tag:blogger.com,1999:blog-686510421627744742.post7776033815930745144..comments2024-03-11T14:53:29.537+01:00Comments on Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos: Concentración contra a violencia de xénero!!!!Vigo (Pontevedra)http://www.blogger.com/profile/05379306071787067705noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-686510421627744742.post-69871103264398078382014-07-30T12:42:18.399+02:002014-07-30T12:42:18.399+02:00Dende a Rede condenamos o crime ocurrido onte en P...Dende a Rede condenamos o crime ocurrido onte en Pazos de Borbén, condenamos tanto a crueldade do asasinato, como os apuntamentos que se están a facer do caso, alegando que foi un ataque de ciumes. Os asasinatos das mulleres son por pura supremacía machista, non se deben a ataques de ciumes, nin a outra causa que non sexa o intento de doblegar ás mulleres, exercendo o maior control posible nas súa vida, e decidindo a súa morte.
Realizaremos a nosa concentración mensual o vindeiro xoves día 31 de xullo ás 20:00h na Rúa Príncipe, diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO), como mostra de repulsa da violencia machista en todas as súas manifestacións, e tendo moi presente o último asesinato ocurrido na nosa provincia.
Seguimos a denunciar o asasinato das mulleres, que no que vai de ano xa son 45. Leerase o comunicado en mostra de solidariedade coas mulleres que sofren a máis despiadada manifestación do machismo, a violencia de xénero.

Agardamos contar con todas e todos vós, para que se escoite a voz de todos os sectores sociais contra a lacra intolerable da violencia contra as mulleres.

Agradecemos a súa difusión e asistencia.
rede mediadorashttps://www.blogger.com/profile/07934765848402105223noreply@blogger.com