V ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES, PANXÓN
Este ano contaremos
coas ponencias de Eva Bolaños Gallardo e Lola Ferreiro Díaz, e para a
dinamización dos obradoiros contaremos con Tareixa Ledo, Mar F. Cendón e María
Rosendo Priego.
Agardamos contar con todas vós, xa que crear lazos
de sororidade é fundamental neste momento. Debemos seguir o camiño cara unha
sociedade en igualdade, poñendo en valor todo o esforzo e o traballo feito
polos movementos feministas ata o de agora e participando en espazos coma este
encontro, no que poderemos crear novas formas de participación entre todas e
novas estratexias contra a violencia de xénero.
A inscrición é gratuita, a estancia e dietas 10 €, o encontro realizarase entre as 16:00 horas do
venres ata o sábado as 20:30h. As prazas son limitadas e se admitirán ás
participantes por orden de inscrición, e previo ingreso da cota en
Novagaliciabanco nº de conta: 2080 5000 683040281297. Podedes anotarvos no
local da Rede, en horario de 10:00-13:30 e 17:30 a 20:30, nos nosos teléfonos 986 22 23 28 / 670 45 34 31 ou no
correo, redemediadorasvigo@hotmail.com. A data límite para anotarse é o día 11 de
outubro.
Agardamos contar coa vosa presenza e participación!
A Xustiza rexeitou o 45% das peticións de protección das vítimas de violencia machista
"O argumento de que tódalas mulleres maltratadas teñen protección é unha falacia", asegura a xurista María Naredo, que explica que só se implantan estas medidas en casos de "risco actual" e a interpretación queda en mans dos/as xuíces/zas. O escaso número de solicitudes de protección tamén se debe á "desinformación", segundo Naredo. "Hai unha ausencia de adopción de medidas cautelares e isto provoca o desánimo de presentar denuncias porque non se atopa protección na xusticia", engade a asociación de xuristas Themis.
http://www.eldiario.es/sociedad/Justicia-peticiones-proteccion-violencia-machista_0_176033070.html
O PSOE pide Defensa que aclare a expulsión dunha soldado con cancro
Tamén preguntan pola militar expedientada tras denunciar ao seu xefe por acoso sexual
http://politica.elpais.com/politica/2013/09/16/actualidad/1379349018_100264.html
http://politica.elpais.com/politica/2013/09/16/actualidad/1379349018_100264.html
Concentracións en repulsa polo crime da muller de Verín
Máis dun centenar de persoas déronse
cita na Praza do Concello de Verín como mostra de "indignación e
repulsa" ante a morte dunha veciña do municipio, María de Fátima
Machado Santos, nun novo caso de violencia de xénero.
http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/17/concentraciones-repulsa-crimen-mujer-verin/879031.html
http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/17/concentraciones-repulsa-crimen-mujer-verin/879031.html
Díxomo a policía: "se me quere matar, vaime matar"
O peor non é recuperarse das puñaladas. O peor chega despois, cando saes do hospital e te deixan soa en casa, nunha cadeira de rodas e con dúas fillas de 12 e 15 anos. Ahí te das de conta de que o pesadelo non fixo máis que comezar”, lembra
Converteuse en protagonista dun documental sobre violencia de xénero, La maleta de Marta, dirixido polo austriaco Günter Schwaiger.
A cara descuberta, sen medo, a pesar de que vive oculta dende 2007, cando o seu exmarido comezou a desfrutar de permisos penitenciarios e foi buscala nada máis sair da cárcere. “O medo téñoo saia ou non saia na película. Díxomo a policía: se me quiere matar, vaime matar”.
Como sociedade, debemos reflexionar na protección das mulleres. Na inxustiza que significa que elas, logo de pasar un pesadelo, teñan que seguir pasando medo e que a policía especializada siga dicindo cousas como a que lle dixeron a Marta.
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/16/actualidad/1379365727_474328.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

