A través do cine

Bo día,
queremos convidar a todas as persoas que queiran colaborar no videofórum que a Rede realiza todos os meses no centro de documentación e recursos feministas de vigo, na biblioteca central do casco vello.
queremos ofrecer a oportunidade de que cada unha e cada un de vós, ou a través dos vosos colectivos e asociacións, poidades presentar un película que trate sobre algún tema relacionado coas mulleres. e poder poder proxectala na biblioteca.
en breves vos chegarán as nosas propostas que poderedes ampliar ou cambiar para facer a vosa proposta.

unha aperta!

Detido un home por matar a súa muller tirándoa polo balcón en Hospitalet

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2012/06/08/detenido-hombre-matar-mujer-tirandola-balcon-hospitalet/00031339142397398223893.htm

PROGRAMA ORGULLO LGTB VIGO 2012



PROGRAMA ORGULLO LGTB VIGO 2012:
(adxuntase cartaz e programa, difundide!!)

Mércores 20:

17.30_Presentación prensa Actos Orgullo LGTB 2012
18.00_Proxección curtos "Educar na Diversidade"__ata o día 27, con pases ás 18, 19 e 20h
Lugar: Casa da Muller

Venres 22:

20.30_Quedada e cea__Vémonos na Praza da Constitución, cear xuntas e comezar a festa :) (confirma asistencia por mail!)
00.30_Festa Diversa__música divertida, sorteos entre as e os asistentes, agasallos, bo ambiente....na sala MOGAMBO (Churruca, 12), entrada solidaria 2€ con sorteo incluido.

Sábado 23:

18.00_MANIFESTACIÓN baixo o lema "Matrimonio Igualitario. Igualdade sen recortes"__Sairemos do cruce de Colón con Urzaiz ata a Praza da Constitución__Trae a túa bandeira e coloreemos o centro de Vigo!!
19.00_Festa "Tortillera"__Despois da mani, na Praza da Consitución, disfruta dunha boa tapa de tortilla, con boa música e compañía!

Martes 26: 

16h_Obradoiro Danza-Clown__a través da risa, da música e dos nosos corpos, o pasaremos en grande, soltaremos tensións e aprenderemos a coñecernos mellor rindonos máis e máis! No Centro Social LUME! (rúa Ruiseñor, 16, preto do peonil do Calvario), inscríbete por correo.

Xoves 28:

18.00_Palestra: "A LGTBfobia na Galiza e no mundo. Perpectiva actual." 
           Antonio Alonso_Coordinador Amnistia Internacional, Vigo
           Laura Guisantes_militante Briga.


Con isto rematan as nosas accións, pero ademáis participaremos en....
-Video-forum "El celuloide oculto"_xoves 17 ás 18 no Centro de Recursos Feministas (Biblioteca Central) organizado pola Rede Veciñal de mulleres contra os malos tratos.
-Palestra nas xornadas "Que hai de novo nos feminismos?"_venres 22, dende ás 17h, organizada por Emma Casal da Universidade de Vigo.
-Club de Lectura CRF "A semellanza" de María Xosé Queizan_martes 27 ás 18h, no Centro de Recursos Feministas (Biblioteca Central), organizado polo CRF e Implicadas no Desenvolvemento.
-Palestra nas xornadas organizadas polo Centro Social "O Fresco"_29 ou 30 de xuño, no propio Centro social en Ponteareas.


--
Asociación Nós Mesmas_Vigo
627736965