Axuda económica para o pago de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia

Normativa
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150304/AnuncioCA04-250215-0001_gl.html en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia para o segundo semestre do 2014 e primeiro semestre do 2015, e se procede á súa convocatoria (código do procedemento IN414A). (DOG nº 43 do 4/03/2015)
Obxecto
Convocar axudas para a concesión do tícket eléctrico social para o segundo semestre do ano 2014 e primeiro semestre do ano 2015 a familias con fillos menores a cargo cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM. (9.585,19 €)
Para estes efectos, considérase unidade de convivencia o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio.
Tipo de axuda
Consiste nunha cantidade fixa semestral que ten por obxecto contribuír ao pagamento da factura eléctrica daquelas familias con fillos menores a cargo, cuxos ingresos totais non superen 1,5 veces o IPREM.
A contía da subvención será unha cantidade fixa de 90 € ao semestre para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos, e de 150 € ao semestre para as que acrediten ser ademais familia numerosa.
Gastos subvencionables
Serán as facturas de electricidade (IVE incluído) cuxo período de lectura estea incluído dentro do segundo semestre do 2014 ou primeiro semestre do 2015, segundo corresponda. No caso de que unha factura abranga un período que saia parte do semestre correspondente, considerarase subvencionable o custo prorrateado dos días incluídos no semestre.
Requisitos das persoas beneficiarias
1.                  Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
2.                  Ter fillos menores de 18 anos a cargo.
3.                  Estar aboando a correspondente factura de enerxía eléctrica a unha comercializadora.
4.                  Que os ingresos totais da unidade de convivencia durante non superen 1,5 veces o IPREM. A determinación dos membros da unidade de convivencia realizarase atendendo á situación existente no momento da solicitude. Tomarase o importe dos ingresos totais da unidade de convivencia, que será o resultado da agregación das rendas do exercicio 2013 de cada un dos membros da unidade de convivencia, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.
5.                  Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 do xuño, de subvencións.
Só poderá presentarse unha única solicitude por unidade de convivencia.
Documentación
Copia dixitalizada da seguinte documentación:
·             Documento de identidade en vigor da persoa solicitante, e do resto das persoas integrantes da unidade de convivencia, no caso de non autorizar a consulta a través do anexo III.
·             Declaración do IRPF ou, se é o caso, certificado emitido pola Axencia Tributaria relativos ao ano 2013 de todos os membros con ingresos que compoñen a unidade de convivencia, ou autorización á Consellería de Economía e Industria para obter os datos de carácter tributario necesarios para a determinación da renda da unidade de convivencia (anexo III). No caso de falta de acreditación documental suficiente, poderase presentar informe social de valoración de ingresos da unidade de convivencia, emitido polos servizos sociais do concello correspondente ou por traballador social das entidades de iniciativa social previstas na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, que presten labor asistencial ao solicitante, segundo o modelo do anexo V.
·             De ser o caso, autorización aos funcionarios correspondentes para a presentación electrónica da solicitude e da documentación relativa ao tícket eléctrico social de Galicia (anexo IV).
·             Copia dixitalizada do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a súa situación familiar.
·             Facturas do correspondente semestre en concepto de subministración eléctrica da vivenda que é residencia habitual do solicitante da axuda e xustificantes de pagamento.
·             Certificado de convivencia.
·             Copia do título de familia numerosa no caso en que o dito título non fose expedido pola C.A. de Galicia, ou no caso en que o solicitante non autorice a súa consulta.
Lugar de presentación:
No Instituto Enerxético de Galicia, a través da sede electrónica: Presentación electrónica.
Para a presentación das solicitudes será necesario o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria presentarase electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal.
Prazo de presentación:
1.                  Para as axudas ao pagamento das facturas eléctricas do segundo semestre de 2014: ata o 30 de abril de 2015.
2.                  Para as axudas ao primeiro semestre do 2015 o prazo de presentación comezará o 1 de xullo de 2015 e rematará o 15 de setembro de 2015.
Terá que facerse unha solicitude distinta para cada semestre.
Máis información
Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN414A, poderase obter información adicional na Dirección Xeral de Enerxía e Minas e nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da consellería: http://economiaeindustria.xunta.es
b) Os seguintes teléfonos:
A Coruña: 981 18 49 95 e 981 18 49 36.
Santiago: 981 95 71 85 e 981 54 55 53.
Lugo: 982 29 49 75 e 982 29 46 70.
Ourense: 988 38 67 10.
Pontevedra: 986 80 52 13 e 986 80 52 22.
Vigo: 986 81 75 61, 986 81 78 22 e 986 81 77 64.
c) O enderezo de correo electrónico: cei.dxiem.axudasenerxia@xunta.es
d) Presencialmente.

Para cuestións xerais: teléfono  012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12).