salou.
O pasado sábado en Sevilla, unha nai foi asasinada e a súa filla ferida, tras recibir varias puñaladas cun arma branca durante unha discusión coa parella da primeira, que posteriormente deuse á fuga.
Un día despois, o domingo, o corpo dunha muller foi atopado no interior dun turismo en Salou despois de que a súa parella acudira á comisaría a confesar os feitos tras cometer o crime.
Con estes dous novos casos, son xa 31 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas no que levamos de ano.
http://www.elconfidencial.com/ultima-hora-en-vivo/2017-06-25/31-mujeres-asesinadas-por-crimen-machista-en-espana-en-lo-que-va-de-ano_1252563/

Declara en Verín o marido que asasinou a súa muller no hospital en 2015
A Garda Civil xa sospeitaba do marido tralo ataque ca vítima sufriu na súa casa; aínda así, considerouse precipitado arrestalo ou restrinxir as súas visitas ao hospital.
galego.farodevigo.es/sucesos: declara o marido que asasinou a súa muller en Verín

A policía volve deter ao "violador do ascensor" por catro agresións
http://politica.elpais.com/politica/2017/06/15/actualidad/1497517065_441941.html
Este pasado mércores, a policía detiña en Segovia a Pedro Luís Gallego, máis coñecido como o violador do ascensor, imputándoselle dúas agresións sexuais consumadas e outras dúas en grao de tentativa.
A liberación de Gallego grazas á derrogación da doutrina Parot e tralo informe favorable da fiscalía, xerou gran inquietude social xa que con dous asasinatos e 18 agresións sexuais ás súas costas o risco de que a inserción social fracasase era moi alto, como se acabou demostrando.
O do violador do ascensor non é o primeiro caso de excarcelado pola derrogación da doutrina Parot que volve a reincidir: en 2014 foi arrestado en Galicia Félix Vidal Anido, o violador do estilete, por un delito de agresión sexual en grao de tentativa e en outubro do mesmo ano, Pablo García Ribado, coñecido como o violador do portal, foi arrestado por abusos sexuais en Guadalajara.

En Granada unha muller foi asasinada pola súa parella
En Granada, unha muller foi asasinada pola súa parella; disparouna en presencia do fillo da vítima. O home entregouse despois a Garda Civil, non había denuncias previas por malos tratos.
galego.farodevigo.es/sucesos: asasinato machista en Granada

Suscribirse a:
Entradas (Atom)