PREPARANDO O V ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES 2013...




A Rede xa está ultimando as actividades do Encontro de mulleres que realizamos todos os anos en Panxón. En breve publicitaremos o programa completo.

Por agora podemos adiantar que se realizará na Residencia de Tempo Libre de Panxón, os días 18 e 19 de outubro e que queremos contar con todas vós para seguir fortalecéndonos abrindo novos camiños de colaboración, tan necesarios neste momento.

Seguiremos informando do prazo de inscrición...

unha aperta.
           

A Policía cre que unha moza achada morta en León foi estrangulada


http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/06/policia-cree-joven-hallada-muerta/872859.html

Igualdade di que contrata máis publicidade en medios con menos lectores por aforro


Fontes do Ministerio declararon a Servimedia que o principal motivo do reparto "son as tarifas publicitarias", e que se se invertiu máis nun medio con menos lectores (como La Razón ou La Gaceta) é porque as súas insercións resultaban moito máis económicas.

A Igualdade e a campaña de sensibilización da violencia "Hai Saída", cremos que debe ser exposta en medios con máis lectores/as. Non entendemos que se aforre en informar á sociedade dos medios para acabar coa violencia de xénero. Por outra banda, os medios "elexidos"- La Razón ou La Gaceta- parecen ter sido seleccionados tamén por criterios ideolóxicos. 

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/09/05/espana/1378405987.html

O Supremo obriga por primeira vez ao pagamento público do cambio de sexo


O Tribunal Supremo dictou sentencia por primera vez a favor dunha persoa atrapada nun cuerpo de sexo alleo e en contra dunha comunidade autónoma que lle vetou reiteradamente, dende fai seis anos, o dereito que reclamaba a operarse con cargo á sanidade pública.

Este caso, máis alá do debate sobre a ciruxía, nos debe facer reflexionar á sociedade que tipo de actitudes e comportamentos se teñen con respecto a aquelas persoas que queren desenvolver un xénero diferente ao seu sexo biolóxica. Que recursos ten o sistema educativo para tratar en pe de igualdade a estas persoas?

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/09/04/galicia/1378320774_076362.html

A Audiencia decidirá o 17 de setembro o futuro do caso de Sonia Iglesias



http://pontevedraviva.com/xeral/6932/pontevedra-audiencia-decidira-17-septiembre-futuro-caso-sonia-iglesias/

Concentración o venres 6 setembro, no Marco ás 20:00 horas

Con motivo dun novo asasinato por violencia de xénero dunha muller galega, a Cordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres convidámosvos a participar nunha concentración de repulsa e denuncia destas accións, onde daremos lectura a un manifesto coa esperanza que sexa a última víctima de violencia machista.

Esperámosvos diante do MARCO, r/Principe, Vigo, ás 20:00 horas o Venres 6 de setembro.

¡¡ Mulleres en Marcha ata que todas sexamos libres!!

A violencia de xénero e as súas interseccións

 

 

Un congreso internacional analiza cómo converxen co sexismo outras formas de exclusión e dominación, como clave para deseñar políticas de intervención máis complexas e efectivas. 


A violencia de xénero pode a súa vez converxer cunha multitude de factores de desigualdade que é necesario tomar en consideración, como poden ser a relixión, a cultura, a etnicidade, a sexualidade, a nacionalidade ou a discapacidade.

http://www.pikaramagazine.com/2013/09/la-violencia-de-genero-y-sus-intersecciones/