III Campamento Feminista


Anexamos convocatoria do III Campamento Feminista.
Camiño do III Campamento de novas europeas organizado pola Coordenadora Europea da Marcha Mundial
YES WE CAMP!!
De 4 a 12 de Agosto vai transcurrir, en Vieira do Minho (Portugal), a terceira edición do campamento Europeo de novas feministas. O campamento de novas feministas é unha iniciativa da coordenadora europea da Marcha Mundial das Mulleres, un movemento internacional que conecta organizacións e grupos de base no combate do patriarcado, a explotación e a violencia de xénero enfrontadas polas mulleres en todo o mundo. A idea do campamento é construír unha rede e fomentar a solidariedade entre diferentes mulleres e feministas, na Europa e no mundo, con vista a afortalar a nosa loita.
Toda información sobre o campamento pode atoparse na seguinte direción:  http://www.indiegogo.com/projects/european-young-feminists-camp. E na web da Coordenadora Galega da Marcha: http://www.feminismo.info/webgalego/campanas/47-campana-europea/376-a-caminho-do-terceiro-acampamento-europeu-de-jovens-feministas.html. Para ambas pregamos máxina difusión.
O campamento será autoxestionado de inicio a fin, tanto o programa como o uso do espazo e a xestión do mesmo será responsabilidade de todas. Neste campamento haberá obradoiros, debates, plenarios, espazos de reflexión, convivio e todo o que nos apeteza sobre os máis variados temas e enfoques da loita feminista. 
Porque a revolución será feminista ou non será e porque, como decía Ema Goldman, se non a podemos bailar non é a nosa revolución: únete! YES WE WILL CAMP!
Se estades interesadas en participar só hai que preencher a ficha de encripción en enviar ao seguinte enderezo electrónico: feministcamp2013@gmail.com
Occupy Vieira do Minho!
O campamento terá luhar no corazón va vila Vieira do Minho, localizada a 35Km de Braga, en pleno noreste de Portugal
FINANZAMENTO
Acampamento europeu de novas feministas ten algunha difuculdade económica para realizarse con garantías de ampla participación... O finanzamento do proxecto Xuventude en Acción foille negado por segunda vez (nun Programa onde no ano anterior foran consideradas mellor proxeto....) mas hai unha campaña de fondos en funcionamento na que podedes colaborar a través do seguinte enlace: 

Agradecemos máxima difusión desta información e toda a colaboración que podades para o finanzamento!
Saúdos feministas

O CGPJ pide que non se reste veracidade ás mulleres maltratadas que se divorcian

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/07/10/espana/1373473059.html