Denunciamos os servizos mínimos insuficientes pola folga indefinida na Administración de Xustiza de Galicia


Na publicación de hoxe do DOGA atopámonos os servizos mínimos que se establecen para o Xulgado de Violencia sobre a Muller:

Xulgados exclusivos de violencia sobre a muller.
– 1 xestor, 1 tramitador e 1 auxilio.
Xustificación. Fundaméntase na necesidade de atender, entre outras, as seguintes cuestións: actuacións nas que venza un prazo preestablecido na lei cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo de dereitos aos cidadáns, adopción de medidas cautelares ou provisionais urxentes en materia de familia ou de violencia sobre a muller, ou causas con detido na materia.

Respecto da xustificación da concreta dotación de efectivos, ao igual que se motivou respecto dos xulgados do penal ou dos de vixilancia penitenciaria, nos que a dotación de servizos mínimos tamén é coincidente, e toda vez que estes xulgados especializados da orde penal garanten bens xurídicos especialmente protexidos polo ordenamento xurídico, o número de efectivos fixados nestes xulgados apártase da regra xeral no tocante aos funcionarios do corpo de xestión e tramitación, establecendo a necesidade dun funcionario de cada un destes corpos. No tocante aos funcionarios de auxilio xudicial, establécese un funcionario como servizo mínimo, toda vez que non existe máis dun xulgado deste tipo na mesma localidade.


Dende a Asociación Rede de Mulleres creemos que os servizos mínimos establecidos para este Xulgado son insuficientes, o que producirán un retraso en todas a causas abertas e nas novas, isto é moi perxudicial para as mulleres xa que se dilataría o procedemento xudicial que, xa de por sí é longo, afectando negativamente no seu estado de ánimo, o que provocará que moitas mulleres non sigan adiante co proceso e así poder iniciar a súa recuperación integral. Creemos que non se está tendo en conta as necesidades das mulleres que sofren a violencia de xénero.


Obradoiro para nais e pais





O vindeiro 20 de febrero comezamos un novo obradoiro “Comunicación no entorno familiar”, na asociación Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo.
Neste obradoiro falaremos das relacións entre pais/nais e as súas crianzas nas diferentes etapas da súa vida. Trataremos temas diversos como poden ser, entre outros, os estilos educativos de crianza, as normas, a autoestima, solución de conflitos, xestión de ocio…

Esperamos que sexa do voso agrado.

O CGPJ contabilizará como violencia de xénero toda agresión dun home a unha muller polo feito de selo

http://www.rtve.es/noticias/20180201/cgpj-contabilizara-como-violencia-genero-toda-agresion-hombre-mujer-hecho-serlo/1671665.shtml