"Se non queres que che baixen os pantalóns, non te fagas modelo!"

As polémicas declaracións do deseñador Karl Lagerfeld que calificou ás modelos de "estúpidas", "tóxicas" e "criaturas sórdidas", e apuntaba sobre o movemento #MeToo que "O que máis me impacta de todo isto son as estrelas que tardaron 20 anos en lembrar o que sucedeu. Por non mencionar o feito de que non hai testemuñas de cargo" supón de novo a culpabilización das mulleres en actos sexistas. Desvalorizar unha vez máis tanto o corpo das mulleres e a súa libre elección de mostrar o que queiran así como de xulgar as agresións sufridas en diversas ocasións e que marcaron a industria da moda e o cinema.
https://www.infobae.com/america/entretenimiento/2018/04/19/karl-lagerfeld-si-no-quieres-que-te-bajen-los-pantalones-no-te-hagas-modelo/