UN MAR DE MULLERES

UN PROXECTO DE VALORIZACIÓN DA MULLER NO MAR Participación: Grupo de acción Costeira 7, Ría de Vigo - A Guarda. Rosana Villar, Eva Cordeiro, Rosana Bastón, Elisa Poceiro, Begoña González, Mª ALicia Álvarez, Cosuelo Diz, Carmen Chamorro, Mercedes Lema, Ana Belén Rodríguez, Guillermina Sesto, Silvia Domínguez,Carmen Barbosa e Concepción Ortega. Xinose: Sen elas non existiría o mar. Son ás mulleres de hoxe, ás que non se resisten a agardar sen máis e que, mentres o mariñeiro non regresa, deseñan as súas propias cartas de navegación, dispostas a levar o leme do futuro. O salitre curtiu esa sabiduría súa, saben que poden e por tanto queren. Queren manter os seus oficios, loitar porque melloren as condicións en que os desenvolven, loitar por un medio que siga alimentando a productividade do mar. Saben que poden e por tanto reclaman o lugar que lles corresponde, no traballo e na organización. Porque poden e o saben. XOVES 15 DE DECEMBRO 18:30 h. Organiza: Rede de Mulleres contra os Malos Tratos e Punto Xove. Lugar: Punto Xove, Calle López Neira 27, 36202-Vigo (cerca de la calle Príncipe)

VIDEO MANIFESTACIÓN

neste enlace tedes o video da manifestación polo 25 de novembro. GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE ASISTÍSTEDES! A VIOLENCIA DE XÉNERO COMBÁTESE ENTRE TODAS E TODOS

COMUNICADO POLO 25 DE NOVEMBRO

MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES Día Internacional contra a Violencia Machista 25 de novembro de 2011 “PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA” Dise do Feminismo que é a revolución silenciosa do século XX. Mais non podemos dar a razón a quen afirma que esta é unha revolución sen sangue. Neste novo século, como no anterior, esta revolución segue a engrosar a súa listaxe de mártires. Desde a dereita política, mediática e relixiosa, fálase dunha perda dos valores da familia. E así é. O seu modelo de familia está en crise. Cada dia mais persoas aspiran a modelos de convivencia e afecto, máis democráticos que o seu modelo patriarcal. Cada dia mais mulleres e mais homes aceptan outros valores de convivencia: a igualdade, a corresponsabilidade, a cultura do diálogo, dos acordos... Mais tamén quedan moitos homes, organizacións políticas, relixiosas e sociais, que se resisten ao cambio. A pandemia da resistencia machista mostra repuntes no poder xudicial ( actuacións en Sevilla e Murcia), no poder político (Lei da Familia do Parlamento Galego), nas institucións académicas (teoría do Síndrome da Alienación Parental), nas educativas (louvanzas á segregación por sexos), nas relixiosas (carta pastoral do bispo de Granada)... mentres se vai conformando un cambio político e económico que está levando aparellado unha perda importante de dereitos fundamentais, e un ataque sen precedentes aos servizos públicos, que en moitas ocasións aseguraban o exercicio deses dereitos. Un cambio político cuxos protagonistas aspiran a abolir leis que supuxeron logros importantes na vida de moitas mulleres e homes, a Lei de Igualdade, a Lei Integral contra a Violencia Machista, a Lei do Aborto, as reformas no Código Civil que igualan en dereitos ás persoas sen distinción da súa opción sexual. O sistema económico, que nestes dous últimos anos acelerou a súa voracidade engulindo recursos públicos e impoñendo un modelo social de competitividade, acumulación e usura, impón ao poder político, recortar e abolir todas aquelas políticas de igualdade encamiñadas a previr a violencia machista, á atención ás vítimas e á concienciación da sociedade. Políticas que desde o Feminismo avaliabamos como insuficientes, pero que marcaban o camiño que había que encetar para conseguir arrincar o machismo das nosas vidas. Cada día, diante do asasinato dunha muller a mans do seu ex marido, ou do seu compañeiro, as autoridades condenan os feitos, a veciñanza manifestase rexeitando a agresión e pedindo xustiza, preguntándose por que continua engrosándose esta tráxica lista de mulleres vítimas da violencia machista. Un feminicidio que vai marcando cada dia mais aldeas, vilas e cidades, no mapa dos asasinatos machistas. As mortes por violencia machista, por moi inexplicables que parezan, non son actos illados, fortuítos, senón que obedecen a unha cultura patriarcal no que as mulleres non teñen dereito a decidir sobre a súa vida. Son a reacción violenta de quen se cree posuidor dun ben, dunha propiedade, ou dunha escrava. A solución non é doada e necesita do compromiso de todos e de todas, porque precisa de cambios profundos dado que o machismo está enraizado na nosa sociedade e non estamos facendo o preciso para desbotalo. Ao feminismo non nos asusta continuar coa nosa responsabilidade e activismo na loita contra a violencia machista...non queremos que se volva ao pensamento de que a violencia machista son “os trapos sucios que hai que lavar na casa”. Queremos concienciar sobre as estruturas sociais que alimentan e reproducen o machismo. Queremos deixar claros os vínculos que existen entre a desigualdade e a violencia machista. Queremos facer reaxir á sociedade ante a perda de dereitos e ante o desmantelamento de servizos públicos. EN NOME DE TODAS AS MULLERES ASASINADAS CANDO PRETENDIAN RECONQUISTAR A SÚA PROPIA VIDA E POR TODAS ÁS QUE ESTAMOS A SUFRIR VIOLENCIA NON PODEMOS CONSENTIR NINGÚN PASO ATRAS. 25 DE NOVEMBRO DE 2011 A Marcha Mundial das Mulleres convida a participar nos actos programados en Vigo, polo Día Internacional contra a Violencia Machista baixo o lema: “PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA” Vigo Xoves 24 e venres 25 de novembro "Museo interactivo contra a violencia machista". Diante do Marco. 25 de novembro de 2011, venres às 20:00 h. Manifestación desde a Farola de Urzáiz Agradecemos de antemán a difusión da convocatoria. Saúdos feministas!!

