AXENDA SEMANAL NA CASA DAS MULLERES
III Ciclo “ MULLER E SAÚDE INTEGRAL “
Actividades na CASA DAS MULLERES ( rúa Romil nº 20, Vigo )
Nesta nova edición do Ciclo “ Muller e Saúde Integral”, contaremos cunha novidade,
compaxinaremos sesións de relatorios de saúde con sesións demostrativas, exemplos
prácticos que poidamos realizar decote e que melloren a nosa calidade de vida.
A participación en todas as actividades deste ciclo será gratuíta e non require inscrición
previa.
ABRIL 2012
Relatorio: “ A SAUDE FEMININA A PARTIR DOS 40 ”
Intervén: Amaia Pérez-Izaguirre Urquizu -Médica de familia-
Xoves, 12 de abril ás 19.00 h
Obradoiro:“ Practiquemos RISOTERAPIA. EFECTOS BENEFICIOSOS”
Intervén: Pilar Lorenzo Represas -Monitora de risoterapia-
Xoves, 19 de abril ás 19.00 h
Obradoiro: “ Practiquemos PILATES. EFECTOS BENEFICIOSOS ”
Intervén: Isabel Rodríguez de la Iglesia -Monitora de pilates-
Xoves, 26 de abril ás 19.00 h
MAIO 2012
Relatorio: “ A DEPRESIÓN FEMININA ”
Intervén: Carmen Clavería Prada – Psicóloga -
Xoves, 3 de maio ás 19.00 h
Obradoiro: “ EXERCITEMOS A NOSA AUTOESTIMA ”
Intervén: Carmen Clavería Prada – Psicóloga -
Xoves, 31 de maio ás 19.00 h
XUÑO 2012
Relatorio “ A PREVENCIÓN DO CANCRO DE PEL ”
Colabora: Asociación Española Contra el Cáncer
Intervén: Sole Reparaz –Médica-
Xoves, 14 de xuño ás 19.00 h
Obradoiro: “ Casos Prácticos: PRIMEIROS AUXILIOS NO VERÁN ”
Colabora: Plan Saúde do Concello de Vigo
Intervén: Carlos Vales Porto
Xoves, 21 de xuño ás 19.00 h
Todas as actividades do ciclo Muller e Saúde Integral III van dirixidas a mulleres.
Todas se desenvolverán na Casa das Mulleres na rúa Romil número 20 de Vigo
no horario que se indica en cada unha delas. Aforo limitado.
Ademais ao longo dos meses de abril a xuño, poderán visitarse exposicións e
participar noutras actividades no horario da Casa.
Teléfono : 986 442 194 www.igualdadevigo.org
OBRADOIROS DE FORMACIÓN PERMANENTE
OBRADOIROS DE FORMACIÓN PERMANENTE
|
PARA MEDIADORAS/ES
|
DÍA: Mércores 20 de xuño de 2012
HORA:
18:00 A 21:00
LUGAR: Centro
Cívico do Casco Vello, r/ Oliva 12.
IMPARTIDO POR: Carmen Clavería Prada, psicóloga clínica, experta en violencia de xénero.
INSCRICIÓN:
No 986 222 328, 670 453 431 ou no local da Rede; rúa oliva nº 12, 2º andar.
OBXECTIVOS:
Conquerir que as mediadoras/es posúan os coñecementos
necesarios para seguir desenvolvendo habilidades que lles permitan un desempeño
máis operativo das súas actividades
e mellorar o proceso de contención
e de comunicación psico-social
coas mulleres maltratadas e co contorno.
- O compromiso das mediadoras/es na Asociación.
- O protocolo de funcionamento.
- A confidencialidade na intervención.
- A Identidade
persoal, de xénero e como Mediadoras.
- A saúde
emocional e social.
- Mobilización
de recursos internos e externos.
- Aprendizaxe e concienciación das crenzas
persoais.
- Promoción de condutas saudables nas
relacións grupais .
Ð No
obradoiro implementaranse técnicas altamente mobilizantes que permitan unha
aprendizaxe máis eficaz e que promovan actitudes de reflexión e de
concienciación. Se se detectan procesos emerxentes, poderán ser considerados como temáticas a desenvolver noutro obradoiro,
dentro do proceso de formación permanente.
AGARDÁMOSVOS.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
