PROXECTO "CAMIÑOS Ó BO TRATO" - FORMACIÓN EN XÉNERO

COMEZA O PROXECTO "CAMIÑOS Ó BO TRATO"
UN PROXECTO PARA A FORMACIÓN EN XÉNERO

Dentro do Programa "CAMIÑOS Ó BO TRATO" que a Rede de Mulleres Veciñais está a levar a cabo en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo, sobre formación en violencia de xénero, convocamos ás persoas interesadas co fin de que asistan ó obradoiro sobre formación en xénero e máis específicamente en violencia de xénero, que terá lugar o día 5 de xullo no Centro Cívico Casco Vello en horario de 18:00 a 21:00.


As temáticas serán as seguintes:
· FORMACIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO:
- Evolución da personalidade. Identidade feminina e masculina.
- Estereotipos sociais e culturais.
- Malos Tratos: vínculo e ciclos.
- Nenas/os, mozas como vítimas de violencia.
- Detección temperá.
- Persoa maltratadora perfil e estratexias de violencia.

Podedes inscribirvos ou ter máis información nos teléfonos:
670 45 34 31 / 986 22 23 28.


A SESIÓN REALIZARASE O DÍA 5 DE XULLO NO CENTRO CÍVICO CASCO VELLO (R/OLIVA, 12)
HORA: 18.00 - 21.00

COMUNICADO

A Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo, quere amosar o seu estupor a máis da súa disconformidade coa sentenza do xulgado número 5 de Vigo(família) que otorga a custodia ao pai da menor de 9 anos que leva case un ano nun centro de acollida, sentenza da que se fixeron eco diversos médios de comunicación
Cremos que a devandita sentenza está moi lonxe da salvaguardar os dereitos da menor para que poida vivir a súa infancia dun xeito digno e pola contra semella estar inspirada no síndrome de alineación parental un instrumento pseudo-cientifico que vulnera os dereitos humanos de nenos e nenas e castiga as nais que pretenden protexelos.
Neste procedemento non se tiveron en conta os informes presentados así como as declaracións de profesionais da saúde en sentido contrario ao fallo xudicial e tampouco unha sentenza anterior favorable á proxenitora.
Tamén queremos amosar a nosa preocupación polo futuro da menor que a tan curta idade viviú unha experiencia tan traumática, nuns tempos no que se nos pretende transmitir a preocupación dos gobernos e da xustiza por protexer a infancia. Pero, unha vez máis todo queda nunha apariencia.