CONCENTRACIÓN MENSUAL

boa tarde, con motivo do día 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, a Rede non realizará a concentración mensual do último xoves de mes diante do museo MARCO. estaremos o venres, día 25, na manifestación contra a violencia de xénero que sae dende a farola de Príncipe ás 20.00. agardamos contar con todas e todos vós. unha aperta.

MANIFESTACIÓN POLO 25 DE NOVEMBRO

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO AGARDÁMOSVOS ÁS 20.00 NA FAROLA DA RÚA PRÍNCIPE

MESAS INFORMATIVAS 2011

As mesas informativas acercan á cidadanía a problemática da violencia de xénero, ofrecendo información sobre os aspectos máis importantes que se producen no maltrato, visibilizando o traballo que está a realizar a Rede E as actividades que estamos levando a cabo e ofrecendo unha guía de recursos e de servizos para unha información cercana e unha participación activa de toda a cidadanía. DATAS 22/11/11: paseo do calvario 23 e 24 de novembro: Príncipe HORARIO 10.00 A 20.30 agardamos que vos acerquedes!

VIDEOFÓRUM "LA CAJA"

VIDEOFÓRUM "LA CAJA" Ángela Molina, Elvira Mínguez, Antonia San Juan, María Galiana e Manuel Manquiña Director: Juan Carlos Falcón Nun pobo mariñeiro de Canarias, o odiado don Lucio falece inesperadamente e a súa viúva non ten espazo na súa casa para velalo. A súa veciña Isabel será quen cargue co morto, e mentres a viúva esquece as súas penas, todos os veciños pasarán polo velorio para axustar as súas contas pendentes co defunto. Descanse en paz Don Lucio...se pode. XOVES 17 DE NOVEMBRO 18:00 . Organiza: Lugar: Centro de documentación feminista Biblioteca Pública Central – Joaquín Yáñez 6 – 2º Colabora: CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS

XA TEMOS FACEBOOK!!!

http://www.facebook.com/event.php?eid=159207010845186&pending&context=create#!/profile.php?id=100003126410186&sk=wall

CONFERENCIA: "O SON DA TERRA"



"O SON DA TERRA"
UNHA MEDICIÑA VIBRANTE QUE AXUDA A TRANSITAR POLOS MOMENTOS DIFÍCILES.


Sabes que hai sons naturais capaces de mellorar o teu estado de ánimo?
Transformar pensamentos autodestrutivos, aportando vitalidade, transformar o teu medo, a túa soidade, mellorar o teu descanso, etc..?

Axúdanche a recuperar o poder sobre as túas emocións perxudiciais.

CONFERENCIA DE BALDE

LUNS 12 DE DECEMBRO DE 18 A 20H.
CENTRO CÍVICO CASCO VELLO Calle Oliva, 12 – Vigo

ORGANIZA: REDE DE MULLERES CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO

Impartida por: Eva Julián Investigadora en Bioacústica aplicada ó benestar e Terapeuta Sonoro.
Especialista na creación e o deseño de ambientes sonoros terapéuticos e personalizados. Traballa para hospitais e centros especializados formando a profesionais na aplicación do son como ferramenta terapéutica.
www.sonidoyvida.com

CLAVES PARA DESENMASCARAR Ao NEOMACHISMO



Por Dori Fernández

1. Defenden a CUSTODIA COMPARTIDA IMPOSTA XUDICIALMENTE sen existir acordo entre a parella.

2. Defenden o uso do SINDROME DE ALIENACION PARENTAL (SAP) como proba para arrebatar a custodia á nai, cando tal síndrome non existe.

3. Defenden a derrogación da LEI ORGANICA DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (LIVG) porque -din- discrimina aos homes, que son obxecto de falsas denuncias por malos tratos por parte das súas mulleres, cando os datos do CGPJ (ano 2010) apuntan que menos dun 1% das denuncias por malos tratos resultan ser falsas.

4. Defenden contra vento e marea ao XUÍZ FRANCISCO SERRANO, do xulgado de Familia nº 1 de Sevilla, coñecido polas súas opinións contrarias á LIVG e os seus constantes enfrontamentos co Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial.

5. Defenden que OUTRO FEMINISMO É POSIBLE e cóanse con ese discurso nos partidos políticos, acampadas do 15M e demais espazos públicos.

6. Defenden que as mulleres feministas o que de verdade desexan é o exterminio total dos homes, por iso refírense a elas como FEMINAZIS.

7. Aliméntanse e coordinan en páxinas como estas:
Ministerio do equilibrio: http://www.ministeriodeequilibrio.com/
Outro feminismo é posible:
http://otrofeminismoesposible.blogspot.com/
Os meus rizos: http://misrizos.blogspot.com/

MANIFESTARANSE o próximo 13 de novembro en Madrid baixo a lema:'STOP FEMINAZIS'
A convocatoria fixérona en:http://www.gsmspain.com/foros/h1039686_off-topic-Politica_Manifestacion-antifeminazis-13-nov.html

Para saber máis sobre o SAP:
http://www.nodo50.org/mujeresred/spip.php?rubrique102
http://www.observatorioviolencia.org/upload_images/image/sindrome_aliena_parental(1).pdf
http://www.apmj.pt/index.php?option=com_content&view=article&ide=105:comentario-dá-dra-consolo-barea-payueta&catid=44:comentarios&Itemid=73

Para saber máis sobre Custodia Compartida Imposta:
http://www.mujeresycia.com/?x=nota/41323/1/argumentos-contra-a-custodia-compartida-imposta
http://contralacustodiacompartidaimpuesta.blogspot.com/

Para coñecer máis datos sobre denuncias por violencia de xénero:
http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/temas/violencia_domestica_y_de_genero/actividad_del_observatorio?perfil=2
http://www.observatorioviolencia.org

E para saber o que SI É FEMINISMO:
http://www.ciudaddemujeres.com/
http://www.feministas.org/
http://www.redfeminista.org/
http://www.mujeresenred.net/
http://www.e-mulleres.net/...entre outros sitios

CAMPAÑA CONTRA A FALSA IGUALDADE


Desde o Movemento Grito en Silencio, instámosvos a ocupar a rede contra a FALSA IGUALDADE do 11 ao 15 de Novembro de 2011.

