Feminismos para non feministas

http://www.femiteca.com/IMG/pdf/Feminismo_Para_No_Feministas_DEF-1.pdf

Resposta do diario EL PAIS á Rede de Mulleres


 El País respóstalle a unha carta enviada da Rede de mulleres. A Rede enviara unha carta na que nos queixábamos de que se mencionaran antigos casos de denuncias falsas, cando estaban informando sobre un caso de suposta violencia no que non houbera denuncias. Reproducimos aquí parte da resposta de El País.

Podedes ler enteira a resposta de El País no seguinte enlace. Dende a Rede, queremos enviar o noso agradacemento a El País, e en concreto, ao defensor do lector/a Tomás Delclos, por ternos respostado, e esperemos que isto axude a unha mellor redacción e tratamento das novas sobre violencia de xénero.

"A veces, sin embargo, la referencia por parte del diario a una noticia previa es criticada por considerar que no tiene relación con el caso o distorsiona su comprensión. La Rede de Mulleres remitió un mensaje en el que traducía un texto publicado en su blog en el que critica que en la información (2 de julio) sobre la suspensión en Rentería de un acto de protesta por una supuesta agresión machista a una vecina se incorporara una referencia a que una semana antes se habían producido en el País Vasco dos falsas denuncias por agresiones sexuales.

http://elpais.com/elpais/2013/07/12/opinion/1373644948_323614.html

A Xunta será acusación popular nos asasinatos machistas


http://praza.com/politica/5002/a-xunta-sera-acusacion-popular-nos-asasinatos-machistas/

Condenado a 21 anos e 8 meses de prisión o profesor que matou á súa muller cun machado


http://www.publico.es/458791/condenado-a-21-anos-y-8-meses-de-prision-el-profesor-que-mato-a-su-mujer-con-un-hacha

Irlanda aproba que as mulleres en risco de suicidio poidan abortar


http://www.publico.es/internacional/458799/irlanda-aprueba-que-las-mujeres-en-riesgo-de-suicidio-puedan-abortar

O Instituto Andaluz da Muller atende a un 15% máis de maltratadas que en 2012

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/07/11/andalucia_malaga/1373567054.html

Un acusado por intentar asfixiar a súa exparella de Allariz afirma que ´ me alporizou

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/07/12/acusado-asfixiar-expareja-allariz-afirma/844251.html

III Campamento Feminista


Anexamos convocatoria do III Campamento Feminista.
Camiño do III Campamento de novas europeas organizado pola Coordenadora Europea da Marcha Mundial
YES WE CAMP!!
De 4 a 12 de Agosto vai transcurrir, en Vieira do Minho (Portugal), a terceira edición do campamento Europeo de novas feministas. O campamento de novas feministas é unha iniciativa da coordenadora europea da Marcha Mundial das Mulleres, un movemento internacional que conecta organizacións e grupos de base no combate do patriarcado, a explotación e a violencia de xénero enfrontadas polas mulleres en todo o mundo. A idea do campamento é construír unha rede e fomentar a solidariedade entre diferentes mulleres e feministas, na Europa e no mundo, con vista a afortalar a nosa loita.
Toda información sobre o campamento pode atoparse na seguinte direción:  http://www.indiegogo.com/projects/european-young-feminists-camp. E na web da Coordenadora Galega da Marcha: http://www.feminismo.info/webgalego/campanas/47-campana-europea/376-a-caminho-do-terceiro-acampamento-europeu-de-jovens-feministas.html. Para ambas pregamos máxina difusión.
O campamento será autoxestionado de inicio a fin, tanto o programa como o uso do espazo e a xestión do mesmo será responsabilidade de todas. Neste campamento haberá obradoiros, debates, plenarios, espazos de reflexión, convivio e todo o que nos apeteza sobre os máis variados temas e enfoques da loita feminista. 
Porque a revolución será feminista ou non será e porque, como decía Ema Goldman, se non a podemos bailar non é a nosa revolución: únete! YES WE WILL CAMP!
Se estades interesadas en participar só hai que preencher a ficha de encripción en enviar ao seguinte enderezo electrónico: feministcamp2013@gmail.com
Occupy Vieira do Minho!
O campamento terá luhar no corazón va vila Vieira do Minho, localizada a 35Km de Braga, en pleno noreste de Portugal
FINANZAMENTO
Acampamento europeu de novas feministas ten algunha difuculdade económica para realizarse con garantías de ampla participación... O finanzamento do proxecto Xuventude en Acción foille negado por segunda vez (nun Programa onde no ano anterior foran consideradas mellor proxeto....) mas hai unha campaña de fondos en funcionamento na que podedes colaborar a través do seguinte enlace: 

Agradecemos máxima difusión desta información e toda a colaboración que podades para o finanzamento!
Saúdos feministas

O CGPJ pide que non se reste veracidade ás mulleres maltratadas que se divorcian

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/07/10/espana/1373473059.html

Charla coloquio sobre a reforma do aborto

O vindeiro xoves día 11, ás 20 horas da tarde no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas, levaráse a cabo unha Charla Coloquio sobre a Reforma da Lei do Aborto que pretende levar a cabo o actual Goberno de España. 
Como ponentes, asistirán:
- Eva Solla, membro de Esquerda Unida e deputada por AGE no Parlamento de Galicia, que dará o punto de vista do partido sobre a situación actual.
- Isabel Blanco, Xinecóloga que explicará os cambios que se levan feito durante a democracia e as consecuencias médicas e sociais que xeraron, ademáis de explicar os cambios que se pretenden levar a cabo na lei e o que podría xerarse no futuro de levarse a cabo. 
Ademáis, despois das ponencias abrirase un turno de preguntas para que as e os asistintes podan facer as cuestións que desexen e solucionar as dudas que lles podan surxir.

