“Mateina porque era miña”

Nestes días tivo lugar, en Lugo, o xuízo contra un acusado de asasinato da súa compañeira sentimental no ano 2010. No transcurso da vista, transcenderon unhas reveladoras palabras do encausado:

"Xa sei que agora a perdín para sempre, pero quería moitísimo á miña muller. Saber que estaba con outro derruboume”. Velaí resumidas, nunha linguaxe pensada para reforzar a estratexia defensiva no ámbito xurídico, as ideas chave presentes en moitas mentes masculinas:o cariño é un sinónimo de posesión que explica a reacción ante o remate do vínculo afectivo por parte da parella feminina.

http://www.sermosgaliza.com/opinion/xesus-veiga/-mateina-porque-era-mina/20130627141041016554.html

Socorren unha familia de Sada ameazada polo seu fillo de 13 anos


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/06/28/socorren-familia-amenazada-hijo-13-anos/0003_201306G28P9993.htm

O asasinato dunha muller en Ecuador, ¿unha cuestión de medios?

http://www.elmundo.es/america/2013/06/25/noticias/1372143294.html

A Fiscalía pide 37 anos para o acusado de matar a súa sobriña e á vez exparella en Marchena


http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/27/andalucia_sevilla/1372349938.html

As denuncias por violencia de xénero caen un 5,1% no primeiro trimestre

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/27/espana/1372336965.html

O fiscal baixa a 17 anos a petición para o lucense que matou á súa muller

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/06/28/fiscal-baja-17-anos-peticion/836715.html

"Son o autor material da morte da miña muller, pero non o culpable"




Isto declara o asasino da súa muller. Pernas pretende convencer ao xurado de que actuou "ofuscado" ao saber que a súa esposa mantiña unha relación con outro home e que podía perdela para sempre.

Este tipo de afirmacións mostran como se tenta minorizar os asasinatos de mulleres, facéndoas a elas responsables de sufrir a violencia. Temos que volver a repetir que os asasinatos de mulleres non teñen xustificación ningunha.


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2013/06/28/autor-material-muerte-mujer-culpablerechazo-negociar-pena/0003_201306L28C2992.htm?idioma=galego

'Edie', a pioneira


Edi, sempre foi unha muller pioneira. Traballou en IBM, cando isto parecía só un traballo "para homes", e viaxou a Canadá para poder casarse coa muller que amaba, por medo a que non lles dera tempo a casarse en Nova York, onde non era legal o matrimonio homosexual.

A súa é unha loita pola igualdade e por vivir unha vida que ela elixiu. Nesta semán en defensa dos dereitos das persoas homosexuais e transexuais, queremos lembrar que cada quén ten dereito a elixir o seu proxecto de vida xunto as persoas que queira.

http://www.publico.es/internacional/457909/edie-la-pionera

Unha nena transexual de seis anos gaña unha demanda civil en Colorado



Coy, trilliza que foi inscrita como neno ao nacer, sempre actuou como unha rapaza, algo que segundo os seus pais comezaron a percibir dende que tivo 18 meses. Dende preescolar, a nena acudiu a clase con ropa feminina, os seus compañeiros e profesores se referiron a ela como unha muller e sempre usou os mesmos baños que calquera das súas compañeiras.

Pero o pasado decembro a situación cambiou: o coleixo prohibiulle usar o baño das nenas.

Os seus pais, coa axuda da Transgender Legal and Defense Education Fund (TLDEF), interpuxeron unha denuncia alegando que o centro violara os dereitos da súa filla e o estatuto antidiscriminación de 2008 de Colorado que se aplica ás persoas transexuais. O luns a xustiza do Estado de Colorado se puxo do seu lado.

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/06/24/actualidad/1372103107_547123.html

O profesor de Lugo xulgado por matar a súa muller aduce: ´ É o amor da miña vida ´

 Montserrat Labrada, de 43 anos, asasinada polo seu marido, que no xuízo comentou que "a quería moitísimo". A fiscalía sostén que o certo é que lle fixo a vida imposible, a través dun maltrato habitual. Iso é querer a alguen?

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/06/26/profesor-lugo-juzgado-matar-mujer/835317.html