Non á FALSA IGUALDADE DE XÉNERO: porque temos un problema grave de VIOLENCIA MACHISTA, con 78 mulleres mortas en 2011

Que se saiba a verdade: 0,01% de denuncias falsas. UNHA PORCENTAXE RIDÍCULA E PARA NADA REPRESENTATIVA aínda que desde determinados colectivos estase a difundir o BULO de que practicamente todas as mulleres maltratadas denunciaron falsamente. Realizar unha denuncia por malos tratos é un paso moi duro para as mulleres e para nada un paso fácil de dar. Pero o único obxectivo destes colectivos é o de DIFAMAR ÁS MULLERES EN XERAL E ESPECIALMENTE ÁS MULLERES MALTRATADAS, PARA ASÍ DESVIAR A ATENCIÓN DO VERDADEIRO PROBLEMA: O MASACRE DE MULLERES A MANS DAS súas PARELLAS Ou EX-PARELLAS.

Non á custodia compartida IMPOSTA SEN ACORDO dos pais: porque está clinicamente demostrado que PERXUDICA gravemente ao desenvolvemento emocional dos menores.
INSEGURIDADE, ANSIEDADE, SENSACIÓN DE ABANDONO, DEPRESIÓN, SUFRIMENTO EMOCIONAL, TRASTORNOS DE SOÑO, FALTA DE APETITO, ALTERACIÓNS DO APEGO, ECCEMAS, AGRESIVIDADE, INCOMUNICACIÓN, PERDA DE CONFIANZA NOS ADULTOS, Etc.
Estes son os síntomas, entre outros, que padecen os nenos debido á IMPOSICIÓN da custodia compartida por vía xudicial. Todos os informes que tiveron como suxeitos de estudo a nenos que padecen ou padeceron esta medida, chegan a estes mesmos síntomas. É máis, nos propios estudos faise referencia ás bravas manipulación de datos que fan as asociacións de pais e faise fincapé en que aquelas informacións en favor da custodia compartida a pesar da conflitividade, están elaboradas por certos "profesionais" que non teñen experiencia á hora de tratar directamente a nenos/as que sofren ou sufriron esta forma de custodia.e A custodia compartida nada ten que ver co interese superior do menor, senón que está baseada na anteposición dos intereses patriarcais.

Non á aplicación da inexistente Síndrome de Alienación Parental: porque está a deixar a nenos e nenas sen nai para polos en mans de maltratadores e pederastas.
Moitas nais están a perder aos seus fillos, a favor do pai maltratador, abusador e/ó neglixente. Inclusive hai nenos/as recluídos en Centros de Menores, por rexeitar estar en compañía do pai. Nenos/as que tiñan unha vida plena e que non estaban en ningunha situación de risco de súpeto atópanse en "programas de desprogramación", privados durante meses da presenza DA súa NAI para "desprogramarse" dela e así pasar a mans dun pai Ao QUE TEÑEN MEDO. Foi o castigo por rexeitar a violencia do pai: o ser diagnosticados e tratados como enfermos mentais. Pero tristemente unha das principais estratexias do SAP consiste en privar de todo valor ao testemuño dos nenos: O seu MEDO E A súa ANGUSTIA NON IMPORTAN NADA.Sen ningunha base científica, xa que nin a Asociación de Psiquiatría de Estados Unidos, nin a Asociación Española de Neuropsiquiatría nin a Organización Mundial da Saúde conceden validez científica ao SAP, é a estratexia deseñada por psicólogos e xuristas, para defender a homes denunciados por ABUSAR SEXUALMENTE DOS seus FILLOS/AS , POR MALTRATAR Aos seus FILLOS/FILLAS E/Ou Ás NAIS DOS seus FILLOS/AS.



- Páxinas de Facebook:
https://www.facebook.com/profile.php?ide=100002954150384
https://www.facebook.com/pages/no-a-a-custodia-compartida-imposta/112834372101937
https://www.facebook.com/grito.ensilencio

- Twitter: NOCCI2010, custodiapositiv

- Blogs:
http://contralacustodiacompartidaimpuesta.blogspot.com/
http://custodiaenpositivo.blogspot.com/


Xa abonda de machismo. Xa abonda de campañas que só defenden intereses patriarcais. Xa abonda de manipulacións da realidade. Xa abonda de que se crean con dereito a esnaquizar a nosa vida e a dos nosos fillos e fillas. Xa abonda de FALSA IGUALDADE.

Fdo. Movemento Grito en Silencio (Asociación de Mulleres Progresistas de Málaga, Asociación Ve a Luz e Asociación Custodia en Positivo)

Premios Violeta Xuventudes Socialistas


A rede acaba de ser recoñecida, nos premios violeta das xuventudes socialistas, coa distinción ó seu compromiso social.

o resto das compañeiras galardoadas son:

Premio ó Compromiso Cultural: Documental Nagore. Helena Taberna (Lamia Producciones)
Premio ó Compromiso Internacional: Euroorden contra a violencia de xénero. Zita Gurmai e Britta Thomsen.

dende a nosa Asociación queremos agradervos que contarárades con nós, xa que así colaborades na visibilidade da violencia de xénero e polo tanto na súa prevención.

a entrada é libre, polo que vos deixamos a información do acto.


Grazas,

unha aperta.

data: 11 de novembro ás 20.00h
lugar: auditorio do mar de vigo


no acto realizaranse as seguintes proxeccións sobre violencia de xénero:

“Flores”
“La muñeca rota”
“Nagore”
“Vamos a acabar con la Violencia de Género en las parejas jóvenes”

o acto, amenizado por Elena Iturrieta e Jaime Zelada, finalizará cuns petiscos.

