V ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES, PANXÓN
Este ano contaremos
coas ponencias de Eva Bolaños Gallardo e Lola Ferreiro Díaz, e para a
dinamización dos obradoiros contaremos con Tareixa Ledo, Mar F. Cendón e María
Rosendo Priego.
Agardamos contar con todas vós, xa que crear lazos
de sororidade é fundamental neste momento. Debemos seguir o camiño cara unha
sociedade en igualdade, poñendo en valor todo o esforzo e o traballo feito
polos movementos feministas ata o de agora e participando en espazos coma este
encontro, no que poderemos crear novas formas de participación entre todas e
novas estratexias contra a violencia de xénero.
A inscrición é gratuita, a estancia e dietas 10 €, o encontro realizarase entre as 16:00 horas do
venres ata o sábado as 20:30h. As prazas son limitadas e se admitirán ás
participantes por orden de inscrición, e previo ingreso da cota en
Novagaliciabanco nº de conta: 2080 5000 683040281297. Podedes anotarvos no
local da Rede, en horario de 10:00-13:30 e 17:30 a 20:30, nos nosos teléfonos 986 22 23 28 / 670 45 34 31 ou no
correo, redemediadorasvigo@hotmail.com. A data límite para anotarse é o día 11 de
outubro.
Agardamos contar coa vosa presenza e participación!
A Xustiza rexeitou o 45% das peticións de protección das vítimas de violencia machista
"O argumento de que tódalas mulleres maltratadas teñen protección é unha falacia", asegura a xurista María Naredo, que explica que só se implantan estas medidas en casos de "risco actual" e a interpretación queda en mans dos/as xuíces/zas. O escaso número de solicitudes de protección tamén se debe á "desinformación", segundo Naredo. "Hai unha ausencia de adopción de medidas cautelares e isto provoca o desánimo de presentar denuncias porque non se atopa protección na xusticia", engade a asociación de xuristas Themis.
http://www.eldiario.es/sociedad/Justicia-peticiones-proteccion-violencia-machista_0_176033070.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