Os medios de comunicación teñen un papel fundamental contra a violencia: "As mulleres novas deben de estar "avisadas" de que poden atoparse con maltratadores"

http://www.feminicidio.net/noticias-de-asesinatos-de-mujeres-en-espana-y-america-latina/lucha-contra-la-violencia-de-genero/3159-si-los-medios-de-comunicacion-cambiasen-el-discurso-sobre-las-mujeres-no-habria-violencia-de-genero.html

Dereito á inseminación sen un varón estéril

 Asociacións e colectivos de mulleres lesbianas levan anos denunciando os casos de discriminación no servicio de reproducción asistida da Seguridade Social. Reivindican o dereito á reproducción asistida sen necesidade de que exista un varón estéril, posto que o impedimento para procrear nestes casos é o mesmo para unha parella heterosexual, como para unha homosexual ou para mulleres que queren ser nais solteiras.


http://www.publico.es/458518/derecho-a-la-inseminacion-sin-un-varon-esteril

Irmás Llopis: o éxito feminino elevado á quinta potencia

http://www.publico.es/458193/hermanas-llopis-el-exito-femenino-elevado-a-la-quinta-potencia

Un policía acusado de 'apoloxía da violencia de xénero' en Twitter, reléganno a tarefas administrativas, mentres investigan o caso

  • Era membro da Comisión para o seguimento da violencia de xénero
  • Mentres se abre o expediente queda relegado a tarefas administrativas
Non só son mensaxes "reprobables e repugnantes" seno que, incluso, poderían ser constitutivos de delito, por animar ao maltrato contra a muller. Un policía local do municipio onubense de Aljaraque terá que respostar este venres ante os seus superiores polas mensaxes difundidas a través das redes sociais –en concreto, en Twitter- nas que afirma, entre outras cousas, que as rosas que máis lle gusta regalar veñen en forma de látigo, ou que "o truco está en escoitalas como psicólogo e follártelas como se te estivesen pagando", afirmación que ven acompañada da imaxe dunha muller aá que agarran do cabelo.



http://www.elmundo.es/elmundo/2013/07/05/andalucia/1373016073.html

Comentario a unha nova que saiu en El Pais: "Rentería suspende os actos pola muller fallecida ate aclararse os motivos"

 
Se ben o inicio da redacción é correcta: "O concello de Rentería suspende o pleno extraordinario e a concentración convocados para esta tarde en protesta por unha suposta agresión de violencia machista a unha veciña desta localidade, ata que se aclaren as circunstancias da súa morte, xa que podería deberse "a causas naturais".
O que se escapa ao noso entendemento é por que se termina esta nova aludindo a: "A semana pasada, a Ertzaintza informou de que dúas denuncias por agresións sexuais en Bilbao e Zarautz eran falsas". 
 
A muller morta en Rentería non presentara denuncia previa, polo que non entendemos a relación para sinalar o tema das denuncias falsas. Este tipo de redacción é moi negativa para a loita contra a violencia de xénero. As denuncias falsas son mínimas neste tipo de causas (ao rededor de 1% e moito menores que noutro tipo de delitos, como os roubos). En cualqueira caso, non ten senso informar disto cando non ten nada que ver co caso.
É triste ver como os medios de comunicación non conseguen avanzar e solidarizarse cunha epidemia que mata entre 60 e 80 mulleres ao ano en España.

Enlace á nova:

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/02/paisvasco/1372763248_001662.html

A exipcia Ragia Omran, premiada polo seu defensa dos Dereitos Humanos

http://internacional.elpais.com/internacional/2013/07/04/actualidad/1372961121_929259.html

O 'violador do Eixample' sae libre tras someterse á castración química

Alejandro Martínez Singul, coñecido como o segundo violador do Eixample, sairá este xoves 4 de xullo de 2013 da cárcere tras someterse voluntariamente a unha castración química e tras ter cumplido íntegramente a súa última condea de máis de 3 anos por intentar abusar dunha nena de 12 anos.

Non obstante, as persoas expertas non consideran que o preso estea rehabilitado e temen que a saída de prisión deste violador reincidente cause un revuelo social que lle impacte negativamente e teña "risco de desestabilización". 


http://www.periodistadigital.com/cataluna/barcelona/2013/07/03/el-violador-del-eixample-sale-libre-tras-someterse-a-la-castracion-quimica.shtml

Falan as mulleres vítimas da trata

 Autoretratos realizados polas mulleres vítimas de trata que participaron na elaboración da Guía sobre Trata de Mulleres.