-----------------

*a foto desta entrada corresponde ós premios violeta 2010, celebrados en Mallorca.

PROXECTO RE-XENÉRATE

A Rede colabora coa Unidade de igualdade da Universidade de Vigo para impartir o proxecto RE-XENÉRATE, un proxecto que prosigue coa formación sobre xénero e violencia de xénero.

A Rede sigue fortalecendo con este proxecto as actividades de formación, xa que identificamos a educación como un dos pilares básicos para a consecución da igualdade.


Programa:

IMPARTIDAS POR CARMEN CLAVERÍA PRADA (psicóloga clínica):

2 de noviembre

16:00 a 18.30 hs.
- Interiorización de roles de xénero.

18.30 a 20 hs.
- Identidade persoal.

- Actividades: Sortearemos mitos e estereotipos cos que se construirán guións escritos que identifiquen: como son e como debo ser.

9 de noviembre

16:00 a 18.30 hs.
- Violencia de xénero.

18.30 a 20 hs.
- Proceso de retroalimentación do vínculo.

- Actividades: nunha tarefa lúdica interrelacionaremos os guións, para identificar os grados de vulnerabilidade cara o maltrato persoal e social.

16 de noviembre

16:00 a 18.30 hs.
- Detección e factores de risco na xuventude. Sinais de advertencia.

18.30 a 20:00 hs.
- Violencia de xénero: consecuencias na saúde e benestar das mozas.

- Actividades: dramatizacións de situacións de maltrato en parellas novas.

23 de noviembre

16:00 a 18.30 hs
- Prevención no ámbito interno persoal e nas relacións sociais.

18.30 a 20 hs
- Actividades: descubrir os recursos para reciclar os mandatos de xénero e para desenrolar o bo trato interno.
En grupos: proxectarán nunha elaboración escrita ou gráfica, integrando as vivencias experimentadas durante o proceso de concientización sobre a violencia de xénero.


28 de novembro

IMPARTIDAS POR ROSA FONTAÍÑA PAZOS (Coordinadora e voceira da Rede de Mulleres Veciñais Contra Os Malos Tratos de Vigo)):

16:00-17:00
- Recursos sociais: o movemento asociativo ante a violencia de xénero.
- Movilización e toma de conciencia da sociedade.


IMPARTIDAS POR RAQUEL DOVAL CARREGAL (Traballadora social da Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos de Vigo :

17 :00 a 19:00: A IGUALDADE: CONTEXTO E SITUACIÓN ACTUAL
- Historia dos feminismos.
- O sistema patriarcal.
- Desigualdades vixentes.

19:00 a 20:00: IDENTIDADE DE XÉNERO
- Medios de socialización: a publicidade e a lingüaxe.
- O tratamento do noso corpo.

- Dinámicas de autocoñecemento sobre o aprendizaxe da identidade de xénero, coñecemento de mulleres importantes na historia, análise de textos a través do traballo grupal, análise da publicidade e proxeccións de vídeos .


30 de novembro

16:00 a 18:00:
- Realización dun videofórum e debate posterior

18:00-19:00:
- Análise da desigualdade a través da música.
- Avaliación grupal do obradoiro.

TEMPOS DIXITAL ENTREVISTA Á REDE


baixo o título "A SOCIEDADE PONLLE A MÁSCARA DA IGUALDADE Ó MACHISMO E Ó SEXISMO" o 24 de outubro Sara Torreiro da Revista Tempos Dixital entrevistou á coordinadora da Rede, Rosa Fontaíña Pazos.

podedes ler a entrevista completa na seguinte dirección:

http://temposdixital.com/td/sociedade/10/a-sociedade-ponlle-a-mascara-da-igualdade-o-machismo-e-o-sexismo/

ACCIÓNS 25 DE NOVEMBRO



Baixo o lema: O MACHISMO MATA o Consello Municipal das Mulleres e a Concellería de Igualdade de Vigo están a por en marcha unha campaña co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.
Esta campaña ofrecerá diferentes actos e actividades para concienciar á cidadanía contra a violencia que se exerce sobre as mulleres. Enviaremos puntualmente información destas actividades a todos os nosos contactos.

Unha das iniciativas que promovemos é ENLAZA VIGO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO:


Enlaza Vigo é unha iniciativa do Consello Municipal da Muller e da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo para o desenvolvemento dunha gran cadea humana na cidade o vindeiro 25 de Novembro de 2011, co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Pretendemos que Vigo exprese dun xeito claro e contundente a súa condena e repulsa contra o machismo e a Violencia de Xénero como unha das súas consecuencias mais tráxicas. Esiximos a todos os poderes públicos, medios de comunicación e sociedade en xeral un compromiso real e unha implicación decidida para combatir o terrorismo machista.

Podes seguir e apoiar esta iniciativa a través das nosas redes sociais:
Blog: http://www.enlazavigo.com/
facebook: http://www.facebook.com/enlazavigo

VIDEOFÓRUM


VIDEOFÓRUM
"LA VIDA EN ROSA:
EDITH PIAF(La Môme)"

ORGANIZA: REDE DE MULLERES CONTRA OS MALOS TRATOS



DATA: XOVES 20 DE OUTUBRO
HORA: 18:00 h.
LUGAR: NO CENTRO DE
DOCUMENTACIÓN E
RECURSOS FEMINISTAS
Biblioteca Pública Central
(Joaquín Yáñez, 6 – 2º andar)
CASCO VELLO


SINOPSE:
Dos barrios baixos de París ao éxito en
Nova York, a vida de Edith Piaf
(Marion Cotillard) foi unha loita por cantar
e sobrevivir, por vivir e amar. Creceu no
medio da pobreza, pero a súa voz inigualable e as súas amizades cos grandes
nomes da época fixeron dela unha estrela mundial.

