Alejandro Martínez Singul, coñecido como o segundo violador do
Eixample, sairá este xoves 4 de xullo de 2013 da cárcere tras someterse
voluntariamente a unha castración química e tras ter cumplido
íntegramente a súa última condea de máis de 3 anos por intentar abusar
dunha nena de 12 anos.
Non obstante, as persoas expertas
non consideran que o preso estea rehabilitado e temen que a saída de
prisión deste violador reincidente cause un
revuelo social que lle impacte negativamente e teña "risco de
desestabilización".
http://www.periodistadigital.com/cataluna/barcelona/2013/07/03/el-violador-del-eixample-sale-libre-tras-someterse-a-la-castracion-quimica.shtml
Falan as mulleres vítimas da trata
Autoretratos realizados polas mulleres vítimas de trata que participaron na elaboración da Guía sobre Trata de Mulleres.
Ser rescatada dunha trata tamén implica afrontar outros medos e outros problemas. Ogallá as escoiten, ogallá entendan o porqué dos seus silencios, e lles deixen decidir, comenta Helga, coordinadora del proyecto Mujer Frontera (www.mujerfrontera.org)
http://blogs.20minutos.es/mas-de-la-mitad/2013/07/03/hablan-las-mujeres-victimas-de-la-trata/
Condenadas á violencia en Tahrir
Un centenar de mulleres exipcias sufriu algún tipo de agresión sexual nos últimos catro días. O 99,3% das exipcias recoñecen ter sufrido algún tipo de agresión sexual, segundo a ONU.
O acoso sexual é unha auténtica epidemia en Exipto. Case tódalas mulleres denuncian ter sufrido algunha vez algún tipo de acoso sexual, entendido como seguimentos, mensaxes lascivos, tocamentos ou, nos casos máis graves, violación.
Recomendámosovos o filme, El Cairo 678, para comprender o día a día destas mulleres.
O acoso sexual é unha auténtica epidemia en Exipto. Case tódalas mulleres denuncian ter sufrido algunha vez algún tipo de acoso sexual, entendido como seguimentos, mensaxes lascivos, tocamentos ou, nos casos máis graves, violación.
Recomendámosovos o filme, El Cairo 678, para comprender o día a día destas mulleres.
http://internacional.elpais.com/internacional/2013/07/03/actualidad/1372885324_439632.html
"As mozas aprenden a igualdade no colexio; o mundo laboral é outra cousa"
A xeración máis nova [de 18 a 30 anos] vive unha certa naturalización da igualdade pero, cando pasa a etapa formativa, atópase cos primeiros teitos de cristal no mercado laboral”.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/01/paisvasco/1372674185_811948.html
Rajoy desautoriza a Gallardón e apraza 'sine die' a reforma da lei do aborto
Alberto Ruiz-Gallardón quedouse só no Executivo coa súa pretensión de reforma -ata a ministra de Sanidade, Ana Mato, asegurou que era un asunto que deixaba en mans do seu compañeiro- e andivo dando bandazos entre o que faría e o que non, en función das presións que recibise cada día.
A maior delas foi a da Conferencia Episcopal Española (CEE), cuxo presidente, Antonio María Rouco Varela, recordoulle fai uns días que acelerase esta reforma e deixase de permitir que a actual lei cercenase tantas vidas ao día. En realidade, Rouco pedía a abolición plena desta lei.
http://www.publico.es/458274/rajoy-desautoriza-a-gallardon-y-aplaza-sine-die-la-reforma-de-la-ley-del-aborto
A maior delas foi a da Conferencia Episcopal Española (CEE), cuxo presidente, Antonio María Rouco Varela, recordoulle fai uns días que acelerase esta reforma e deixase de permitir que a actual lei cercenase tantas vidas ao día. En realidade, Rouco pedía a abolición plena desta lei.
http://www.publico.es/458274/rajoy-desautoriza-a-gallardon-y-aplaza-sine-die-la-reforma-de-la-ley-del-aborto
O feminismo contraataca na rede
Recibimos ataques case a diario. De "machirulos" de todos os sitios e estilos -desde o respecto, "buenistas", agresivos, clásicos, forococheros, machofachos, machistas-leninistas...- e tamén de machirulas, por suposto", denuncian de forma moi cualificativa as administradoras de Memes Femnistas.
http://praza.com/movementos-sociais/4933/o-feminismo-contraataca-na-rede/
Retirado o vídeo promocional da cereixa do Jerte polo seu "contido sexista"
O anuncio da picota do Jerte, de novo, volve a empregar os peitos, as bocas das mulleres para vender. Picoteando Films: Verdades como puños, presenta frases como O tamaño sí importa, xunto a imaxes de mulleres ensinando peitos. Tamén a masculinidade aparece claramente estereotipada.
Debido as queixas polo seu contido sexista, retirouse o video da súa web.
Lembramos que a lei de publicidade "prohíbe todo anuncio que atente contra a dignidade da persoa ou vulnere os valores ou dereitos recoñecidos na Constitución, especialmente no que se refire á infancia, a xuventude e á muller".
Sen embargo, todos os días estamos vendo anuncios, vallas pubricitarias que usan imaxes de corpos de mulleres como reclamo para vender cereixas, coches, viaxes ao Caribe, e un longo etcétera; sen ter en conta que o feito de tratarnos como obxectos sexuais é degradante. Chegado este punto, só nos queda dicir que non queremos ser obxectos sexuais para vender mercancías, somos donas do noso corpo.
Este tipo de imaxes, ademáis de degradarnos a nós, é unha pésima educación para as novas xeracións.
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/07/01/actualidad/1372694995_151110.html
Concentración da Rede do día 27 xuño
Aquí tedes o vídeo da concentración da concentración mensual da Rede. Agradecemos a Sheila Fariña pola súa fermosa actuación de danza e a Roberto Solano pola grabación do video.
Grazas a tódalas persoas pola vosa participación!
http://www.youtube.com/watch?v=NcG5nHyJv7Q
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)

