Exención no pago das escolas infantís públicas a partir do segundo fillo

As familias cunha renda pér cápita igual ou inferior a 7.500 euros anuais terán unha exención total de cota a partir do segundo fillo que acuda á mesma escola infantil da Rede Galiña Azul da Xunta a partir deste mes de setembro. Para que esta iniciativa, da Consellería de Traballo e Benestar, poida poñerse en marcha, o Consello da Xunta vén de aprobar hoxe a modificación do Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Xunta. Así mesmo, os menores con medidas administrativas de tutela ou garda en situación de acollemento familiar poderán beneficiarse tamén desta actuación na exención do pagamento.