Dirección: Olivier Dahan.ANO: 2007
DURACIÓN: 140 min.
COLABORA: CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS.

COMUNICADO DA CONCENTRACIÓN CONTRA OS MALOS TRATOS


O luns, 18 deste mes, atopei unha pequena reseña nun periódico local sobre a morte de tres mulleres na páxina de sucesos; somentes ocupaba 10 x 15 cm, o que indica unha vez máis a escasa repercusión que ten para a sociedade a morte das mulleres víctimas da violencia machista. Pequenas crónicas, que lonxe de aparecer en grandes titulares, reseñan tan só o nome e idade das mulleres e acaso o seu lugar de orixe ou onde vivía na actualidade. Son tres mulleres máis que engadir á lista deste ano, que suman xa corenta e oito e que, por experiencia de anos pasados, sabemos que non parará e que seguirá a crecer ata o mes de decembro.
Noutros xornais, nas páxinas interiores, a noticia espállase un pouco, comentando as particularidades desas mortes, que case sempre remiten ás parellas desas mulleres como posibles sospeitosos ou
“presuntos” asasinos: maridos, exnoivos ou parellas sentimentais. Mulleres que morren pola man de homes que, en moitos casos, foron denunciados anteriormente por acoso ou maltrato.
Calquera noticia sobre fútbol, políticos ou persoaxes mediáticos, ten unha maior presenza na primeira páxina de tódolos xornais.
Porén, o peor non é a indiferencia dos medios de comunicación,con todo o poder que posuen para cambiar a mentalidade das persoas, senón a indiferencia salvaxe dos homes e mulleres, que cecais pensan: “a min iso nunca me vai pasar, a violencia machista non entrará nunca na miña vida”.Mais iso non é certo, porque unha sociedade que convive con normalidade cos asasinatos das mulleres, que convive co maltrato, psicolóxico ou físico, non é unha sociedade libre, non é unha sociedade sana, senón débil e murcha.
Esas mulleres morren, porque malviven nunha sociedade patriarcal e machista, que aínda non superou o costume dos homes paleolíticos que empurraban as mulleres ao leito arrastradas polos cabelos, eses cabelos tan perniciosos, según algunhas sociedades, para os homes.Unha sociedade que permite, que agocha, en moitos casos un maltrato que está moi relacionado tamén co salario, en moitos casos inferior ao dos homes, e coa incapacidade real de conciliar a vida familiar e laboral, aínda que nos últimos anos a meirande parte d@s universitari@s sexan mulleres, e a nosa formación supera en moitos casos a dos nosos compañeiros varóns.
Debería ser a sociedade, e a cidadanía que a compón, a que loitara dun xeito comprometido contra a inxustiza que supón o maltrato, para establecer,desde esquemas educativos igualitarios, normas afastadas da violencia, de calquera
violencia exercida contra nenas, nenos e mulleres.
Porque o problema da violencia machista aféctanos a todas e todos e non debería ser tan só un problema tratado desde as asociacións feministas ou desde as políticas de igualdade (que por certo cada vez teñen menos recursos), senón unha preocupación de toda a sociedade.
Por iso, desde aquí, desexamos facer un chamamento a todas e todos para que poñamos dunha vez freo a este problema, que é tan importante como a crise económica, e moito máis que calquera das noticias que a toda cor e en grandes titulares enchen as páxinas dos nosos xornais.


Paula Mariño Pazó
Vigo, 29 de setembro de 2011

VISITA Ó PORTO DE VIGO


A Rede organiza unha visita ó porto de Vigo:

DATA: XOVES 27 DE OUTUBRO
HORARIO: 9.30 - 11.30


A fundación Porto de Vigo convídanos a unha visita guiada ó porto. Unha persoa da Fundación explicará o movemento, capturas, subasta, proceso de empaque, procesos co xeo... e ó final do percorrido visitarase un viveiro.

A nós parécenos importante coñecer o porto pesqueiro de primeira man, onde traballaron e seguen traballando arreo moitos homes e mulleres ata que o peixe chega os mercados.

SE QUEREDES PARTICIPAR PODEDES ANOTARVOS NOS TELÉFONOS DA REDE OU A TRAVÉS DESTE CORREO ELECTRÓNICO, INDICANDO O VOSO NOME, APELIDOS E TELÉFONO DE CONTACTO.
PRAZAS LIMITADAS
PODEDES VIR ACOMPAÑADAS DE FAMILIARES E/OU AMIZADES.

VIDEOFÓRUM


"AMÉRRIKA"

ORGANIZA: REDE DE MULLERES CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO

DATA: XOVES 22 DE SETEMBRO
HORA: 18:00 h.
LUGAR: NO CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS
Biblioteca Pública Central
(Joaquín Yáñez, 6 – 2º andar)
CASCO VELLO


SINOPSE:
A vida de Muna transcorre entre o pesadelo diario dos puntos de control de fronteira en Cisxordania e a sombra dun matrimonio fracasado. Con todo, todo cambia cando obtén un permiso de traballo e residencia para Estados Unidos.
Sabendo que é a única maneira de conseguir un futuro mellor, ela e o seu fillo adolescente deixan Palestina en busca dunha nova vida nunha pequena cidade de Illinois onde está radicada a súa irmá.

DIRECCIÓN E GUIÓN: Cherien Dabis
ANO: 2009
DURACIÓN: 96 min.



COLABORA: CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS. CONCELLERÍA DE IGUALDADE.

