A Rede colabora coa Unidade de igualdade da Universidade de Vigo para impartir o proxecto RE-XENÉRATE, un proxecto que prosigue coa formación sobre xénero e violencia de xénero.
A Rede sigue fortalecendo con este proxecto as actividades de formación, xa que identificamos a educación como un dos pilares básicos para a consecución da igualdade.
Programa:
IMPARTIDAS POR CARMEN CLAVERÍA PRADA (psicóloga clínica):
2 de noviembre
16:00 a 18.30 hs.
- Interiorización de roles de xénero.
18.30 a 20 hs.
- Identidade persoal.
- Actividades: Sortearemos mitos e estereotipos cos que se construirán guións escritos que identifiquen: como son e como debo ser.
9 de noviembre
16:00 a 18.30 hs.
- Violencia de xénero.
18.30 a 20 hs.
- Proceso de retroalimentación do vínculo.
- Actividades: nunha tarefa lúdica interrelacionaremos os guións, para identificar os grados de vulnerabilidade cara o maltrato persoal e social.
16 de noviembre
16:00 a 18.30 hs.
- Detección e factores de risco na xuventude. Sinais de advertencia.
18.30 a 20:00 hs.
- Violencia de xénero: consecuencias na saúde e benestar das mozas.
- Actividades: dramatizacións de situacións de maltrato en parellas novas.
23 de noviembre
16:00 a 18.30 hs
- Prevención no ámbito interno persoal e nas relacións sociais.
18.30 a 20 hs
- Actividades: descubrir os recursos para reciclar os mandatos de xénero e para desenrolar o bo trato interno.
En grupos: proxectarán nunha elaboración escrita ou gráfica, integrando as vivencias experimentadas durante o proceso de concientización sobre a violencia de xénero.
28 de novembro
IMPARTIDAS POR ROSA FONTAÍÑA PAZOS (Coordinadora e voceira da Rede de Mulleres Veciñais Contra Os Malos Tratos de Vigo)):
16:00-17:00
- Recursos sociais: o movemento asociativo ante a violencia de xénero.
- Movilización e toma de conciencia da sociedade.
IMPARTIDAS POR RAQUEL DOVAL CARREGAL (Traballadora social da Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos de Vigo :
17 :00 a 19:00: A IGUALDADE: CONTEXTO E SITUACIÓN ACTUAL
- Historia dos feminismos.
- O sistema patriarcal.
- Desigualdades vixentes.
19:00 a 20:00: IDENTIDADE DE XÉNERO
- Medios de socialización: a publicidade e a lingüaxe.
- O tratamento do noso corpo.
- Dinámicas de autocoñecemento sobre o aprendizaxe da identidade de xénero, coñecemento de mulleres importantes na historia, análise de textos a través do traballo grupal, análise da publicidade e proxeccións de vídeos .
30 de novembro
16:00 a 18:00:
- Realización dun videofórum e debate posterior
18:00-19:00:
- Análise da desigualdade a través da música.
- Avaliación grupal do obradoiro.
TEMPOS DIXITAL ENTREVISTA Á REDE

baixo o título "A SOCIEDADE PONLLE A MÁSCARA DA IGUALDADE Ó MACHISMO E Ó SEXISMO" o 24 de outubro Sara Torreiro da Revista Tempos Dixital entrevistou á coordinadora da Rede, Rosa Fontaíña Pazos.
podedes ler a entrevista completa na seguinte dirección:
http://temposdixital.com/td/sociedade/10/a-sociedade-ponlle-a-mascara-da-igualdade-o-machismo-e-o-sexismo/
ACCIÓNS 25 DE NOVEMBRO


