Novo Obradoiro de Autoestima


- Identidade Feminina e Mensaxes de Xénero.
- Autocoñecemento e Autoestima: Claves para o desenvolvemento.
- Autoaceptación: Valoración das nosas experiencias.
- Autoafirmación: Creenzas, deberes, valores e principios a revisión.
- A comunicación e as relacións: pérdidas, relacións filiais, relacións de parella. Aprender onde por os límites.
- Obstáculos para o cambio persoal: a culpa e os sentimentos.
- Saúde e vida cotiá: Autocoidado, sexualidade, traballo, imaxe corporal, coidar a outros, tempo e espazo persoal, amizade.

CONCENTRACIÓN 25 DE ABRIL ÁS 20:00 DIANTE DO MARCO

25 de abril 20:00 CONCENTRACIÓN DIANTE DO MARCO.

24 FEMINICIDIOS EN 2019

A Rede de Mulleres convoca para mañá, cómo cada último xoves de mes, unha concentración diante do museo de Arte Contemporánea (MARCO) unha concentración en repulsa da violencia machista en todas a súas manifestacións.

Seguimos a denunciar a violencia, os asasinatos das mulleres polo mero feito de selo, a falta de igualdade efectiva que logre unha vida libre de violencias. Porque desde a Rede defendemos o dereito a vivir en paz, soamente en case catro meses 24 mulleres foron asasinadas pola violencia machista. A sociedade no seu conxunto ten que reaccionar ante esta barbarie.

Leremos un comunicadi en mostra da nosa solidaridade coas mulleres e de denuncia da situación actual.

AGARDAMOS CONTAR UNHA VEZ MÁIS CON TODAS E TODOS, AGRADECENDO A DIFUSIÓN E A VOSA ASISTENCIA.


Aumento do número de dispositivos telemáticos de seguimento

O número de dispositivos telemáticos de seguimento aumenta en Vigo e provincia, pasando dos 69 que había en 2018 a 79. Estes dispositivos GPS controla a ubicación de vítima e agresor e só se establece por decisión xudicial nos casos máis graves. Moitas veces nos casos de quebrantamento da orde de protección, levar este dispositivo era aceptado polo acusado para evitar o ingreso en prisión, e nos casos de ingreso en prisión lles é colocada a pulseira cando teñen un permiso.

Esta medida de seguridad consiste nun pulseira e un dispositivo GPS que é colocada ao maltratador e outro dispositivo receptor que se lle entrega a vítima, xestionados polo centro COMETA (Centro de Control de Medidas de Afastamento), encargado do control da localización de vítima e agresor. Cando o agresor achégase ao radio imposto pola orde de afastamento (xa sexa un punto fixo coma o seu domicilio ou a onde se atope nese momento) recíbese o aviso e comunícallo á policía, xulgado e a propia vítima.



O gran de problema destes dispositivos, recoñecido pola propia Fiscalía de Pontevedra, é que son frecuentes os seu fallos, cando perden a conexión, se intentan manipular ou non teñen batería salta tamén a alarma polo que as vítimas ato´panse nun permanente estado de alerta que lles produce ansiedade, inseguridade  e revitimización.

Polo tanto, unha medida de protección que tería que garantizar a seguridade das vítimas da violencia de xénero convírtese, polos seus fallos técnicos, nunha medida de pode dificultar o seu proceso de recuperación ao xenerar un estado psicolóxico de alerta constante.



Por outra banda queremos salientar, vendo os datos aportados pola noticia publicada onte, que resulta preocupante que a pesar do aumento do número de dispositivos de seguimento e o aumento do número de casos abertos por violencia machista a cifra de ordes de protección impostas polo xulgado de violencia de Vigo fose de 165 o pasado ano, a cifra máis baixa desde 2012. Isto nos leva a concluir que só se está atender a protección das vítimas cando o seu perigro é extremo, é dicir, cando xa viviu unhas situacións de violencia moi graves que non tiñas por que ter soportado se lles fora garantizada a súa seguridade nun momento anterior. Por todas é coñecido o dito "é mellor previr que curar" pero na violencia machista, moitas veces, non existe cura posible; por iso segue sendo necesaria unha labor común nas tarefas de prevención e protección e un naior apoio ás vítimas desde que se percibe unha situación de violencia.







*Noticia publicada no Faro de Vigo, 23/04/2019