Voluntariado Galego

(31-05-2012)

Suspéndese ata novo aviso o VI Congreso galego de voluntariado 'As persoas nas organizacións solidarias'

Queda suspendido ata novo aviso o VI Congreso Galego de Voluntariado que, baixo o lema "As persoas nas organizacións solidarias", estaba a organizar a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para o vindeiro 13 de xuño na Estación Marítima de Vigo.Non obstante, mantense para a mesma data o III Foro da Solidariedade, co mesmo título, se ben este se desenvolverá en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo (rúa Concepción Arenal, 8). 
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado lamenta profundamente este incidente, que se produce por causas alleas á súa vontade, e agarda poder dar en breve novas ao respecto.

Balnearios Provincia Pontevedra


Programa diúrno de balnearios na provincia de Pontevedra
Normativa:
Obxecto:
Proporcionar ás persoas a partir de 50 anos, pensionistas, ou con necesidades de respiro familiar, pensionistas, ou con necesidades de respiro familiar, unha serie de actividades encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida, ofrecéndolles a oportunidade de ocupar o seu tempo de lecer, a uns prezos reducidos.
Características do programa:
O Programa consiste en pasar cinco tardes seguidas (de luns a venres) nos Balnearios, Talasos e Spas da provincia de Pontevedra. Este levarase a cabo nunha soa campaña e as saídas realizaranse ao longo de todo o ano, agás no mes de agosto.
Cada semana de ámbolas dúas campañas sairá un autobús con cartel identificativo que recollerá ás persoas beneficiarias e os trasladará aos balnearios elixidos, onde permanecerán por unha media de dúas horas.
O/A guía repartirá repartirá o primeiro día un bono de viaxe coa data e hora de recollida, e indicará a cota a pagar por cada participante.
Persoas beneficiarias requisitos:
  1. Persoas a partir de 50 anos.
  2. Pensionistas.
  3. Aquelas persoas que mediante un informe da/do Traballador/a Social do Concello se estime conveniente, entendéndose como unha situación de respiro familiar.
E requisito indispensable non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía para participar nel.
Financiamento:
A Deputación achegará por cada praza 35 €, o Concello 10 € e o/a usuario/a achegará unha cantidade que dependerá dos prezos ofertados pola empresa adxudicataria da organización do programa, sendo o prezo máximo de 140 €/persoa (ive incluido)). No caso de que o Concello non se adhira ao programa, a persoa participante terá que custear a parte proporcional da subvención do mesmo.
Documentación:
Para a adhesión ao programa dos concellos:
·         Solicitude asinada polo/s solicitantes, acompañado do DNI.
·         Certificado de do acordo de adhesión ao Programa, para unha ou as dúas campañas, facendo constar o nº de prazas que o concello está disposto a subvencionar en cada campaña.
·         Listaxes nominais dos/das persoas participantes, por orde de puntuación de maior a menor.
Para as persoas interesadas cuxos concellos non se adhiran ao programa:
·         Solicitude
·         Fotocopia de DNI.
Selección de solicitudes dos concello adheridos
Nos concellos adheridos, cando as prazas subvencionadas fosen inferiores ás demandas, realizarase a selección desde os Servizos Sociais municipais, dando preferencia primeiramente ás persoas que non participaron no ano anterior, e de seguido ás persoas de maior idade ou con necesidades de respiro familiar. No caso de solicitudes de cónxuxe ou parella, os expedientes baremaranse establecendo a media aritmética das súas idades.
Lugar de presentación:
Prazo de presentación:
Tanto para os concellos adheridos como para as persoas que solicitan de forma independente será de 20 días hábiles a partir do día seguinte á publicación no BOP. Ata o 29 de xuño de 2012.

Risaactiva: "Meditación de la risa"


Saludos llenos de buen humor!!
Este miércoles regálate y regala alegría, relax y bienestar.
Invita a tus amig@s

 "MEDITACIÓN DE LA RISA"

Todos los miércoles de 20:00-21:00.

Reír es un modo natural de acceder al estado de “no pensamiento” y así conectar con la inteligencia superior que todos llevamos dentro.
La práctica de la Risa Incondicional beneficia la salud psicofísica: favorece la claridad mental, desarrolla el pensamiento creativo, produce una completa relajación a nivel mental, físico y emocional; fortalece el sistema inmunológico y reduce la hormona del estrés.

8€ (una clase) (20€ mensual)


Gracias por compartir esta información
Equipo RisaActiva
www.risaactiva.es
nos tomamos tu risa muy en serio

Síguenos en Facebook

Unha data unha idade un lugar

http://envolventesaspalabras.info/

Un vigués acepta doce anos de cárcere por maltratar a súa exmoza

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2012/05/31/vigues-acepta-doce-anos-carcel-maltratar-exnovia/0003_2012051338451955561273.htm

Condeado un vigués ebrio por un sinistro no que pereceu a súa muller

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/06/01/condenado-vigues-ebrio-siniestro-perecio-mujer/0003_201206G1P13991.htm

Cheque infantil

Información sobre o cheque infantil para o curso do 2012 - 2013.

1. As solicitudes, xunto coa documentación requirida, dirixidas á xefatura territorial da
Consellería de Traballo e Benestar da provincia onde teña o seu domicilio a/o solicitante,
presentaranse nos rexistros da Xunta de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4.º
da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común. Así mesmo, tamén poderán presentala en formato
electrónico a través da sede da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.es

2. O prazo de presentación de solicitudes de axuda será dun mes desde a publicación
desta orde no Diario Oficial de Galicia. A partir de maña día 1 de xuño.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da
publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día

"Mirar a la ventana"

O Espazo Aberto Antimilitar en colaboración coa xente do Colectivo Maduras vos convocamos a que asistades á PROXECCIÓN en Vigo do DOCUMENTAL "MIRAR A LA VENTANA", que nos achega a insubmisión pero contada dende as mulleres que acompañaron a fillos, parellas, irmáns implicados nesta loita.
O documental o proxectaremos no CS "Cova Dos Ratos" (Romil 3 - Vigo) o VENRES 8 de xuño a partires das 20h30.
Como explican na súa páxina de facebook:
“Mirar a la ventana” es un documental que narra la historia de 12 mujeres extremeñas que, en la década de los ’90, se vincularon a las Campañas de desobediencia civil, no violenta, pública, abierta, transformadora colectiva e ilegal denominada Insumisión. Su vinculación no fue por afinidad política o ideológica sino afectiva; a excepción de María que participó de ambas. Plasma desde la voz de la mujer, ese espacio de resistencia que cada una de ellas generó en las líneas básicas de su día a día (Familia, entorno social, afectivo o ideológico,…) y cómo esto afectó a sus vidas.
Las mujeres de las que te hablamos se llaman María, Susana, Natalia, Micaela, Nati, Bea, Agustina, Elena, Inma, Mari, Montaña y Mari Carmen. Casi tres generaciones de mujeres que han vivido en Extremadura (España). Ellas son todos estos nombres y todos los nombres de mujer que no hemos dicho. Para todas y para cada una de ellas, la voz y nuestro agradecimiento.
Espazo Aberto Antimilitar  |  nonaogastomilitar.org