Hoxe é o aniversario de Clara Campoamor




En 1988 nace Clara Campoamor, política española da Segunda República que loitou polo sufraxiodas mulleres ata conseguilo.

Neste enlace tedes o discurso que Clara Campoamor deu nas Cortes o 1 de outubro de 1931:
http://www.mujeresenred.net/spip.php?article768


Dende a Rede aconsellámosvos a película:

"CLARA CAMPOAMOR. LA MUJER OLVIDADA."

Peche por unha vida digna

A Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), o Grupo de Axitación Social (GAS), o Colectivo Imán e a Parroquia Cristo da Victoria convocamos un peche de 12 horas nos baixos de dita parroquia o sábado 15 de febreiro cun dobre obxectivo: compartir unha xornada de convivencia e reflexión, e denunciar publicamente unha vez máis a situación de indefensión na que nos atopamos a cidadanía pola falta de solucións das administracións públicas ante o crecente empobrecemento do que somos vítimas.

Dende as loitas cotiás e comúns destes os nosos colectivos, decidimos que chegou o momento de pecharnos: pecharnos porque nos pechan todas as portas; pecharnos, aínda que pareza paradoxo, para que os responsables políticos e a sociedade toda nos vexan e nos escoiten. Por iso convidamos a todas as persoas que desexedes sumarvos a esta iniciativa a que vos acheguedes o vindeiro sábado de 10:00 a 22:00 horas para reivindicar o noso dereito a vivir dignamente ao tempo que compartimos un espazo privilexiado de encontro coa finalidade de buscar e construír entre todas alternativas xustas e posibles fronte a exclusión e a precariedade que pretenden impoñernos.

Aquí vai o programa de actividades:

10:00 - Benvida e decoración
11:00 a 12:30 - Obradoiro axudas sociais. A información para esixir os nosos dereitos é fundamental. Coñece a nova RISGA, as axudas de emerxencia municipais...
11:00 a 13:00 - Actividades para nenxs
12:30 a 13:00 - Descanso
13:00 a 14:00 - Charla: O conflito do programa Sereos. As compañeiras do grupo Imán porán en común os meses de loitas tras o peche do programa Sereos situado na rúa Elduayen.
14:00 a 16:30 - Xantar comunitario. Traede comida para compartir.
16: 30 a 18:00 - Documental: "La plataforma". Sobre as orixes, loitas e reivindacións da Plataforma de Afectados pola Hipoteca.
18:00 a 19:00 - Rap Ostiapadre. Actuación do grupo de rap de Coia. Podedes saber máis deles na súa web: ostiapadre.wordpress.com
19:00 a 19:30 - Descanso
19:30 a 20:30 - Presentacións ILP Renda Básica e ILP Vivenda. Achegaremos toda a información sobre estas dúas iniciativas.
20:30 a 22:00 - Cea comunitaria. Traede cea para compartir.

22:00 - Despedida