RISOTERAPIA PARA MULLERES


COMEZO 21/09/2011
HORA: 19.00 - 21.00
LUGAR: CENTRO CÍVICO CASCO VELLO (R/OLIVA, 12)

TODOS OS MÉRCORES ATA O MES DE DECEMBRO

INSCRICIÓNS A PARTIR DO 1/09/2011
NO LOCAL DA REDE OU NOS TELÉFONOS 986 22 23 28 // 606 92 91 37

IMPARTIDO POR PILAR LORENZO

6€ DE COTA

CAMIÑOS Ó BO TRATO PARA PROFESIONAIS


FORMACIÓN EN XÉNERO E VIOLENCIA DE XÉNERO

OBRADOIRO PARA PROFESIONAIS
(ÁMBITO SOCIAL, SANITARIO, ETC.)
DATA: MARTES 27 DE SETEMBRO
HORA: 18.00-21.00
LUGAR: CENTRO CÍVICO CASCO VELLO (OLIVA, 12)


Inscricións A PARTIR DO 1/09/2011 no local da Rede (Oliva, 12-2º)
ou nos tel. 986 22 23 28 / 606 92 91 37

OBRADOIRO GRATUITO

temáticas: Evolución da personalidade. Identidade feminina e masculina, Estereotipos sociais e culturais. Malos Tratos: vínculo e ciclos, Nenas/os, mozas como vítimas de violencia, Detección temperá, Persoa maltratadora perfil e estratexias de violencia.

VIDEOFÓRUM INFANTIL !!!





“HOTEL PARA PERROS”

lugar: centro cívico casco vello
rúa oliva, 12. frente a colexiata

hora: 18.00 h

data: xoves 11 de agosto

ASINADE!!


Proximamente hai previsto celebrar en Lugo un curso denominado “Custodia compartida nas separacións e divorcios: enfoque multidisciplinar”. A custodia compartida imposta por vía xudicial non é a mellor medida para o benestar e a estabilidade das e dos menores.

Asina en contra da celebración destas xornadas no seguinte enderezo web:


http://actuable.es/peticiones/no-la-difusinn-en-universidad-publica-del-llamado-sindrome
,


que se van a celebrar en Lugo dentro da Universidade de verán 2011 da USC, organizadas e patrocinadas por:

Institución asesora: “Asociación de Padres y Madres Separados de Galicia”
Instituciones patrocinadoras e colaboradoras: Colexio de Avogados de Lugo, Colexio de Procuradores de Lugo, Xunta de Galicia: Dirección Xeral de Xustiza e Consellería de Familia e Benestar, Deputación de Lugo, Concello de Lugo e Fundación Novacaixagalicia.

Un dos ponentes destas xornadas é o xuiz Serrano suspendido da sua actividade polo Consejo General del Poder Judicial por soposta prevaricación
http://www.elpais.com/articulo/sociedad/CGPJ/suspende/juez/cambio/regimen/visitas/nino/procesion/elpepusoc/20110719elpepusoc_8/Tes
Aqui podes ver o contido do curso http://www.usc.es/cultura/uverano25_11.htm


Pretenden utilizar recursos públicos para divulgar a chamada Síndrome de Alienación Parental (SAP) baixo o nome de "Interferencia Parental".

Dende a Rede de Mulleres Contra Os Malos Tratos de Vigo, queremos unirnos á iniciativa da Asociación de Mulleres de Lugo Enriqueta Otero, que está a recoller sinaturas contra a realización do curso denominado “Custodia compartida nas separacións e divorcios: enfoque multidisciplinar” que se vai levar a cabo no colexio de abogados/as de Lugo, xa que unha das intervencións, nomeada “Interferencias nas relacións paterno e materno filiais en caso de separación e divorcio” intenta difundir o Síndrome de Alienación Parental (SAP), un constructo ideado por un médico psicoanalista estadounidense Richard Gadner en 1985, para utilizalo como instrumento de defensa de pais acusados de incesto e/ou abuso. A Organización Mundial da Saúde, entre outras moitas organizacións, determina que a alienación parental non existe. Ante esta situación, dende a Rede, consideramos a realización deste curso, dentro da Universidade como irrespetuoso con toda a sociedade, e especialmente coas mulleres que son as que xa están padecendo as sentenzas onde se lles aplica, de maneira inxusta, o SAP. Estas sentenzas dinnos como debe ser unha familia, como debe ser unha boa nai ou un bo pai. Nestas sentenzas se antepoñe o imaxinario perfecto do modelo masculino de pai á situación de violencia que se vive en moitas familias, que unido á imaxe da nai manipuladora, como estereotipo social, fai que moitas das custodias rematen en mans de homes que exercían violencia sobre as súas parellas.
As sentezas pro-SAP teñen un marcado e profundo machismo xa que se adican maioritariamente a mulleres. Na Audiencia de Barcelona de 24 casos onde se aplicou o SAP 4 eran homes e o resto mulleres.
Apelamos á honestidade e ó sentido común das entidades e persoas que, en pricincipio participarán neste curso, rexeitando coma o facemos nós, estas agresións ás mulleres, e analicen ás persoas que participan como ponentes. Pensamos que non poden obviar que algún dos ponentes, coma Francisco Serrano Castro, está suspendido da súa actividade polo Consello Xeral do Poder Xudicial por suposta prevaricación, e outros están denunciados, ainda que todavía non saíron os xuízos. O Consello Xeral do Poder Xudicial na Guía de Criterios de Actuación Xudicial fronte á Violencia de Xénero do ano 2008, di textualmente: o SAP é unha teoría abertamente pedófila carente de base científica que está a provocar situacións de risco para os nenos e nenas ademáis dunha involución nos dereitos humanos dos e das máis débiles. Entón, por qué se sigue aplicando? débese á resposta simplista que se ofrece fronte a un grave problema, como é o rexeitamento dun neno ou dunha nena a acudir coa súa nai ou o seu pai. Lonxe de analizar e profundar nas causas do referido rexeitamento aplícase a citada “terapia da ameaza” que se leva a cabo obrigando ós e ás menores a que vaian co seu pai cumprindo así as visitas pautadas. Se o neno ou a nena só quere estar coa súa nai, se lle prohibe toda comunicación con ela.


Dende a Rede queremos unirnos, xunto con outras organización feministas e de mulleres, ó rexeitamento ó emprego de recursos públicos para a difusión do SAP, unha teoría non recoñecida pola comunidade científica, baseada en fundamentos machistas.