Baixo o lema: O MACHISMO MATA o Consello Municipal das Mulleres e a Concellería de Igualdade de Vigo están a por en marcha unha campaña co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.
Esta campaña ofrecerá diferentes actos e actividades para concienciar á cidadanía contra a violencia que se exerce sobre as mulleres. Enviaremos puntualmente información destas actividades a todos os nosos contactos.
Unha das iniciativas que promovemos é ENLAZA VIGO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO:
Enlaza Vigo é unha iniciativa do Consello Municipal da Muller e da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo para o desenvolvemento dunha gran cadea humana na cidade o vindeiro 25 de Novembro de 2011, co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Pretendemos que Vigo exprese dun xeito claro e contundente a súa condena e repulsa contra o machismo e a Violencia de Xénero como unha das súas consecuencias mais tráxicas. Esiximos a todos os poderes públicos, medios de comunicación e sociedade en xeral un compromiso real e unha implicación decidida para combatir o terrorismo machista.
Podes seguir e apoiar esta iniciativa a través das nosas redes sociais:
Blog: http://www.enlazavigo.com/
facebook: http://www.facebook.com/enlazavigo
VIDEOFÓRUM

VIDEOFÓRUM
"LA VIDA EN ROSA:
EDITH PIAF(La Môme)"
ORGANIZA: REDE DE MULLERES CONTRA OS MALOS TRATOS
DATA: XOVES 20 DE OUTUBRO
HORA: 18:00 h.
LUGAR: NO CENTRO DE
DOCUMENTACIÓN E
RECURSOS FEMINISTAS
Biblioteca Pública Central
(Joaquín Yáñez, 6 – 2º andar)
CASCO VELLO
SINOPSE:
Dos barrios baixos de París ao éxito en
Nova York, a vida de Edith Piaf
(Marion Cotillard) foi unha loita por cantar
e sobrevivir, por vivir e amar. Creceu no
medio da pobreza, pero a súa voz inigualable e as súas amizades cos grandes
nomes da época fixeron dela unha estrela mundial.
Dirección: Olivier Dahan.ANO: 2007
DURACIÓN: 140 min.
COLABORA: CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS.
COMUNICADO DA CONCENTRACIÓN CONTRA OS MALOS TRATOS

O luns, 18 deste mes, atopei unha pequena reseña nun periódico local sobre a morte de tres mulleres na páxina de sucesos; somentes ocupaba 10 x 15 cm, o que indica unha vez máis a escasa repercusión que ten para a sociedade a morte das mulleres víctimas da violencia machista. Pequenas crónicas, que lonxe de aparecer en grandes titulares, reseñan tan só o nome e idade das mulleres e acaso o seu lugar de orixe ou onde vivía na actualidade. Son tres mulleres máis que engadir á lista deste ano, que suman xa corenta e oito e que, por experiencia de anos pasados, sabemos que non parará e que seguirá a crecer ata o mes de decembro.
Noutros xornais, nas páxinas interiores, a noticia espállase un pouco, comentando as particularidades desas mortes, que case sempre remiten ás parellas desas mulleres como posibles sospeitosos ou
“presuntos” asasinos: maridos, exnoivos ou parellas sentimentais. Mulleres que morren pola man de homes que, en moitos casos, foron denunciados anteriormente por acoso ou maltrato.
Calquera noticia sobre fútbol, políticos ou persoaxes mediáticos, ten unha maior presenza na primeira páxina de tódolos xornais.
Porén, o peor non é a indiferencia dos medios de comunicación,con todo o poder que posuen para cambiar a mentalidade das persoas, senón a indiferencia salvaxe dos homes e mulleres, que cecais pensan: “a min iso nunca me vai pasar, a violencia machista non entrará nunca na miña vida”.Mais iso non é certo, porque unha sociedade que convive con normalidade cos asasinatos das mulleres, que convive co maltrato, psicolóxico ou físico, non é unha sociedade libre, non é unha sociedade sana, senón débil e murcha.
Esas mulleres morren, porque malviven nunha sociedade patriarcal e machista, que aínda non superou o costume dos homes paleolíticos que empurraban as mulleres ao leito arrastradas polos cabelos, eses cabelos tan perniciosos, según algunhas sociedades, para os homes.Unha sociedade que permite, que agocha, en moitos casos un maltrato que está moi relacionado tamén co salario, en moitos casos inferior ao dos homes, e coa incapacidade real de conciliar a vida familiar e laboral, aínda que nos últimos anos a meirande parte d@s universitari@s sexan mulleres, e a nosa formación supera en moitos casos a dos nosos compañeiros varóns.
Debería ser a sociedade, e a cidadanía que a compón, a que loitara dun xeito comprometido contra a inxustiza que supón o maltrato, para establecer,desde esquemas educativos igualitarios, normas afastadas da violencia, de calquera
violencia exercida contra nenas, nenos e mulleres.
Porque o problema da violencia machista aféctanos a todas e todos e non debería ser tan só un problema tratado desde as asociacións feministas ou desde as políticas de igualdade (que por certo cada vez teñen menos recursos), senón unha preocupación de toda a sociedade.
Por iso, desde aquí, desexamos facer un chamamento a todas e todos para que poñamos dunha vez freo a este problema, que é tan importante como a crise económica, e moito máis que calquera das noticias que a toda cor e en grandes titulares enchen as páxinas dos nosos xornais.
Paula Mariño Pazó
Vigo, 29 de setembro de 2011
VISITA Ó PORTO DE VIGO

