GALLARDÓN ESCOITA A ROUCO E RECUPERA A SÚA CONTRARREFORMA DA LEI DO ABORTO
Según declaracións de Gallardón, a nova normativa dubidará do perigo para a saúde física e psicolóxica da muller; e se prohibirá o aborto por discapacidade do feto. A normativa suporía un retroceso nos dereitos das mulleres, anterior á lei de prazos de 1985.
http://www.publico.es/453763/gallardon-escucha-a-rouco-y-recupera-su-contrarreforma-de-la-ley-del-aborto
Plataforma en defensa dos dereitos reproductivos das mullers: Decidir fainos libres. Para máis información:
http://nosotrasdecidimos.org/manifiesto-gallego/
O GRITO MUDO DUN NENO OU NENA MALTRATADA
A maior parte dos abusos se dan dentro das unidades familiares. Lamentablemente, estes casos siguen xerando unha vergoña social.
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/10/espana/1365613133.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/10/espana/1365613133.html
DOCUMENTAL "CON TU DINERO"
ESTREA EN VIGO DO DOCUMENTAL "CON TU DINERO"
Até que punto a sociedade é consciente do xeito
en que se emprega o seu diñeiro?
As asociacións Fiare Galiza e Amarante Setem en colaboración con Adicae, COOP 57 e AIS O Peto organizan a presentación e proxección do documental "Con tu Dinero" que pretende facer ver algunhas das malas prácticas das entidades bancarias, desde inversións en armas até desfiuzamentos de familias desfavorecidas.
A proxección deste documental contará coa presenza do seu director, Iker Espúñez (que se desplaza a Galiza exclusivamente para estar presente nas sesións).
Neste documental no que non se pretende sentar cátedra, tamén se presentan alternativas ao actual sistema bancario, a través da banca ética e as redes de economía alternativa no que se busca que cada persoa tire as súas propias conclusións.
O documental está producido por MOBIOLAK. Dura cerca de 70 minutos e despois da súa proxección haberá unha charla-coloquio con con Iker Espúñez, membros de Fiare Banca Ética, responsábeis da ONGD Amarante Setem e máis representantes de COOP 57, AIS O Peto e Adicae, e na que poderá participar todo o público asistente.
DATA/LUGAR DA PROXECCIÓN
A entrada será libre até completar aforo.
Proxección do documental. En Vigo o documental proxectarase o mércores 17 de Abril ás 19:30 horas no Centro Cívico de Teis, Camiño Maceiras s/n.
Participantes:
Iker Espúñez: director do documental.
Fiare banca ética: Manual Adame.
COOP 57 Galiza: Teresa Balado.
Amarante Setem: Xosé Luís Riveiro.
Adicae: Iria Aguete
AIS O Peto: Raquel Doallo
SINOPSE
Este documental pretende reflexar as prácticas financeiras alternativas á banca
convencional que podemos atopar na actualidade no estado español.
A crise, motivada en grande parte por prácticas bancarias de dubidosa legalidade, abriu na sociedade un debate sobre a forma na que tanto os bancos como as caixas de aforros xestionan o diñeiro que depositan os/as seus/súas clientes/as. Até qué punto a sociedade é consciente da forma en que se emprega o seu diñeiro?
"MUJERES JURISTAS" VETAN UN AUTO QUE NON VE VIOLENCIA MACHISTA EN ABOFETEAR A UNHA EX MOZA!
Alegrámonos de que Mujeres Juristas veten un auto realmente escandoloso. Unímonos dende aquí á denuncia de Mujeres Juristas por un caso no que un home pegoulle unha bofetada a súa ex-moza ao vela cunha nova parella: isto non foi considerada violencia de xénero polos xulgados de Castellón. ABOFETEAR A TÚA EX MOZA É VIOLENCIA DE XÉNERO. Ate cando temos que ler estas novas?
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/11/castellon/1365662788.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/11/castellon/1365662788.html
O OBISPO DE ALCALÁ DE HENARES VINCULA A EDUCACIÓN SEXUAL Á TENDENCIA A PROSTITUIRSE NOS NENOS E NENAS
A educación sexual fainos máis libres e co dereito a decidir: pero iso é bo, non é malo!
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/04/10/reig-pla-obispo-alcala-henares-liga-homosexualidad-ninos-ideologias-introducidas-ensenanza/00031365592930650447404.htm
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/04/10/reig-pla-obispo-alcala-henares-liga-homosexualidad-ninos-ideologias-introducidas-ensenanza/00031365592930650447404.htm
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

