Detido un veciño de A Pobra que ameazou cunha machada a súa parella na rúa

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2014/04/06/detenido-vecino-pobra-amenazo-hacha-pareja-calle/00031396794465855290627.htm

A policía detén a un octoxenario por apuñalar a súa esposa en Alicante

http://www.levante-emv.com/sucesos/2014/04/07/policia-detiene-octogenario-apunalar-esposa/1098427.html

Cursos Concellería de Igualdade

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa as Mulleres.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás persoas empadroadas en Vigo.
Inscrición previa desde o día 4 de abril e ata cubrir prazas, na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30 h, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 horas.
Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20.

Obradoiro: “ XÉNERO E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES. ANÁLISE DOS FACTORES QUE INTERVEÑEN NA DESIGUALDADE”

Dirixido a mulleres e homes maiores de 18 anos
.
Obxectivo: visibilizar e identificar dun xeito práctico as desigualdades de xénero existentes nos distintos ámbitos e esferas das nosas vidas e reflexionar sobre as repercusións e consecuencias que estas diferenzas teñen na vida de mulleres e homes.
Datas: mércores 23 e venres 25 de abril
O desenvolvemento do programa constará de 6 horas en total, distribuídas en 2 sesiones de 3 horas de duración cada unha.
Horario: 18:00 a 21:00 h.

Obradoiro: “ PAUTAS PARA EXERCITAR E MELLORAR A AUTOESTIMA”
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivo: favorecer distintas pautas, hábitos e desenvolvemento de habilidades que favorezan a mellora da autoestima das mulleres.
Datas:
 os mércores desde 0 23 de abril ata o 4 de xuño
O desenvolvemento do programa constará de 21 horas, distribuídas en 7 sesiones de 3 horas de duración cada unha.
Horario: 17:30 a 20:30 h.
Agradecemos a difusión desta información entre as vosas amizades

-- 
Concellería de Igualdade 
Concello de Vigo 
Tlf. 986 810 284 
Fax.986 430 082 
www.igualdadevigo.org