XIX Encontro da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres en España

Os días 4 e 5 de outubro, o Centro de Documentación e Recursos Feministas, dependente da concellería de Igualdade de Vigo, acolle o XIX Encontro da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres en España
O Encontro inclúe un programa interno, dirixido só as integrantes dos 14 centros da Rede que confirmaron a súa asistencia, e un programa público, aberto a todas as persoas interesadas que desexen asistir.

O programa público será a tarde do xoves, 5 de outubro, de 17.00 a 20,30 h na Casa Galega da Cultura. Durante esta xornada contaremos cos seguintes relatorios:  (o programa tamén se pode consultar no arquivo adxunto)
XOVES 4 DE OUTUBRO
17:00 h. Presentación da "Red de Centros de Documentación en Derechos de las Mujeres de Centroamérica".
Eida Martínez RochaCentro de Investigación e Estudos das Mulleres da Universidade de Costa Rica e representante da Rede Centroamericana.
Silvia Fernández Viguera. Centro de Documentación e Biblioteca de Mulleres de IPES Elkartea (Pamplona) e promotora da Rede Centroamericana.
18:00 h. Presentación da Biblioteca da "Comissão para a Cidadania e Igualdade de Género" (Portugal).
Maria José Geraldes. Técnica e representante da Comissão para a Cidadania e Igualdade de Género
19:30 h. Recuperación da documentación e memoria do movemento feminista organizado en Galicia.
Carmen Pérez Pais. Integrante da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. Universidade da Coruña.
Mariam Mariño Costales. Técnica da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega.


BREVE RESEÑA SOBRE A REDE DE CENTROS DE DOCUMENTACIÓN E BIBLIOTECAS DE MULLERES:

A "RED DE CENTROS DE DOCUMENTACIÓN Y BIBLIOTECAS DE MUJERES" foi creada en 1994 e na actualidade esta formada por máis de 40 centros que teñen en común a temática dos seus fondos e o feito de estar ubicados en territorio español. Polo demais, a "Rede" é un conxunto moi heteroxeneo que non depende de ningún organismo administrativo concreto e que está baseado no desexo de cooperar e aunar esforzos dentro do marco informativo para o que foron creados.  A dependencia dos Centros que integran a Rede é moi variada: 
1. Centros que dependen de Organismos para a igualdade dos poderes públicos ( Instituto de la Mujer, Emakunde/Instituto Vasco de la Mujer, Institut Catalá  de les Dones ...)

2. Centros dependentes da Administración local (Concello de Vigo, Barcelona, Telde...).

3. Centros dependentes de Universidades (Universidade de Barcelona, de Granada, de Madrid...).

4. Centros dependentes de asociacións de mulleres vinculadas ao movemento feminista, (Centro de Documentación y Estudios de la Mujer de Bilbao, Rosa Chacel de Valladolid, IPES Elkartea de Pamplona).
 
O encontro anual que a Rede ven celebrando dende a súa creación reúne a profesionais  de todos estes centros e contribúe a definir as liñas de actuación da Rede.
Dende 1994 son 18 Encontros os que se levan celebrando.