Concentración contra a sentenza dos violadores de Manresa


A Rede de Mulleres contra os Malos Tratos acudirá a concentración convocado para o mércores 6 ás 19:00 diante do museo MARCO para mostrar a nosa repulsa pola sentenza machista disctada no caso da violación en grupo de Manresa.

No ano 2016 un grupo de 7 homes violaron por turnos de forma continuada a unha moza de 14 anos en estado inconsciente. A Audiencia de Barcelona condenou a 5 dos autores por abusos sexuais e non agresión sexual, desoindo á Fiscalía e a acusación particular que pedían a condena por violación. Dous sairon absoltos, nin sequera se lles acusou dun delito de omisión de socorro. O tribunal non considerou que houbera intimidación ni violencia por que a vítima estaba inconcente, a pesar de que a vítima lembrase parte dos feitos e como un dos violadores aputáralle co que parecía ser unha pistola sentíndose intimidada. Estamos fartas dun sistema de in-xustiza no que non se xulga con perspectiva de xénero, desoindo ás vítimas e sometendoas novamente a violencia.