Debemos facer visible, empregar todos os medios públicos posibles para desenmascarar o sexismo ancestral que se oculta baixo palabras igualitarias nas sentenzas xudicias, e denunciar que o SAP é unha nova forma de violencia de xénero.

VIDEOFÓRUM "COMO LOS DEMÁS"



VIDEOFÓRUM
"COMO LOS DEMÁS"


*ESTE MES POR MOR DE QUE A BIBLIOTECA PECHA POLAS TARDES OS MESES DE XULLO E AGOSTO REALIZAREMOS O VIDEOFÓRUM NO CENTRO CÍVICO CASCO VELLO (RÚA OLIVA, 12)


XOVES 19/07/2011
hora: 18h

NO CENTRO CÍVICO CASCO VELLO
Ó LADO DA COLEXIATA


Director: Vincent Garenq
Actrices/actores: Pilar López de Ayala,Lambert Wilson , Pascal Elbé

+ 7 anos


SINOPSE

Ámanse: Emmanuel e Philippe forman a parella perfecta, ámanse e se levan ben... Ata que Emmanuel sente o desexo de ser pai, a pesar da oposición de Philippe. Un bo día, Emmanuel decídese a telo, pase o que pase, aínda que perda a Philippe... Pero,
como ser pai sendo gai?


* AGRADECEMOS A SÚA DIFUSIÓN

ACTOS POLA LEI DE FAMILIA

O vindeiro martes 28 de xuño vai ser presentado no Parlamento de Galiza o “ Anteproxecto de Lei de Apoio á Familia e á Convivencia en Galicia” para a sua aprobación definitiva.

Esta lei regresiva, de ser aprobada, suporia un grave recorte dos dereitos das mulleres, por iso a Plataforma de Organizacións Feministas organiza un acto informativo e de debate.

Esta actividade terá lugar o luns día 27 de xuño ás 20:00 h. na Casa Galega da Cultura, sita na Praza da Princesa.

Intervirán na mesma:

Monica Bar como presentadora e moderadora.
Cristina Pastoriza pola Platafoma de Organizacións Feministas.
Carmen Cajide deputada polo PSdG no Parlamento de Galiza.
Ana Pontón deputada polo BNG no Parlamento de Galiza.


Convidamos á cidadania en xeral a que divulgue e participe nesta actividade.


--
www.nonaleidefamilia.org

PROXECTO "CAMIÑOS Ó BO TRATO" - FORMACIÓN EN XÉNERO

COMEZA O PROXECTO "CAMIÑOS Ó BO TRATO"
UN PROXECTO PARA A FORMACIÓN EN XÉNERO

Dentro do Programa "CAMIÑOS Ó BO TRATO" que a Rede de Mulleres Veciñais está a levar a cabo en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo, sobre formación en violencia de xénero, convocamos ás persoas interesadas co fin de que asistan ó obradoiro sobre formación en xénero e máis específicamente en violencia de xénero, que terá lugar o día 5 de xullo no Centro Cívico Casco Vello en horario de 18:00 a 21:00.


As temáticas serán as seguintes:
· FORMACIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO:
- Evolución da personalidade. Identidade feminina e masculina.
- Estereotipos sociais e culturais.
- Malos Tratos: vínculo e ciclos.
- Nenas/os, mozas como vítimas de violencia.
- Detección temperá.
- Persoa maltratadora perfil e estratexias de violencia.

Podedes inscribirvos ou ter máis información nos teléfonos:
670 45 34 31 / 986 22 23 28.


A SESIÓN REALIZARASE O DÍA 5 DE XULLO NO CENTRO CÍVICO CASCO VELLO (R/OLIVA, 12)
HORA: 18.00 - 21.00

COMUNICADO

A Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo, quere amosar o seu estupor a máis da súa disconformidade coa sentenza do xulgado número 5 de Vigo(família) que otorga a custodia ao pai da menor de 9 anos que leva case un ano nun centro de acollida, sentenza da que se fixeron eco diversos médios de comunicación
Cremos que a devandita sentenza está moi lonxe da salvaguardar os dereitos da menor para que poida vivir a súa infancia dun xeito digno e pola contra semella estar inspirada no síndrome de alineación parental un instrumento pseudo-cientifico que vulnera os dereitos humanos de nenos e nenas e castiga as nais que pretenden protexelos.
Neste procedemento non se tiveron en conta os informes presentados así como as declaracións de profesionais da saúde en sentido contrario ao fallo xudicial e tampouco unha sentenza anterior favorable á proxenitora.
Tamén queremos amosar a nosa preocupación polo futuro da menor que a tan curta idade viviú unha experiencia tan traumática, nuns tempos no que se nos pretende transmitir a preocupación dos gobernos e da xustiza por protexer a infancia. Pero, unha vez máis todo queda nunha apariencia.

VIDEOFÓRUM



XOVES 16 DE XUÑO
18h

Centro de documentación e recursos feministas (Biblioteca Central-Casco Vello)

ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES

O noso obxetivo é promover ámbitos de participación social para mulleres, así como a creación de debates colectivos baseados nas experiencias propias do movemento asociativo e feminista e do traballo realizado en VIOLENCIA DE XÉNERO.
O sábado de mañán levaranse a cabo as ponencias e pola tarde realizaremos os obradoiros temáticos.

DATAS: venres 27 pola tarde e sábado 28 de maio
LUGAR: Residencia de Tempo Libre de Panxón.

Inscrición e estancia gratuitas. Realizarase por orden de chegada.
Prazas limitadas.


PONENTES:
. Paula Rios Curbeira
Licenciada en filoloxía galego-portuguesa.
“O feminismo na galiza: presente e retos de futuro.”

. Sonia Vaccaro
Experta en violencia de xénero e síndrome de alienación parental.
“O SAP: síndrome de alienación parental”

-TEMÁTICAS DOS OBRADOIROS:
. Saúde afectivo-sexual.
. Violencia de xénero.
. Feminismos.
. autoestima
. etc...