A Rede organiza unha visita ó porto de Vigo:
DATA: XOVES 27 DE OUTUBRO
HORARIO: 9.30 - 11.30
A fundación Porto de Vigo convídanos a unha visita guiada ó porto. Unha persoa da Fundación explicará o movemento, capturas, subasta, proceso de empaque, procesos co xeo... e ó final do percorrido visitarase un viveiro.
A nós parécenos importante coñecer o porto pesqueiro de primeira man, onde traballaron e seguen traballando arreo moitos homes e mulleres ata que o peixe chega os mercados.
SE QUEREDES PARTICIPAR PODEDES ANOTARVOS NOS TELÉFONOS DA REDE OU A TRAVÉS DESTE CORREO ELECTRÓNICO, INDICANDO O VOSO NOME, APELIDOS E TELÉFONO DE CONTACTO.
PRAZAS LIMITADAS
PODEDES VIR ACOMPAÑADAS DE FAMILIARES E/OU AMIZADES.
VIDEOFÓRUM

"AMÉRRIKA"
ORGANIZA: REDE DE MULLERES CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO
DATA: XOVES 22 DE SETEMBRO
HORA: 18:00 h.
LUGAR: NO CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS Biblioteca Pública Central
(Joaquín Yáñez, 6 – 2º andar)
CASCO VELLO
SINOPSE:
A vida de Muna transcorre entre o pesadelo diario dos puntos de control de fronteira en Cisxordania e a sombra dun matrimonio fracasado. Con todo, todo cambia cando obtén un permiso de traballo e residencia para Estados Unidos.
Sabendo que é a única maneira de conseguir un futuro mellor, ela e o seu fillo adolescente deixan Palestina en busca dunha nova vida nunha pequena cidade de Illinois onde está radicada a súa irmá.
DIRECCIÓN E GUIÓN: Cherien Dabis
ANO: 2009
DURACIÓN: 96 min.
COLABORA: CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS. CONCELLERÍA DE IGUALDADE.
RISOTERAPIA PARA MULLERES
CAMIÑOS Ó BO TRATO PARA PROFESIONAIS
FORMACIÓN EN XÉNERO E VIOLENCIA DE XÉNERO
OBRADOIRO PARA PROFESIONAIS
(ÁMBITO SOCIAL, SANITARIO, ETC.)
DATA: MARTES 27 DE SETEMBRO
HORA: 18.00-21.00
LUGAR: CENTRO CÍVICO CASCO VELLO (OLIVA, 12)
Inscricións A PARTIR DO 1/09/2011 no local da Rede (Oliva, 12-2º)
ou nos tel. 986 22 23 28 / 606 92 91 37
OBRADOIRO GRATUITO
temáticas: Evolución da personalidade. Identidade feminina e masculina, Estereotipos sociais e culturais. Malos Tratos: vínculo e ciclos, Nenas/os, mozas como vítimas de violencia, Detección temperá, Persoa maltratadora perfil e estratexias de violencia.
VIDEOFÓRUM INFANTIL !!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

