Nova sentenza que considera abuso sexual e non agresión

Condenados por abuso sexual e non agresión, os dous homes que agrediron a unha muller en Valencia en xuño de 2016.
Outro caso onde unha muller en estado de aturdimento e confusión foi agredida sexualmente en grupo, enganárona para que lles acompañara e dous deles agredirona sexualmente nun coche mentres un terceiro foi imputado como coperador necesario. A Audiencia de Valencia xulga este ataque machista como abuso sexual e non violación ao non considerar probado o emprego dun medio físico para dobregar a vontade da denunciante e tampouco a existencia de intimidación. A acusación particular e a fiscalía si que solicitaban a súa condea por agresión sexual xa que a muller intentou repelelos pero non foi capaz.
Parece ser que tres homes fronte a unha muller aturdida e dentro dun coche do que non pode sair non é suficiente intimidación para as persoas encargadas de impartir xustiza neste caso; os autores foron condenados a 4 anos e medio de condea e a pagar unha indemnización á vítima de 6.000€

Dende a Rede de Mulleres seguimos reivindicando a necesidade de aplicar a perspectiva de xénero na aplicación da xustiza como medida para evitar a adopción de resolucións que seguen revitimizando e cuestionando ás mulleres, perpetuando así unha grave vulneración dos dereitos humanos. Decisións coma esta ou da "manada dos Sanfermíns" son unha mostra dos estereotipos machistas que todavían perduran na nosa sociedade, que cada día alimentan máis e máis a cultura da violación. Tamén é necesario adaptarnos a definición de violación do Convenio de Estambul baseada na ausencia de consentimento (non na existencia de violencia ou intimidación). Sen unha aplicación da lei dende o respecto e a igualdade non conseguiremos ter unha sociedade máis xusta na que sexan garantidos os dereitos de tódalas persoas.

Solo Si é si.

https://www.publico.es/sociedad/violencia-machista-condenan-abuso-no-agresion-sexual-hombres-violaron-turnos-mujer-valencia-2016.html