Un home asasina a súa parella sentimental e se suicida en Hospitalet

http://www.abc.es/espana/20140828/abci-violencia-genero-hospitalet-201408281802.html

Mensaxes á mocidade que fan perpetuar á violencia de xénero

http://praza.gal/movementos-sociais/7736/cinco-mensaxes-a-mocidade-que-fomentan-a-violencia-machista/

Temos que seguir traballando na educación da xente nova: é o único camiño para rachar coa violencia de xénero. Hai que desterrar da educación que lles damos frases como: "se te pegan, ti pega"; ou "os ciumes son expresión de amor". Estes "consellos" seguen a ser escoitados por mozos e mozas, reproducindo unha roda de violencia que temos que parar. Esta nova da conta dun interesante estudo que tamén comenta que as mulleres somos máis educadas na non violencia e na resolución de conflictos pacífica, mentres os nenos reciben mensaxes máis violentos. Isto ten que mudar xa. 

Video da concentración contra a violencia de xénero en Vigo o pasado martes



Moitas grazas a tódalas persoas que asistíchedes para denunciar a violencia de xénero, os asasinatos de mulleres, e esixir ás persoas gobernantes que dunha vez tomen a violencia de xénero como un asunto de Estado. Grazas a Rubens polo video.

Obradoiro Formación para a procura de emprego