Un home asfixia a súa exparella e logo se quita a vida en Mallorca

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/06/09/actualidad/1402331978_004221.html

Condeado a seis meses de cárcere por acosar a súa excompañeira de traballo

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2014/06/10/condenado-seis-meses-prision-acosar/1039458.html

Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI)

Normativa

O Centro configúrase coma unha unidade adscrita á Secretaría Xeral da Igualdade con competencias en materia de atención integral ás vítimas de violencia de xénero e ás persoas delas dependentes, especialmente aos seus fillos e fillas menores.

Finalidade

O Centro de Recuperación Integral ten por finalidade desenvolver un modelo de atención integral para as mulleres vítimas de violencia de xénero, baseado nun sistema coordinado de servizos, recursos e medidas de carácter social, laboral e económico, que permita evitar duplicidades e racionalizar a xestión.
Actuará como centro de referencia e coordinador da rede galega de acollemento; como centro tramitador das derivacións de vítimas de violencia de xénero fóra de Galicia e receptor das que cheguen á nosa comunidade derivadas desde outras partes do Estado; como centro de formación na loita contra a violencia de xénero, tanto para profesionais, como para o voluntariado e a cidadanía en xeral; como centro colaborador co Punto de coordinación das ordes de protección de Galicia; e como centro impulsor da creación de grupos de autoaxuda, intervención e coñecemento entre mulleres que teñan sufrido, vivido e superado situacións de violencia de xénero.
A actuación do centro rexerase polos principios de voluntariedade, confidencialidade e non interferencia.

Estrutura

O Centro estará integrado por un equipo multidisciplinar e especializado, conformado por unha estrutura básica para dar cobertura á asistencia integral que as vítimas de violencia de xénero demandan nas diferentes áreas de intervención, psicolóxica, xurídica e social. Este equipo multidisciplinar actuará baixo a dependencia da directora do centro.

Persoas usuarias

  1. Mulleres vítimas de violencia de xénero que teñan acreditada tal situación nos termos establecidos no artigo 5 da Lei galega 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  2. Persoas dependentes ou ao cargo destas mulleres, facendo unha especial mención ás súas fillas e fillos menores de idade.

Acceso

1. Mediante procedementos protocolizados de derivación a través de:
  1. Centros que compoñen a rede galega de información ás mulleres.
  2. Centros da rede galega de acollemento.
  3. Servizos sociais comunitarios e especializados da nosa comunidade autónoma.
  4. Centros de servizos sociais das diferentes comunidades autónomas.
2. Con carácter excepcional, por petición da muller vítima de violencia de xénero ou das súas fillas e fillos.