+INFO
670 453 431 / 986 222 328

CURSO FORMACIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO 2011


CURSO DE FORMACIÓN DE MEDIADORAS 2011


LUGAR DE REALIZACIÓN: CENTRO CÍVICO CASCO VELLO, r/ OLIVA, 12. Fronte a Colexiata.

HORARIO: 18:00 - 21:00

+INFO NOS TELS. 986 22 23 28 / 670 45 34 31

O CURSO TEN UN CUSTO DE 6 EUROS.


Primeiro ciclo:

Adicado a coñecer a labor que realizan os/as diferentes profesionais que atenden ás mulleres vítimas de violencia de xénero e estará aberta a todas as mulleres que estén interesadas. O horario será de 18.00 a 21.00 h.

MARTES 5 DE ABRIL,

- Inauguración Iolanda Veloso. Concelleira de Igualdade.

- Santiago Rodíguez Trincado. Inspector Xefe da Policía Autonómica de Vigo.

- Juan Bautista Fernández Sanmiguel. Inspector Xefe do S.A.F.

- Representante do E.V.A.P.

- María Del Pilar Lagos Alonso. Axente da Garda Civil de Pontevedra.



MÉRCORES 6 DE ABRIL,

- Patricia Vilán Lorenzo. Avogada do Colexio de Pontevedra.

- María Luisa Barjés Alonso. Fiscal de violencia de xénero.

- Belén Pérez Gómez. Médica forense do xulgado de Vigo.

- Manuel Ángel Pereira Costas. Xuíz de violencia.



XOVES 7 DE ABRIL
,

- Felisa Balboa Cardoso. Psicóloga do Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.)

- Amalia Gándara Fernández. Traballadora Social do C.I.M.

- Ana Kowalsky Bianchi. Avogada do C.I.M.

- Representante do Centro de Emerxencia.



2º Ciclo: días 13, 14, 15 e 27 de abril, destinada soamente ás mulleres interesadas en participar como voluntarias na Rede, e a ponente será unha psicóloga clínica que impartirá todas as sesións para a formación específica das futuras mediadoras.




Organiza: REDE DE MULLERES VECIÑAIS CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO

Subvenciona: CONCELLERÍA DE IGUALDADE - CONCELLO DE VIGO

Colabora: PARTICIPACIÓN CIDADÁ - CONCELLO DE VIGO

CURSO RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS


DATAS: OS MÉRCORES DENDE O 27/04/2011 ata o 29/06/2011
HORARIO: 18.00 - 21.00
LUGAR: CENTRO CÍVICO CASCO VELLO (r/ Oliva, 12-2º) frente a Colexiata.

IMPARTIDO POR: EMMA CASAL GIRÁLDEZ

PROGRAMA:

1.- RESOLUCIÓNS DE CONFILCTOS:
- Comunicación eficaz
- Asertividade
- Empatía
- Negociación

2.- TÉCNICAS DE CONTROL DE EMOCIÓNS

ÚLTIMO DÍA PARA INSCRIBIRSE: 20/04/2011

+ INFO: 986 22 23 28 OU NO LOCAL DA REDE

DENTRO DO PROGRAMA PARA MULLERES "PENSA EN TI" DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

VIDEOFÓRUMS 2011


VIDEOFÓRUMS 2011

Lugar: Centro de documentación feminista
Biblioteca Púbilica Central – Joaquín Yáñez 6 – 2º
Hora: 18:00


MARTES 12 DE ABRIL
“PRECIOUS”

*Colabora:campaña mundial pola educación
DIRECCIÓN: Le Daniels
ANO: 2009
DURACIÓN: 109 min.
Cando Precious (Gabourey Sidibe), de 16 anos, aprende a ler e a escribir, descobre un novo
mundo. Un mundo no que pode ao fin expresarse dunha maneira que nunca puido imaxinar. Un
mundo onde cada moza pode ser fermosa, forte, independente…


MARTES 10 DE MAIO
“EL ERIZO”


DIRECCIÓN: Mona Achache
ANO: 2009
DURACIÓN: 100 min.
É a historia dun encontro inesperado entre algúns dos habitantes dun inmoble da rúa Eugàne
Manuel, en París: Pomba Josse, unha nena de once anos tremendamente intelixente e cun plan secreto;
Renée Michel, porteira discreta e solitaria que baixo a súa aparencia de inculta e arisca oculta en realidade
unha personalidade intelixente e cultivada; e o enigmático señor Kakuro Ozu, un xaponés que acaba de
mudarse ao edificio…


Colabora:Concellería de Igualdade

VIDEOFÓRUM


" EL NIÑO PEZ"
UNHA PELÍCULA DE LÚCÍA PUENZO

96 MINUTOS

DATA: 16/03/2011
HORA: 18.00 h.
LUGAR: centro de documentación feminista
r/ Joaquín Yáñez, 6 - 2º . biblioteca pública do casco vello


sinopse
Lala, unha adolescente que vive no barrio máis exclusivo de Buenos Aires, está namorada da Guayi, a criada paraguaia que traballa na súa casa. Soñan con irse a vivir xuntas a Paraguai, a beiras do lago Ypoá. O asasinato do pai de Lala apura os seus plans. Este é o punto de partida que apura a fuxida na ruta que une o norte de Buenos Aires con Paraguai.


AGARDÁMOSVOS!!

BLOG ANTERIOR

Podedes atopar informacións pasadas no seguinte enlace:
http://www.blogoteca.com/redemulleres/index.php

ESTADÍSTICAS 2010



O número de mulleres asasinadas recollidas pola Rede foi de 114
O número de asasinatos recollidos oficialmente é de 75.
Esta diferenza se debe a que a Rede tamén contabiliza o asasinato de menores, en casos por exemplo de pederastia, ou de mulleres que están exercendo a prostitución.

A gráfica representa os países de orixen das mulleres asasinadas.