Proxecto emprendedoras

Esta convocatoria ten por obxecto a participación no proxecto Fomento do Emprendemento Feminino, a Innovación das PEMEs e Emprendedoras Galegas e a Plataforma de Emprendemento Feminino.
Este programa é desenvolvido pola Fundación EOI e a Secretaría Xeral da Igualdade.
O obxecto da operación é potenciar e fortalecer ás emprendedoras galegas e PEMES, a iniciativa empresarial feminina e o emprendemento innovador feminino en Galicia. En concreto, con carácter xeral, o obxectivo céntrase en realizar unha análise e diagnose do estado de situación das emprendedoras e PEMES e do emprendemento feminino de Galicia e contribuír ao seu desenvolvemento a través de accións de consultoría e mediante o desenvolvemento dunha plataforma con posibles diferentes funcionalidades e de comercialización de produtos con orixe en mulleres emprendedoras e innovadoras galegas: “Plataforma de Emprendemento Feminino”, a través de diferentes iniciativas vertebradas arredor das oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías, impulsando tamén a innovación e competitividade e ofrecendo servizos de valor ás mulleres emprendedoras.
A través de consultorías individualizadas realizaranse as seguintes accións:
  • Analizarase o modelo de negocio de cada empresa, identificación dos procesos de negocio críticos para a mellora da produtividade nas mesmas.
  • Concreción das solucións tecnolóxicas de alto impacto nos procesos de negocio críticos identificados.
  • Análise do mercado de provedores de tecnoloxía e dos produtos que se axustan ás características funcionais.
  • Implementación destas solucións en materia de I+D+i nas empresas participantes como modelo de mellora da súa actividade empresarial.
  • Acompañar ás PEMES beneficiarias no despregamento da Plataforma, axudándoas a comercializar os seus produtos.

O prazo límite de presentación de solicitudes remata o vindeiro 8 de outubro de 2014.

Detido un home portugués en Vigo por agredir presuntamente a súa a muller

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/09/08/detenido-hombre-portugues-vigo-agredir/1089890.html

A Policía busca en Valladolid o autor dunha agresión sexual a unha nena de dez anos

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/09/08/policia-busca-valladolid-autor-agresion/1089887.html