Un interesante documental "El cuerpo de las mujeres" sobre a presenza das mulleres na TV italiana
No seguinte enlace podedes ver "El cuerpo de las mujeres"; un documental de 30 minutos que mostra como as mulleres se van convertindo na TV nun mero obxecto decorativo. Un video para reflexionar sobre a imaxe das mulleres no mundo público, e como só hai espazo para mulleres idénticas, que a través da ciruxía van parecéndose a monecas.
O empoderamento, o poder das mulleres sobre si mesmas, tamén inclúe o poder que teñen sobre o seu propio corpo.
http://canalcultura.org/2012/06/05/el-cuerpo-de-las-mujeres-2/
Cenicientas TV: Que é o empoderamento? segundo Ana de Miguel
Recomendámosvos o canal de videos: Cenicientas TV, que ten innumerables videos de formación en xénero e feminismo. En especial son fenomenais os videos de Ana de Miguel, profesora de socioloxía e experta en Xénero.
Neste enlace tedes a definición de Empoderamento: As mulleres buscamos ter poder sobre nós mesmas.
http://www.youtube.com/user/CenicientasTV
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



