Unha muller maltratada polo seu marido pide auxilio cunha nota de deberes do seu fillo

Unha muller pechada na súa casa e aillada do exterior polo seu marido: un maltrato extremo, no que o seu maltratador evita por todos os medios que a víctima poida pedir auxilio. O círculo da violencia apóiase a miúdo no aillamento das mulleres do seu entorno. Temos que seguir traballando na sensibilización social da violencia de xénero para que o entorno das víctimas poida actuar e apoiar ás mulleres, e non chegar a esta situación de maltrato extremo.