Ser rescatada dunha trata tamén implica afrontar outros medos e outros problemas. Ogallá as escoiten, ogallá entendan o porqué dos seus silencios, e lles deixen decidir, comenta Helga, coordinadora del proyecto Mujer Frontera (www.mujerfrontera.org)


http://blogs.20minutos.es/mas-de-la-mitad/2013/07/03/hablan-las-mujeres-victimas-de-la-trata/

Condenadas á violencia en Tahrir


Un centenar de mulleres exipcias sufriu algún tipo de agresión sexual nos últimos catro días. O 99,3% das exipcias recoñecen ter sufrido algún tipo de agresión sexual, segundo a ONU.
O acoso sexual é unha auténtica epidemia en Exipto. Case tódalas mulleres denuncian ter sufrido algunha vez algún tipo de acoso sexual, entendido como seguimentos, mensaxes lascivos, tocamentos ou, nos casos máis graves, violación.

Recomendámosovos o filme, El Cairo 678, para comprender o día a día destas mulleres. 


http://internacional.elpais.com/internacional/2013/07/03/actualidad/1372885324_439632.html

O PSOE propón que o fútbol feminino participe dos ingresos das quinielas


http://politica.elpais.com/politica/2013/07/02/actualidad/1372769360_398995.html

"As mozas aprenden a igualdade no colexio; o mundo laboral é outra cousa"


A xeración máis nova [de 18 a 30 anos] vive unha certa naturalización da igualdade pero, cando pasa a etapa formativa, atópase cos primeiros teitos de cristal no mercado laboral”.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/01/paisvasco/1372674185_811948.html

Rajoy desautoriza a Gallardón e apraza 'sine die' a reforma da lei do aborto

Alberto Ruiz-Gallardón quedouse só no Executivo coa súa pretensión de reforma -ata a ministra de Sanidade, Ana Mato, asegurou que era un asunto que deixaba en mans do seu compañeiro- e andivo dando bandazos entre o que faría e o que non, en función das presións que recibise cada día.

A maior delas foi a da Conferencia Episcopal Española (CEE), cuxo presidente, Antonio María Rouco Varela, recordoulle fai uns días que acelerase esta reforma e deixase de permitir que a actual lei cercenase tantas vidas ao día. En realidade, Rouco pedía a abolición plena desta lei. 


http://www.publico.es/458274/rajoy-desautoriza-a-gallardon-y-aplaza-sine-die-la-reforma-de-la-ley-del-aborto

O feminismo contraataca na rede

 Este é o manifesto co que a páxina de Facebook Memes Feministas daba o pistoletazo de saída para responder os ataques machistas que teñen lugar na rede. Cun humor satírico e provocador arremeten contra clichés e falsas crenzas que viran en torno ao feminismo, deixando ben claro que son "combativas, non pedagogas".

Recibimos ataques case a diario. De "machirulos" de todos os sitios e estilos -desde o respecto, "buenistas", agresivos, clásicos, forococheros, machofachos, machistas-leninistas...- e tamén de machirulas, por suposto", denuncian de forma moi cualificativa as administradoras de Memes Femnistas.


http://praza.com/movementos-sociais/4933/o-feminismo-contraataca-na-rede/

Crece o número de nenas embarazadas en Guatemala

http://internacional.elpais.com/internacional/2013/07/02/actualidad/1372725126_317744.html

Retirado o vídeo promocional da cereixa do Jerte polo seu "contido sexista"


O anuncio da picota do Jerte, de novo, volve a empregar os peitos, as bocas das mulleres para vender.  Picoteando Films: Verdades como puños, presenta frases como O tamaño sí importa, xunto a imaxes de mulleres ensinando peitos. Tamén a masculinidade aparece claramente estereotipada.
Debido as queixas polo seu contido sexista, retirouse o video da súa web. 

Lembramos que a lei de publicidade "prohíbe todo anuncio que atente contra a dignidade da persoa ou vulnere os valores ou dereitos recoñecidos na Constitución, especialmente  no que se refire á infancia, a xuventude e á muller".

Sen embargo, todos os días estamos vendo anuncios, vallas pubricitarias que usan imaxes de corpos de mulleres como reclamo para vender cereixas, coches, viaxes ao Caribe, e un longo etcétera; sen ter en conta que o feito de tratarnos como obxectos sexuais é degradante. Chegado este punto, só nos queda dicir que non queremos ser obxectos sexuais para vender mercancías, somos donas do noso corpo.

Este tipo de imaxes, ademáis de degradarnos a nós, é unha pésima educación para as novas xeracións.


http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/07/01/actualidad/1372694995_151110.html


Concentración da Rede do día 27 xuño





Aquí tedes o vídeo da concentración da concentración mensual da Rede. Agradecemos a Sheila Fariña pola súa fermosa actuación de danza e a Roberto Solano pola grabación do video.

Grazas a tódalas persoas pola vosa participación!

http://www.youtube.com/watch?v=NcG5nHyJv7Q