A violencia de xénero non ten idade. Esta semán pasada, de novo, mulleres asasinadas brutalmente por violencia de xénero
Esta última semán asistimos a novos casos de violencia de xénero.
O domingo unha anciá morre asasinada a coiteladas, presuntamente polo seu marido. O pasado xoves, unha rapaza de 22 anos é asasinada, presuntamente, pola súa ex parella, coa que tiña un fillo. Ese memos xoves, atopan o corpo descuartizado dunha muller de 42 anos nun conxelador, trala confesión do seu marido.
Aquí tedes os enlaces cos casos das mulleres asasinadas por violencia de xénero:
http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/06/13/hallan-cadaver-descuartizado-mujer-congelador/827908.html
http://www.vigoalminuto.com/2013/06/16/una-anciana-muere-acuchillada-presuntamente-a-manos-de-su-marido-que-tambien-ha-muerto/
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/12/andalucia/1371046134.html
A violencia de xénero ten que desaparecer da sección de prensa de "sucesos". Lembramos que unha muller asasinada non é un suceso, é unha violencia estructural que debe ser abordada dende a desigualdade social na que vivimos.
Informe: Violencia de xénero
2013 está sendo un ano dramático para a violencia de xénero. Segundo o CIS, 600.000 mulleres sofren malos tratos, e en 2012 só 128.000 denunciaron.
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/13/espana/1371136260.html
Chequeo aos malos tratos
Como recomenda un informe da OMS sobre 'Violencia contra as mulleres', dirixíndose ao personal sanitario: "non teña medo de preguntar. Contrariamente á crenza popular, a maioría das mulleres están dispostas a revelar o maltrato cando se lles pregunta de forma directa e non valorativa. En realidade, moitas están esperando silenciosamente que alguén lles pregunte". E así o suxire tamén o protocolo do Ministerio.
http://www.elmundo.es/elmundosalud/2013/06/14/noticias/1371228774.html
"O meu corpo é a miña protesta". Manifestación en Santiago en defensa do dereito ao aborto
A Rede, xunto a moitas outras organizacións de mulleres e diversos sindicatos e partidos da oposición, participa nesta manifestación en defensa dos dereitos sexuais e reproductivos das mulleres.
http://praza.com/movementos-sociais/4795/o-meu-corpo-e-a-mina-protesta/
Video da nova na CRTVG:
http://www.crtvg.es/informativos/manifestacion-contra-a-reforma-da-lei-do-aborto-609290
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


