O Plan da Muller da Deputación busca a integración entre home e mulleres no mundo rural


http://www.elnortedecastilla.es/soria/201501/29/plan-mujer-diputacion-busca-20150129135430.html


O uso do termo "puta" nunha campaña contra o feminicidio en Quito levanta bochas

http://www.teinteresa.es/mundo/campana-feminicidio-Quito-levanta-ampollas_0_1292871634.html

A última campaña contra o feminicidio en Ecuador espertou a polémica nunha sociedade dividida a favor e en contra da mensaxe de catro valas distribuídas pola capital do país, 'Quito', na que se pode ler: "Se puta é ser libre e dona do meu corpo son puta e que? Non máis cruces rosadas".

Xustiza plantea a custodia compartida para os maltratadores

http://www.farodevigo.es/espana/2015/01/29/justicia-plantea-custodia-compartida-maltratadores/1174427.html

O borrador do Ministerio de Xustiza para regular o exercicio da corresponsabilidade parental propón que o xuíz pode establecer excepcionalmente "un réxime de estancia, relación e comunicación" co seu fillo ao proxenitor que fose condenado por violencia de xenero ou doméstica.

A proposta do Goberno, que o Ministerio está a trasladar a distintos órganos consultivos e asociacións para que emitan a súa opinión, expón que nalgúns casos o xuíz poderá adoptar esta medida "de maneira motivada" se o considera conveniente para a protección do interese superior dos fillos/as, e tras un informe do equipo técnico xudicial.

Comunicado xaneiro 2015 - Rede de Mulleres



As conductas machistas entre adolescentes son Violencia machista

http://www.abc.es/videos-espana/20150128/conductas-machistas-entre-adolescentes-4017886686001.html

O control non o perciben como violencia. Unha trampa na que pode quedar atrapada a muller, así o contan mulleres como Débora, nosa protagonista, que con tan só 17 anos comezou a ser unha muller maltratada. Todo comeza con condutas machistas, por iso faise necesaria a educación emocional nas escolas, non só na adolescencia, senon en todos os niveis educativos.

"Enredate sen machismo" entre as mellores app contra a Violencia de Xénero

http://www.eldiario.es/tenerifeahora/sociedad/Enredate-machismo-valoradas-violencia-genero_0_350665975.html

Esta app convida os mozos a xogar desbloqueando tres niveles de dificultade e obter as medallas de cada nivel a través dunha linguaxe próxima e exemplos da súa vida cotiá.

Deteñen a exparella dunha muller por agresión sexual

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/01/29/capturan-hombre-pantalones-bajados-iba/1174038.html

Os berros de auxilio dunha muller no interior dun local de hostalaría de Ferrol, que estaba pechado ao público e coa persiana baixada, permitiron capturar  a un home que estaba agredindor sexualmente a súa exparella armado cun coitelo. Axentes da Policía Local de Ferrol arrestaron ao home sobre as 5.30 horas do mércores por presuntos delitos de agresión sexual, violencia de xénero e resistencia á autoridade.